
Pontermida es la voz de la A.X. Xoldreideira, una asociación que dará mucho que hablar en la zona.
Este diario merece la pena, si quereis tener el diario ponerse en contacto en otro link de esta página con la A.X. Xoldreira.
También en este link teneis el diario completo: diario da Pontermida.
Sirva de adelanto una breve presentación del diario:
|
BREVE PRESENTACIóN Comeza aquí unha nova andaina para a Asociación
Xuveníl Xo1dreira, que agardamos sexa do voso agrado. Camiñade
connosco Cando
chegue esta publicación ás vosas mans a Asociación Xuvenil Xoldreira
virá de cumprir un ano de existencia. Un ano no cal fomos capaces de
artellar actividades que serviron para lle dar alternativas válidas a
unha xuventude que esquecera o propio concepto de gavilla. É
máis, dende hai anos poucas actividades se levaron adiante máis alá
de competicións deportivas nunha zona que, excepcionalmente, mantén
unha poboación xuvenil importante. ó
longo deste ano de existencia ocorreron unha serie de acontecementos -falamos
dos incendios forestais (a Bola o concello con máis hectáreas
queimadas no ano 2002), da marea negra do Prestige (quilómetros e quilómetros
da costa galega afogada en chapapote pola incompetencia), dunha guerra
contra Iraq (na que participa o Estado desoíndo os berros en contra da
maioría da poboación)...- que, sumados a outros anteriores e endémicos
-como o elevado desemprego, o esquecemento da xuventude, a continua
emigración da nosa xente a outras terras...- indubidablemente marcarán
o noso futuro. A
isto súmase a noticia da inminente construcción dunha central hidroeléctrica
no río Arnoia ó seu paso polo concello da Merca a cal hipotecará o
noso futuro e asolará unha paraxe natural de incalculable valor. Fronte
á pasividade e ante o grao de descoñecemento da xente (efectos
ambientais, socioeconómicos... xurdiu a idea de dar a luz a esta
publicación e outras actividades relacionadas que pretendemos sirvan
para informar ós veciños e á mocidade neste e noutros temas. Pero non
só nace con motivo de reaccionar puntualmente a este estado de cousas,
senón con vocación de continuidade, de xeito que siga dando vida á
xuventude e á zona. Por
suposto que para acadar este obxectivo da continuidade tedes un papel
moi importante vós os lectores. Con un mínimo de interese que amosedes
e cun pouco que aprendades ou saquedes en limpo do que aquí vos
amosamos xa. nos fará sentir contentos. Vaia pois o noso agradecemento
por adiantado ós lectores pola súa atención e pola colaboración que
no futuro queirades prestar. Ademais
queremos dar as gracias tamén á inestimable colaboración prestada
polos colectivos Amigos da Terra e Asociación para a Defensa Ecolóxica
de Galiza (ADEGA), e ó noso benquerido Lois Antón que nos cedeu as súas
verbas. |