|
O rio Loña é afluente do Miño pola esquerda e
xuntase a íl en Orense.
Antecedentes I (Abril 2006):
(Sacado da Páxina web Amigos da Terra que denunciou a
desfeita)
(Obras denunciadas por
Manuel Fernández Vázquez.)
Ata agora abastecía de auga potable a cidade,
pero fai unhos anos non tiña caudal suficiente e puxeron un
bombeo dende o Miño.
Ten unha concesion masima de 150 l/sg. sempre
que se respete a ley de pesca fluvial e non se interrumpa a
corrente de auga, augas abaixo da presa. Pois o caso é que
non hai un caudalimetro que o controle ,según a
C.H.do
N. porque :"non é necesario" e o rio pasa mais da mitá do
ano sin auga.

E agora entre o Concello e mais a empresa
concesionaria da auga están a poñer unha tuberia de 700 mm.
pra sustituir outra de 500mm. (o doble de seución) "co fin
de aumentar a captaciónde auga" segun a memoria do proieuto
, pero é que a Confederacion non se da por enterada de isto
e contestame "obras que no hacen presuponer un aumento de
caudal a extraer". Cando lles pido que me digan cal é o
caudal ecoloxico, non me contestan.
Levan a obra por unha carballeira clasificada
como SF_PF e SF-PEN, e cando lle o comunico a Politica
Territorial, contestanme que van abrir unha informacion
sobre o tema, pero xa pasou caseque un ano, e ainda non
resolveron nada, resultado: a carballeira desfeita e por
toda ela unha pista de 8 metros de ancha.

No embalse de Castadon destruiron toda a vida
que habia, pos leva vacía mais de un ano, e a obra de
formigón que vedes feita, non está no proieuto. Por outra
banda teñen aprobada outra obra que consiste en bombear auga
dende o Miño ata o tramo medio do Barbaña, pero eu sospeito
que se vai fager un trasvase encuberto do Loña o Barbaña
posto que o desnivel o permite e aforrarian o bombeo.
Ambalas duas obras foron proietadas,
concedidas e esplotadas a mesma empresa.
----O----
A responsabilidade dos
feitos parece recaer na empresa Aquagest.
A Confederación Hidrográfica do Norte decidiu por dúas
ocasións incoar expediente sancionador contra esta empresa
e, recentemente, acordou impor unha sanción por importe de
450 euros así como o requerimento de que en 15 días restitúa
o cauce e a zona de servidume do río Loña ó seu estado
primitivo e, para que no mesmo prazo, repoña a zona de
policía do río, sen que a día de hoxe haxa constancia de que
a empresa levara a cabo a imposición legal fixada.
A denuncia foi feita por:
Manuel Fernández Vázquez.
----O----
Antecedentes II (Xunio 2006):
(Sacado da Páxina web Amigos da Terra)
A día de hoxe as obras están
paralizadas dende fai mes e medio, xa que a Confederación
Hidrográfica do Norte, sita en Oviedo, está facendo unha
investigación de todo o que alí se procedeu a facer por
Aquagest.

E así, todos aqueles que traballaron reivindicando o
respecto ao caudal do río Loña e a ilegalidade que supuñan a
execución das obras no encoro, ou a lo menos parte delas,
conseguiron que, polo momento, volva a haber
vida no Loña e que este
leve o seu correspondente caudal ecolóxico dende fai un mes.

Seguiremos esperando polo
envío do Estudo de Impacto Ambiental solicitado á Delegación
Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense.
---O----
Antecedentes III (Xaneiro 2007):
Datos suministrados
Manuel Fernández Vázquez.
As obras están rematadas
e o colmo das corrupciós:
¡ NON teñen autorización
pra quitar mais auga por parte da C.H. do Norte !
Como rematará esto?.
Estaremos o tanto.
Volver a menú.
|