O Río Fareixa: desembocadura no río Miño

A Fervenza da Fareixa

O muíño da Fareixa.

O río Fareixa é un pequeno regato que desemboca no río Miño, pola dereita, a altura de Xubín, moi preto da presa de Castrelo de Miño. É un río totalmente descuidado por medio Ambiente. O Seprona ten moito que denunciar na zona.  O regato é precioso, pero está impresentable.         

salir.jpg (922 bytes) Saír. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A FERVENZA DA FAREIXA

A Fervenza da Fareixa vese perfectamente vindo de Ribadavia a Ourense pola estrada vella. Vista xeral dende lonxe. Nestas épocas do ano a fervenza leva auga e polo tanto é moi espectacular.
O lugar é maravilloso pero está destrozado por unha canteira que hai no lugar dende fai moitos anos. Realmente é inconcebible ter una fervenza tan fermosa neste forma tan lastimosa.

Ver en grande, da pena.

Vista da Fervenza da Fareixa dende o pé da misma. É espectacular. Noutra provincia seguro que estaría máis cuidada. Nesta todo da igual, míranse soio o bolsillo. En Ourense non sabemos o que temos. A Fervenza ten uns vinte metros. A zona está moi peligrosa e impresentable. Incluso ten arenas movidizas e hai que pedir permiso para pasar.

Pulsando pode verse a toda pantalla.

Dende estas liñas en defensa dos ríos galegos reivindico un cuidado mellor para esta beleza natural.

Pulsando pode verse a toda pantalla.

A Fervenza é totalmente espectacular, repito, non entendo como non se potencia a zona xa que ten moito que ofrecer.

En Ourense non se entenden moitas cousas...

 

 

As fotografías están sacadas o día 17-05-2003 e mostra unha riqueza maravillosa preto de Ourense, en Xubín pola estrada de Ourense a Ribadavia, penso que está no Concello de Cenlle. Una fervenza de dificil acceso por mor dunha canteira que ten destrozado o río. Xa vai xendo hora de que se cuide a zona e se potencie turísticamente. Polo menos que se cumpla coa lei.

 

¡Non hai dereito que masacren os nosos ríos deste xeito!.

Por unos ríos galegos sanos e cuidados. ¡¡ NON A ESTAS MASACRES!!.

..." O home ten o dereito fundamental a liberdade, igualdade e o disfrute das condicións de vida adecuadas nun medio de calidade tal que lle permita levar unha vida digna e gozar do benestar, e ten a solemne obriga de protexer e mellora-lo medio  para as xeracións presentes e futuras" ( Conferencia de Estocolmo, 1972).

Pulsa os links da Xunta e denuncia está situación o teléfono verde, non fan ni puñetero caso,  pero polo menos que se enteren.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O MUÍÑO DA FAREIXA.

Muíño da Fareixa. Un muíño o que non chega auga por mor da autovía Ourense-Vigo que no seu día defenestrou o rego do muíño. Realmente pódese facer mellor. O dono Fidel Figueiredo Sousa está reparando o muíño totalmente.

Pulsar para ver en grande.

Nesta fotografía vese o tunel que se fixo para autovía. O muíño é a casa da ezquerda e o río é o Fareixa, xusto debaixo da fervenza da Fareixa.. Muíño da Fareixa. Entrada principal onde hai toda unha maqueta que mostra os conductos antiguos da auga.

Pulsar para ver en grande.

   
O túnel (por riba pasa a autovía Rías Baixas) podería restituir a auga perfectamente o muíño. Penso que é de sentido común. As cousas non se deben facer tan mal. O río debera estar máis cuidado. Está sin limpar e cheo de pedras dende que fixeron a autovía.
Parte de arriba do muíño, onde se ve a entrada do rego da auga do muíño, hoxe sin auga lamentablemente.

O fondo vese o río Miño, o encoro de Castrelo de Miño.

Pulsar para ver en grande.

Medio Ambiente debera actuar na zona e permitir que estas belezas, o muíño está perfectamente cuidado e potencia a zona,estén en funcionamento.
   
O dono ten no seu interior un auténtico museo relacionado coa auga e os muiños. Pezas maravillosas. Neste caso ferrados e distintas medidas para o muíño.
Máis pezas relacionadas cos muíños. Merece a pena visitalo.
Parte interior do muíño. Non falta un detalle. Na vidrieira, baixa o rego da auga cara o rodicio que está situado por baixo.
Interior do muíño. Interior. En primeiro plano a moa .
Interior do muíño. Peza que levanta a moa do muiño e cama para o muiñeiro. Ten ata unha lacena para a comida do muiñeiro. Non falta detalle. Interior do muíño. A dereita o inferno do muíño co rodicio e a salida da auga cara o regato.
Detalle da vivienda situada a carón do muíño. Toda a restauración está feita con moitísimo gusto.
O interior está decorado con moito gusto. Sala de estar mirando o río Fareixa.
Todo no muíño é orixinal. Entrada na casa que o dono ten a carón do muíño. Entrada principal o muíño.
O muíño da Fareixa é propiedade de Fidel Figueiredo Sousa, a quen dende estas liñas felicito polo ben cuidado o que o ten e pola súa amabilidade en mostrarme o muíño.

Pulsar para ver en grande.

Interior do muíño. Sala de estar. A vivenda ten a maiores cociña, cuarto de baño e unha habitación.

Dende estas liñas reivindico que o muíño teña a traída de augas que tiña en tempos dende unha presa situada río arriba. penso que con catro cadelas pódese por en funcionamento. Bastaría facer ou autorizar un conducto que pasara o tunel e empalmara co rego do muíño. É doado facelo aparte é de xustiza, o contrario é unha chapuza auténtica.

Temos que cuidar os nosos ríos e a nosa historia.