O río Miño: realidade, lenda e literatura.

Antonio Fraguas Fraguas

 

Antonio Fraguas Fraguas.

Caixa Ourense.      

Ourense 1989

O río Miño, realidade lenda e literatura.

Nota de Secundino Lorenzo, autor da web (primavera de 2016):  pola súa importancia poño o artigo completo; inda que debo decir que algunha das súas partes xa aparecen na ficha do río Miño nesta páxina web. O traballo é unha conferencia completa que deu Antonio Fraguas Fraguas  en Caixa Ourense no ano 1989.

Curiosamente Antonio Fraguas Fraguas (1905 -1999) é o protagonista do día  das LETRAS GALEGAS de 2019.

Este é o meu  email por si teño que  rectificar ou eliminar  este artigo.

   Saír á  río Miño                            Salir al  río Miño 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O río Miño: realidade, lenda e literatura.

Antonio Fraguas Fraguas

De la Real Academia Gallega.

 

 

   

     En Galicia as augas teñen vida e dormen pola noite e síntense feridas si se bebe un vaso de auga con unha vela acendida na man. Moitos ríos foron mulleres que cansas dormiron no lugar do nacimento. o Miño foi un home: O PAI MIÑO, a quen as xentes presumen con grandes barbas,como todos os ríos, ten o seu leito deica chegar ó mar, e, cando chega, bota pola boca a auga recollida, desemboca no mar. Un mosaico descuberto en Lugo ten a figura dun home barbudo e moita xente sempre que o ve di que é o Miño. É lástima, realmente, que Asorey non representara o noso río como Apolodoro de Damasco representou o Danubio na columna marmorea de Traxano en Roma.

 

  Strabón é o primeiro que fala do Miño, mencionandoo seguido do Lethes, chamado por uns Limaia e por outros Belión, ven do país dos Keltíberos e Ouakkaíoi, o Balnis, chamado por outros Mínion, o maior dos ríos de Lusytania, navegable nuns 800 estadios. Poseidón di que procede do pais dos Kantabroi. Mela tamén cita o Minius e di que ten 4000 pasos de ancho na desembocadura. Os romanos afirman que é navegable uns 800 estadios. Ningún indica o punto xusto do nacemento e Poseidón di que procede do pais dos Kantabroi, o nome e ista procedencia fai pensar que o río que chama o Miño era o Sil. O nome pode levar mellor a Pena Rubia, onde están as fontes do Sil, fontes que poden ser de color do minio o que non ten as fontes do Miño actual, como personalmente temos comprobado. Testemuño pode ser o relato de Paulo Osorio no relato do Medulio, o triste fin dunha heroica resistencia. Don Casimiro Torres danos ista traducción: " Os legados Antístio e Firmio, someteron, despois de longos e duros combates, as rexions mais extremas de Galicia, que plagadas de montes e de selvas, intérnanse no Océano. Pois tamén tiveron que poñer cerco ó monte Medulio, que se levanta proietandose sobor do Miño, no cal se refuxaran unha gran multitude de homes; o cerco consistiu nun foso de quince mil pasos, aparte de outras operacións de sitio. Así pois cando estas xentes, por naturaleza torvas e feroces, comprenderon que, nin eran capaces de aguantar o cerco, nin de atacar ó enemigo por medio de loita, decidíronse ó suicidio por medo a caer na servidume. Porque casi todos, a profia, quitáronse a vida, polo lume, o ferro ou o veneno". O Medulio ten sido localizado en moitos lugares, parece que son as Medulas como indica don Casimiro.

    Outro testimonio de ser o Miño o río que nace en Pena Rubia está no Cronicon do Idacio Contido no seguinte relato: "No río Miño, como a unhas cinco millas do municipio de Lais, colléronso catro peixes, de aspecto e figura nunca vistos, os cales como refiriron os mismos que os colleron, homes cristianos e piadosos, presentaban varios signos, consistentes en letras hebraicas e gregas, números latinos de eras, nista forma CCCLXV, e un círculo cos meses do ano, a igual distancia uns dos outros. Non lonxe de dito municipio, cairon do ceo certa especie de graus, á maneira de lentexas, mui verdes, como a herba, a sumamente amargos; e ouserváronse ademais moitos outros portentos".

    Unha nota de D. Marcelo Macias a Lais, fai referencia o seu emplazamento que algúns situan na parroquia de Layas, situada á dreita do Miño antre Ourense e Ribadavia, e o P. Sarmiento en: El verdadero Miño y el municipio de Lays lévao a feligresia de San Pedro de Alais, situado cerca de  Castro Caldelas. "Alais, escribe o P. Sarmiento, creo que está onde estaba, no tempo de Idacio, o municipio de Lays, que non estaba lonxe do río Sil o cal chama Idacio Miño". Con Sarmiento coinciden Flórez e Cornide, e discrepa D. Marcelo, parécenos que está ben a opinión do P. Sarmiento.

     Ninguén sinta a menor preocupación polo que acabamos de decir. Hoxe ninguén vai pedir cambio de topónimos, o recordo histórico remata con iso: con un recordo, porque pra todos o Miño é o Miño, e o Sil é o Sil. A verdade xeográfica indica que as augas do Miño ten o seu comenzo na Serra de Meira, nun nacente que aparece debaixo de unhas grandes penedas e outro que se ói pasar por debaixo das pedras do Peñascal, e da fonte que xurde na beira do camiño que vai para as leiras de Irimia. Pero a tradición sinala como lugar de nacimento a lagoa onde xurden os grandes borbotóns que dan lugar á presa de auga que sai da zona pantanosa.

    A lenda indica que unha bruxa viña pola Serra de Meira con un regazado de pedras pra botar do pobo os frades. O andar ós primeiros pasos pola valgada no alto da serra, oieo tocar as campanas a rebato, sin pensar mais, tivo medo e deixou cair o mandilado de pedras que traguía; e así de sinxelo, quedou formado o Pedregal, un típico conto de antigas raices.

    Tamén se refiere que un veciño da zona pantanosa estaba cargando un carro de centeo e por causas referidas de diferente modo, a xugada fuxeo co carro e meteuse pola lagoa onde se enterrou todo o conxunto sin que ninguén o volvera a ver.

     As lendas engádase a descripción literaria do Licenciado Molina na "Descripción del Reyno de Galicia" impresa en Mondoñedo no ano 1550:

Passamos al rio/famoso de nombre

que en nuestra Galiza/llamamos el Miño

al qual hasta ahora/llamaremos niño

mas otros que absorbe/le hacen ser hombre

en partes va bravo/que no hay quien no asombre

passa por pueblos/que aquí se dirán

la fuente do nasce/se llama Miñán

que desde Miñán/tomó su renombre

 

      Fai un eloxio do río e das terras por onde pasa: "Este es el más caudaloso río de fama que hay en este reyno y aún de obra despues que  se junta con el Sil. Es muy provechoso porque tiene donde que nasce hasta que entra en el mar las más abundosas riberas que puede aver en España".

       Nos primeiros afluentes está o Tamboga e a Lagoa de Cospeito ou de Sta. Cristina. Molina describeo dende a Lagoa, pero o Tamboga ven do Moiseiban e da Carba, así, con dous brazos cabeceiros que levan os nomes de Portela e Martíñán e con ise señorío forma un val pro modiodia que sigue tamén o Miño dende o seu nacemento. A Molina preocúpalle a Lagoa de Cospeito, Sistáio ou de Santa Cristina. Así conta o autor da Descripción de Galiza: "Este río del Támaga nace de una laguna que llaman las Lamas de Goá, tiene en torno más de una legua; deste lago se cuentan dos cosas extrañas que si no las oviese oido de persona de crédito y de mucha fe, no me ocuparía mucho de escribillas... Es la una que en ciertos meses del año oyen dentro del lago bramar un animal moi temerosamente lo cual se olle gran trecho de allí. y queriendo muchos entrar do son aquellos bramidos los oyen en otra parte de manera que jamás se ha visto lo que es, mas que suena a modo de una vaca... La otra es que algunos años por falta de agua se llega a secar parte del, en aquello que queda como tremedales se hallan cosas de hierro labradas y piedras cortadas y ladrillos, y clavos y hollas, y todas otra cosa de esta calidad, que demuestran claro haber habido allí edificios y población".

         Relatan que alí está asolagada a ciudade de Veria, da que se oucen as campanas e tiña alí unha "gran serpiente a la cual mató Alceo de Verial, es decir, de Veria". A ciudade foi asolagada por mandato da virxen cando pasou por Cospeito porque según lle informou unha muller do lugar os veciños daban culto a  BAAL. Xa fai anos recollemos a lenda do paso de Nosa Señora por aquel lugar. Viaxaba a Virxen co Meniño e foi pedir pousada a un zapateiro, e o zapateiro negoulle a pousada e botouna fora da tenda tirándolle coa subela que tiña na man, que por casualidade non firiu a ningún dos santos visitantes. Pideulle pousada a unha muller e deulla, era unha viuda pobre cun fillo pequeno. Amosou un puñado de fariña pra facer un bolo para a cena, pero non chegaba mais que pra dona e o fillo, e non tiña outra cousa pra comer. A Virxen mandoulle quentar o forno e botar ó forno a petadiña. O pouco comenzou a subir e pra sacar o pan do forno houbo que cortalo. A mañán, na rompida do día, sairon da casa e foron deica un pequeno lombo desde onde se vía o lugar. A Virxen mirou para él e dixo: "Arrebirate vila, co debaixo pra riba". E sin mais cumpliose a orden, quedou o pobo sumerxido formándose a lagoa. Boan pensa que os que daban culto a Baal eran os baluros, e Murguia cree que os baluros serían habitantes da montaña e por iso terían tal nome. O seudo Servando  calificaos como "a xente mais ruín que ten Galicia". Non serían moi  bos e volven a figurar nas terras miñotas, porque a fin de século XVIII o Bispo de Tuy, Fr. Juan de Villamar, procede contra estas xentes que ó parecer son seudo entendidos, que estafan miserablemente á xente, e o prelado pretende cortar este abuso de semellantes vividores: "deseando ocurrir a los gravísimos daños que en las almas sencillas ocasionan los cuestores que el vulgo llama Baluros, ya con predicación de milagros, revelaciones, profecias, promesas e indulgencias fingidas, oraciones y exorcismos superticiosos ya con engaños, amenazas y vanas descomuniones que fulminan para atemorizar a los rústicos y sacarles su dinero y alhajas"

       O río Tamboga foi un río sagrado e recibía sacrificios, libacións e ofrendas dos veciños. Desconocemos cando deixaron de facer as ofrendas que seguramente sería un animal.

       Molina resalta o paso por Lugo "que es bien nombrada y antigua ciudad; fué de tan gran población como la ouo en España...residía en esta ciudad la guarnición de grandes provincias: de alli va luego a Puertomarin, donde el río cria alli y hay tanta multitud de anguilas que no pudiendose gastar se salan y llevan por el Reyno".

        Fixemos tamén os grandes afluentes: o Parga, o Narla, o Ferreira e o Asma pola dereita e o principal da esquerda é o Neyra. Asulagado o Portomarín vello, coa Presa de Belesar chegamos a Entrambas Mestas, os Peares ou Tres Ríos porque alí xúntanse o Miño o Bubal e o Sil, ó que Molina eloxia pola calidade das  suas augas pra templar as espadas:

nace este rio/metido entre cerros

solían sus aguas/dar fuerça a los yerros

según que lo escriben/algunos autores.

       "Y deste río, sigue escribiendo Molina, dice Trobo Pompeo a quien sigue Justino: que ningún antiguo se confió en sus armas, ni creía tenerlas fuertes, si no eran tocadas en las aguas del río Bibilis, que es el Bubal." Tamén indica que algúns autores din que o Bibilis e o río compostelán que pasa perto do convento de Belvis.

        O gran afluente é o Sil que nace en Pena Rubia nos montes que separan Asturias de León na comarca do Bierzo. É río caudaloso que o refrán sentencia: "Osil leva a auga e o Miño a fama". O caudal xúntase a fertilidade das terras por onde pasa "este río es tan fertilísimo que por doquiera que va llena las más abundosas riberas que se pueden hallar". Nos seus sinxelos versos describe así iste personaxe xeográfico:

Digamos del Sil/pues tiene valía

no solo en Galizia/mas aún fuera della

es de riberas/mas fertil y bella

que en muchas partidas/hallar se podría

el Miño con este/tomó compañía

llamándose Miño/aunque era el menor

porque apartados/el Sil es mayor

ansí que es injusta/la tal compañía.

 

        Inda volverá a repetir outras razóns que pon porriba do Miño ó seu afluente. Agora  temos que suliñar tres cousas: unha ponte, o Monte Furado e "as aureanas". A ponte chamada Paradela" la cual por si sola pudiera poner po cosa notable, y para ser de madera no puede haber en España igual edificio. Está allí el río hundido entre dos sierras muy altas t pasa por medio de dos peñas, y encima de cada una está hecha una torre, y de torre a torre va en el aire un edificio de madera que tiene ciento y veynte pies de largo y para pasar a cada una de estas torres va otro puente de madera con su chapitel en cada una". Molina é un gran defensor do Sil contra a usurpación do Miño dado a todo o río "contra toda razón, escribe Molina, porque cuando aquí se llegan a juntar viene el Sil muy mayor que el Miño, dicen que la causa es porque el Sil es estrangero, y el Miño natural, otros dicen que porque en algunas grandes secas de tiempos pasados, se ha hallado secarse todos los ríos y quedar solo el Miño. Otro agravio también parece que recibe el Sil del Miño, porque en las riberas del Sil se halla mucho vermellón que se dice minión, y el río del Miño toma y hurta el nombre del bermellón al Sil no teniendo el Miño en sus riberas ninguno".

       É curioso o razonamento do noso xeógrafo, agora fagamos nos unha pequena aprousimación os ríos. Os románs tropezaron co río Sil, posiblemente, denantes de chegar as fontes de Miño en Meira, seguiron apaixonados o camiño do Sil e o color das suas augas deulle o topónimo, o río do Vermellón; o Miño. Pasado o tempo os romans fan a sua penetración e van pola terra luguesa deica a Meira e dan o nome a todo o río pola sua direución mais normal norte-sur. Pero o vello Miño que cruza o Bierzo sigue chamándose o mismo porque Sil e verba latina que ten siñificado de lodo de color ocre. Este sería semellante a un pai que puxera ó fillo mais vello Santiago e ó mais novo Xacobo. Os poucos anos as xentes cambian os nomes pero o siñificado sería o mesmo. Non son filólogo dou unha razón do diccionario.

        Non podemos deixar do Sil o túnel de Montefurado, admirable ben descrito, por Ricardo Becerro de Bengoa: "De Palencia a la Coruña", obra publicada en Palencia en 1883. O río tiña que facer como unha asa ó redor da Pena do Corvo un nucleo montesío de uns 322 m de altura e os romans mestres na rapiña do ouro adicáronse a buscar e rebuscar nas minas das Médulas e nas areas do río e despois de estudiar as ventaxes da supresión da curva do río decidiron furar a roca "xunguindo ansi con unha liña casi recta de 420 m. os extremos da dita curva, pra deixar en seco as areas e os detritus do seu fondo ó mesmo tempo que quedaba utilizable pra as sementeiras a pequena veiga. O túnel abreuse no século II e ten 16 m. de altura por 18 m. de ancho compoñéndose de duas liñas rectas que forman un ángulo moi outuso a uns 140 m. da entrada. Hai perforadas nas suas paredes sobor do nivel ordinario das augas varias galerias curtas, unha con saída cara o mediodía".

       O túnel deixou feita unha ponte que foi utilizada como centro de camiños para cruzar o río. Hai vestixios ó redor da montaña pola parte norte de vellos lavadeiros de ouro e nás saídas do túnel, nas orelas do río, situábanse as mozas, as "aureanas", á percura do ouro.

   Lamas Carbajal adicou unha sentida poesía ás mozas que percuran un tesouro cada xornada na rebusca do ouro antre as areas do río, son os versos "As aureanas do sil".

Mainiñas cal as pombas nas ribeiras,

xeitosas cal os xuncos das cañadas,

subrimes, vaporosas como as fadas,

tal son as aureanas feiticeiras.

Aluma o sol o val, doura as pradeiras,

i-elas buscas as augas sosegadas

as areas de ouro cobizadas;

mais ven a noite, e fuxen pasareiras.

O Sil é seu amor, a sua legría,

teñen nel sempre fixo o pensamento,

canto pracer seu corazón ansía;

lonxe dalí, de triste acabamento

 a garrida aureana morrería,

cal morre a flor sin o arrolar do vento.

 

       As mozas buscadoras das areas de ouro eran de varios lugares de Galicia pero, principalmente dos arredores do río. Ían o Sil mozas de bastante lonxe como Doade e algunha hasta da Lama. Buscaban nos areiros cando  as augas do río iban baixas. Levaban un cuncún de fondo cónico onde lavan a area pra sacarlle a terra e van deixando as areas limpas, logo con mercurio que levan nunha especie de agulleiro, xuntan as areas de ouro que na casa someterán a unha temperatura elevada producíndose a evaporación do mercurio deixando libre o ouro. Nista conca Hidrográfica parece que ten aparecido areas de ouro nos ríos  Lor, Xares, Camba, Bibey e no mesmo Miño.  A propósito de  ouro e río,  Ambrosio de Morales publica o seguinte relato do seu paso por Tuy: "Aunque no es de mi comisión, escribe, todavía quiero decir que se saca oro en Tuy, del río Miño, y el Obispo tiene un grano del tamaño de un garbanzo pequeño, que se sacó hará dos años , y como lentejas se sacan hartos, y es oro purísimo, y el Conde de Monterrey arrienda un sitio de esta ribera en 24 ducados cada año, o veinticuatro maravedís, si bien me acuerdo, para solo sacar oro".

         Pero volvamos á lenda do noso río. A Virxen pasa o río por moitos sitios do Miño e o relato mais natural de viaxeira e o do río de crecida facendo moito  bruído e a Virxen co Neno no colo e durmindo. Chegando perto do río, onde xa molesta o barullo das augas a Virxen da  unha orden ó río: río  Miño , vaite caladiño, non espertes o meu meniño,  que o levo durmindo. E o río calou obedecendo a orden de Nosa Señora. Un dos lugares de paso sinalase en San Vitorio no Saviñao. O misterioso  ouro dos castros custodiado pola mourindade atópase tamén nas beiras do río, así aseguraban que as casas cercanas o castro de Ortelle eran ricas polo ouro do castro. Refiren que unha moura mui xoven, mui fermosa e mui rica presentáballe a unha pastora, mociña mui xoven cando ía co gando pras ladeiras do castro. Pedíalle que a peinase e dáballe  uns cabóns coa orden de que nin mirase pra tras, nin mirase o que levaba.  Un día mirou pra tras e a moza transformouse en serpe e  meteuse no castro deica que a desencanten. Os carbóns tranformábanse en onzas de ouro.

       No castro de Marce viven, no castro ou no pozo de Chouzán, os xacios, seres humans mui fermosos. Un pescador veu e falou con unha moza e saleo do río, bautizouse e casou con él. Tuveron fillos que eran mui listos pero o seu gusto era bañarse, meterse na auga. Un día o pai cansado de tanto metimento nas augas rifoulles: idevos de quí fillos de unha xacia. Entrou na casa e sigueo rifando, entonces a muller marchou correndo pro río, detrás foi o home pero a muller xa se metera no pozo. O marido chamou, gritou por ela. Non tivo resposta, e veo sobre das augas pedazos do corpo escuartizado, por haberse bautizado. Unha nena chada Isabel que falaba cunha xacia mui simpática que lle daba uns grans de millo marelo que ó chegar a casa volvíanse ouro. A xacia encargáballe moito que non dixera nada a ninguén pra non ter una desgracia mui grande. A rapaza un día díxolle a seu pai o que facia, aquel día o gando chegou a casa sin Isabel. O pai pensando  que algo lle pasara foi ó castro e chamou por ela e responderon dende dentro do castor :Isabeliña, Isabelón, fretida está en aceitón. Cumplírase a desgracia advertida pola xacia.

      No castro de Mourelos aparécelle a un leñador un carneiro de enorme cornamenta e fálalle decindo ou o salva, ou o mata. O leñador descárgalle un golpe  tremendo coa machada, e o carneiro transformase nunha moza que lle da moitas riquezas ó seu desencatador.

      No de Vilamirón o pescador fala coa moura que pra "desencatala mádalle ir coller un plato de aveláns, partilas e tirar as cascas o río. Que non teña medo pase o que pase que ela sairá a salvalo. Cando tira as derradeiras cascas , comenza a tremer a terra e a caír pedras pros pozos do río e salta tamén o penedo onde está sentado, pero de debaixo do penedo sae un paxaro inorme que o abraza coas suas alas e levao a un campo onde se tranforma en moza fermosa cargada e riquezas. Outras vegadas voa pro río Miño unha lousa que cubre un dolmen, outras os mouros que están no castro cando están labrando a leira que cubre o castro, grítanlle : Ei ti "¡Non ares tan fondo que me destellas a casa!" Outras vegadas os donos das leiras ten que afondar pouco por mor de non abrir a adega onde ten os mouros o viño, que é tal cantidadeque na sua baixada por Miño enterraban o lugar.Eiqui non se cumplen os preceutos do Koran.

    Na ronda de Ourense sai ó noso paso a copla:

Tres cousas hay en Ourense

que no las hay en España:

el Santo Cristo, la puente,

las Burgas hirviendo el agua.

 

 

         A Ponte, a ela chega a poesía de don Diego Antonio Cernadas, de Castro, o cura de Fruime o gran defensor da sua terra, adica o Miño a seguinte estrofa que leva cabeceira istas verbas: "La fuente que a alguna distancia de Lugo es origen del Miño, se le oye a este en su lengua patricia, hablando con la madre; la siguiente Ronca do río Miño":

Cando tanta festa fan,

¡miña nai, como se roxe!

a esta nova fonte de hoxe

¿Qué será de ti, miñán?

Tempos ven e tempos van;

cae miñán que subeo onte;

póñase ben alta a fonte,

que non é por mais que eu pense,

para baixarse en Ourense

no ollo da miña ponte.

 

          Desde ista ponte de sete arcos, feita quizais na época de Trajano, pode verse unha pequena pedra blanca que destaca antre os peñascaes da orela esquerda do río, a nosa dreita, con esta inscrición: Ex voto que los admiradores de Curros dedican a las ondinas del Miño para que velen por su inmortalidad. Curros na sua poesía á chegada a Ourense da primeira locomotora pídelle ó río que lle dea de beber á máquina que trai moita sede:

...........................

E ti, río de grandes destinos,

 que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,

requeimada-las fauces de sede

ven o monstruo a beber no teu seo.

Bon samaritano

dalle auga ó sedento

 

         O río da nome a un sonado periódico: "El Miño", periódico de comercio y de intereses generales bajo el lema: Todo por Galicia. Todo para Galicia. Comenzou no ano 1857 o suspender a autoridade gubernativa o periódico "La Oliva" de Vigo. O impresor foi Juán Compañel. Once años mais tarde volve a Vigo, imprenta, director e red actores, será :" La Oliva-El Miño". Primaveras tempranas de acacias y huertos y largos otoños de vides y amarantos de formas fluviales. En los días cálidos alcanza sequedades cromáticas admirables y las largas nieblas invernales lo envuelven en vaporosas fantasías...La Lonias, el valle heroico escavado en su rudo granito de admirable escultura en las laderas por el río de claras aguas que rápido se lanza bajo el esqueleto del puente medieval para reposar entre sauces antes de morir en el Miño".  Eiqui queda  a visión de Otero Pedrayo e podemos engadir a de Vicente Risco co Rigueiro de Oira. "Baja el regato  por los cimientos de las casas, y hoy con tanta agua como cayó el regato parece casi un río. Va consu canto monótono, haciendo aquí y allá un gorgullón, con tono alto y espuma blanca. Lo atraviesa la carretera, y al salir, el regato describe una curva elegante por debajo del muro de un cercado, por la orilla de un escampado verde, con velludo de hierba y árboles desnudos en inviern. Luego tuerce en el otro sentido, y pasa por debajo de un pontillón, y luego, se pierde en un delta medio estancado, de donde se lo lleva el río Miño."

     

        Conserva o Barbantiño a sua grandez ribeirán baixando as augas de Maside e Amoeiro deica Punxin. Ë o río no que don Ramón Otero Pedrayo mideo  neboas e chuvias e as clásica tronadas, e nas beiras do Miño mais abaixo  Castrelo e a vila centro e capital do Ribeiro, Ribadavia, co seu río, o Avia, que se xuntou co Arenteiro, o río de Carballiño.

        Pra ista comarca Miño e Avia teñen os seus poetas, don Eladio Rodriguez González e Fr. Samuel Eijan Lorenzo que ademais de Frade foi historiador e poeta e como tal sauda o río na baixada de Castrelo.

Frente a  Castrelo, en la cima

que Bou-Bou por nombre lleva,

Dando el rostro a la llanura

que calmoso el Miño riega,

y a Ribadavia la espalda

para su apoyo y defensa.

         Son fortes moitas vegadas as tormentas e a poesía de Fr. Samuel Eixan describeas con tanta forza poética como rumbosas van as augas do Avia na percura do Miño.

           Lóstregos, tronos, pedrisco que arrasa as colleitas, son as enchentes

 

das foscas tromentas,

tromentas de loito

que nas marxes do Avia fan presa!

 

......................

ruxidos que firen

lóstregos que queiman

pedriscos que rouban

ós terreos as ricas cosechas.

i-o Avia que mira

cal vai indo á perda

o froito das augas

que sua savia regalan á terra.

 

----------

----------

Xa pasou o trebón: xa no espazo

nova vida o sol puro gorenta

 

-----------

¡Ollai! ¡Soio nos aires se escoitan

do Avia as protestas!

El sigue ruxindo

ruxindo sin treguas

e mentras ofrece mortaxa nas augas

os despoxos da fosca tromenta

 

    Hai certos temores pra pasar o Miño  que unhas  veces desaparecen metendo unha pedriña na  boca e outras o millor e non pasar. E moi vella a creencia da direución do voo de aves, pois eiqui no Miño coñecemos un caso da época de Xelmirez. O bispo ia pasar o río en amistoso pau to con doña Urraca, e ó entrar na barca  "como os seus cabaleiros se puxeran a investigar  curiosamente agoiros vans, según costume da terra, e fixándose con mais atención nunha águia que atravesaba voando en direución contraria, todos a unha, tocados de un mismo presaxio, increpárono con gran vehemencia deica tres ou catro veces pra que non fose alá", pra que non crecera o Miño. O bispo repostou "que o omnipotente Señor, gobernador de todas as criaturas non confiou ás aves nin a outros animaes os decretos dos seus designios". Pasou e a raiña fixo traición axudada polos nobles e levaron preso a Xelmirez pro Castelo de Orcellón.

    Mencionaremos o Arnoya o río que cantou Lamas Carvajal:

E de outono unha tarde, o sol  que morre

os horizontes doura;

a vila de Allariz ó vento erguidas

as espadanas das eirexas mostra.

Lambe seus pes con augas transparentes,

o murmuxante Arnoya

onde tempraron noutro tempo as armas

coas que loitaban as mesnadas nosas.

   Logo ven un rio mais humilde, o Deva en cuio val colleitase un delicado viño, que os veciños de Pontedeva defenderon contra as cargas do fisco pedíndolle á raiña Isabel II que non lle puxeran semellante carga porque si tal facian non poderían traballar porque o viño é que lle d´forza, todos precisan beber un groliño de viño pra soster o corpo.

 

    Estamos chegando a Arbo e no río uns pasos de muro: As Pesqueiras "os pescos", trampas pra conseguir lampreas. As pesqueiras poden ser de un ou de varios, de herdeiros. As mellores lampreas son as de abril, así as distribue o repartidor: No abril, pra min; en maio, pro amo, en Xan Xoán pro criado. Poden collerse ata un millar. Cúrase e fai de compango polo ano adiante. Don Alfonso Vázquez Martínez, meu gran amigo e compañeiro e seu irmán Gonzalo, foron os que idearon a "Festa da lamprea", axiña mui ben organizada. Como nota curiosa destacamos os nomes das pesqueiras, millor os apodos dos donos: do Fuchicas, do Benchorado, do Fraile, do Busca de Comer, dos Coengos, e do Folga na Palla, como indica Eliseo Alonso.

   De Arbo era tamén don Xosé Vázquez Estévez, poeta, botánico, e filósofo, que cantou o Deva con amorosa sinxeleza:

Te envian, río Deva

sus  aguas las montañas,

manando sus entrañas mil fuentes para ti.

..............

..............

Tus linfas, transparentes

inquietas, bulliciosas, se lanzan espumosas

al Miño con afán.

   O Deva ten no seu haber histórico a ponte de Mourentán.

 

    Río abaixo pasamos as Neves e detémonos en Salvaterra de Miño onde os homes de Pedro Madruga defendían o castelo, porque "estaban dentro buenos sesenta hombres, bien armados, con buenos tiros de fogo, espingardas y ballestas fortes". Estaba nos calabozos, Fernán de Camba que o puxeron en libertade e dixo: bendita serás Salvaterra que asi salvas os homes", e a tal feito responde iste cantar:

Salvaterra, Salvaterra,

donde estiven en prisiones,

non te chamen Salvaterra

que te chamen salvahomes.

 

   Lembranzas de reises e raiñas, señorío de pazos e os remansos de singular beleza nas ribeiras do Miño:

Veño da ribeira

da beira do Miño,

¡si! que rico nome

ten o paxariño

   O carto verso debera decir: ¡ ai que rico canto ten o paxariño. Pois pode ser o canto do reiseñor. Na chegada a Tuy os mozos van camiño da festa e cantan mui ben cantada unha saudo-sa cantiga:

Vente con nos para Tuy

rapaza de Mourentán

vente con nos para Tuy

sin poñer os pes no chán.

   Tuy é a vella capital da provincia,  lenxendaria que sabe si de orixen grego con historia e santidade porque eiqui acuden a formar guardia san Paio ou Palaio e San Telmo, ou san Pedro González Telmo. Paio é natural de Albeos, morreo martirizado. O.P. Isla; escribeo ista sentencia:

Entonces fue

cuando Pelayo, niño

´mártir de la pureza

ilustró al Miño

      San Telmo foi frade dominico e tivo unha constante preocupación polos mariñeiros, e a sua organización gremial= Construieo camiños, pontes aconsellou embarcadeiros e o seu nome vai xunguido as lumieiras que se forman nas puntas dos paus das embarcacións. Eran pros antigos xogos de Castor e Polux; cando se presentaba un soio non era de bon presaxio e coñeciano por Helena, agora é o fogo de San Telmo ou o corpo Santo. San Telmo é o patrón de Tuy.

      O Miño é a liña fronteira con Portugal e de unha e outra banda pasa a corazón dos namorados:

Deste lado do río

o namorado

e a moza dos ollos verdes

do outro lado.

      No medio recantos paradisiacos as grandes casonas, os pazos, os restos dos castelos e torres e as andanzas de Pedro Madruga e no río os estadios medidos polos romans, 800 de navegación, e decatáronse ben los 4000 pasos na desembocadura. D. Pedro Antonio Sánches, fixo unha petición ó Rei pra canalizar o Miño, entonces seria real a medida de Strabom.

     Agora rematada a nosa regata fluvial polo pai Miño e os seus brazos, asistamos a unha festa, ó San Campio, guiados pola poesía do arcebispo poeta, don Manuel Lago González, un tudense ilustre:

Hoxe hai festa ó pé do Miño

hoxe hai troula e alegría.

Ei, rapaces ¡hoxe é día

de San Campio queridiño.

    ...............

    ...............

Xa sergueo como roxa fogueira

ese sol que a fartura nos trai;

e do Miño na verde ribeira,

pouco a pouco xuntándose vai.

    .................

     ................

Benia o dia do Santo Glorioso

que na eirexe branquísima está,

ondá veira do río escumoso,

antrós millos da verde Armamá!

 

 

     Así, cantando, á festa do señor San Campio en Armamá orela do Miño.

 

------------------------------------------

 

 

Antonio Fraguas Fraguas había nacido en Loureiro - Cotobade (Pontevedra),  nada menos que o mismo lugar que o meu pai Secundino Lorenzo Vidal, un pouco maior que él, nacera no 1900. Seguro que se coñecían, xa que tuveron que ir a misma escola,  soio cinco anos de diferencia... Que cousas ten a vida...

Como me gustaría falar cos dous.

Curiosamente Antonio Fraguas Fraguas é o gran persoeiro da cultura galega e o ano 2019 xa é o protagonista do día DAS LETRAS GALEGAS.

Volver