-----------------------------------------------------------------------------------------
A miña opinión sobre estos temas:
Preguntas de moitos preocupados polos ríos: sobre as baixadas
de nivel dos encoros, e sobre o precio da electricidade que hoxe está a precios
disparados e non se ve solución a esta desfeita...
A miña resposta:
"Pouco se pode decir. Esta xente (a dona das compañías que nos suministran a
electricidade: Naturgy (antigua Fenosa), Endesa e Iberdrola, son as donas dos ríos galegos e actuan como
donas dentro da lei que fixeron eles. Esta lei marca, no peor dos casos que hai
que deixar como mínimo entre un 11% a un 15% da cabida dos encoros.
Por suposto que hoxe están a cumplir estos mínimos...
Por exemplo As Portas:

Encoro das Portas, que recolle as augas do Invernadeiro e do río
Camba, é sin lugar a dubidas o maior da provincia de Ourense. Seica está
actualmente o 15%. Finais de Agosto. Pero inda non se ve o pueblo que deixou,
entre outros debaixo do encoro: Veigas de Camba. Ver a fotografía seguinte.
Esta foto é miña. Secundino Lorenzo.

Nesta gran fotografía, de Germán ? vese o pueblo de Veigas de
Camba, o lugar impresionante e o fondo os Montes do Invernadeiro. Pois ben este
ano as augas están inda por riba do pueblo despois de turbinar. Por certo este e
o último encoro en Ourense, da conca do río Sil. Deste encoro a auga vai ao
encoro do Bao que forma o río Bibei e que tamén turbinaron como todos os anos.
Logo desembocan no río Sil.
Os problemas de baixadas actual das Portas, Belesar, Cenza
e Salas, non son tales xa que estas empresas cumplen co que está firmado. Polo tanto asubíalle.
Nota: seica na lei de pesca do 1997, parece ser que si a
baixada do encoro e superior ao 80% as eléctricas deben avisar a Xunta, para que
de o visto bon e así cuidar a fauna do encoro. Tamén seica avisaron, inda que
sobre esto hai un pequeno lío actualmente, o de sempre...

Estado actual de As Portas. Fotografía de EFE.
Que vacien, turbinando, primeiro os últimos encoros como as Portas é totalmente lóxico, non van vaciar os primeiros. Sempre se fixo así e hai moitas razóns
evidentes, tanto pola posible choiva, como para aproveitar o turbinar, si se
fixera o revés sería tirar os cartos, turbinaría o último, desaproveitando
totalmente a auga; o control
dos encoros faixe desta forma, no son tontos.
Ó dos incendios e coller auga eu penso que se ten en conta. Si
houbera un incendio na zona inda se pode coller moita auga desde encoro, según a
Conselleira de Medio Ambiente seica non (Progreso 28/08/2021)...Consulto como
está hoxe e vexo que inda ten 80 Hm3, que é o 15% da súa capacidade (536 Hm3)
creo anda un pouco despistada...Por suposto de Belesar e os outros, digo o
mismo.
En canto ao recibo da luz os precios e o que fan, está claro
que dende fai moito tempos os ríos están regalados a esta xente e así nos vai.
Dende fai moito tempo tiñan que pagar dous canons un por IBI, algúns páganos e
outros por producción, por suposto que debera ser regulable de acuerdo a subida do IPC,
hoxe os poucos que cobran son fixos. Esta
parte non a pagan e os gobernos que tuvemos, todos, estuveron de acuerdo,
fixeron a vista gorda e algúns dirixentes encheron os bolsillos. Inda por riba
ilegalmente (como indicou o especialista Félix Rguez. de Pablos e ampliaron os encoros e os anos de explotación e así nos vai.)
Eu penso que poñerse a falar e a escribir sobre estos temas o
único que favorece é a estas empresas, que ademais están a cumplir legalmente neste
pequeno
aspecto (a baixada dos niveis de capacidad ata onde teñen estipulado). A Xunta moito falar, moito escribir, moito laiarse pero ó único
que dicen e que vixiarán os "caudais ecolóxicos", así ó conta a Voz de Galicia
do 22/09/2021 na páxina 25, efectivamente eso é o que deberan facer e nono
fan, pero eso non ten nada que ver, estos caudais son fora, despois da presa,
cando sae a auga, non na presa...Un engañabobos da Xunta...Que repite logo ao pasar, fai uns días, a Conselleira
de Medio Ambiente Territorio e Vivienda
por Portomarín, asombrándose de como vai o río..."A Belesar ya no hay agua
embalsada, sólo la que aporta el Miño". Estou seguro que quería decir en
Portomarín, xa que o encoro de Belesar está o 30% e eso que dice non cadra...
O tema é para desviar, o auténtico tema importante que debera estar todo o
mundo tratando: o coste do recibo da luz. O expolio da nosa auga, as ampliacións
ilegales, o que hai que facer no futuro e a forma de revertir ese diñeiro. Os
políticos deberan estar a tratar estos puntos e non perder o tempo.
A solución ao recibo da luz virá no futuro pola non renovación
despois dos 75 anos (refirome as grandes presas non as minicentrais), como é a legalidade, botar abaixo todas as demais
ampliacións e sentarse e negociar os novos contratos e por suposto o estado
asumir, si fai falta, a explotación dos encoros máis importantes...ollo non do refugallo como as minicentrais que non dan nada e soio funden os ríos onde están
instaladas...
Os beneficios, que serían moi grandes, cuns canons axeitados e xustos,
ou unha explotación por unha empresa de electricidade, creada polo estado, deberan repercutir nunha baixada increible
no recibo da luz. Si algo temos en España, de momento, é auga e sol,
aproveitémola para todos os españois...
Non hai outra...
O demais favorece as eléctricas que por certo nunca estuveron
mellor, están a facer o negocio da súa vida a conta de todos nosoutros...
Gustaríame que os nosos gobernantes se puxeran as pilas e
deixaran de gobernar para favorecer a estas grandes empresas...pero eso sei que
é moito pedir...
Estamos nun momento peligroso na cuestión eléctrica e soio se
está a mirar o bolsillo, escoito auténticas barbaridades que dan medo, pasamos
da época das minicentrales, que sempre escarallaron os ríos e non sirven de nada,
nunca foron enerxía limpa contra o que se vendía,
(eu cando rematen os permisos actuais, moitas xa caducaron, abriría un boquete en todas para que corra a auga,
son una ruína para os ríos. Por suposto estou en contra totalmente de revertilas
a Xunta e que paguemos todos o nada que producen...) a todo vale cos molinillos eléctricos
ou aeroxeradores. Están sonando os proxectos dos molinillos en Pena Trevinca e no espacio da Biosfera Transfronteriza Gerés-Xurés
(Montealegre, Cualedro, Baltar, Calvos; 73 molinillos separados por 400 metros,
na misma raia seca en medio do espacio da Biosfera, ese é o proxecto...).
Estamos perdidos. Deus nos colla confesados...
O importante enmascárase...
Nota: sobre o vaciado dos encoros hai actualmente, día 4 de
setembro de 2021, un lío, seica as eléctricas avisaron a CHMS e estos tamén
avisaron a Xunta, por outro lado Feijóo, o Presidente da Xunta, dice que
non recibiu ningún aviso, vamos que a culpa tena o estado como sempre e a casa
sin barrer...
Veremos como remata todo, eu pola miña parte e no tocante os
ríos galegos teño claro que importan pouco...por non decir outra cousa e así nos
vai...
Ver este link onde se explica o lío.