O medo
do río Miño

O
río Miño a piques de converterse en "Océano
Atlántico". Fotografía sacada da desembocadura do río Miño en Camposancos (entre A Guarda e Caminha).
Vendo así a
desembocadura do río Miño, non me estraña
"...o medo do río a meterse no océano; que o
río Miño treme é normal..."
Envíame a miña filla María Lorenzo Aira un texto de
Khalil Gibran (poeta, pintor, novelista,
filósofo, naturista e ensaísta libanés 1883-1931), que é
xustamente ó que sente o río Miño ao desembocar no mar,
acompáñoo destas fotografías xusto do lugar, para que
podamos facernos unha idea.
"Din que antes de entrar no mar, o
río treme de medo. Mira para atrás todo o camiño
percorrido, os cumes, as montañas, o longo e sinuoso
camiño aberto a través de vales, canóns e poboados,
e ve fronte de si un océano tan grande que entrar
nel só pode significar desaparecer para sempre. Pero
non hai outra maneira, o río non pode volver.
Ninguén pode volver. Volver atrás é imposible na
existencia. O río necesita aceptar a súa natureza e
entrar no océano. Soamente entrando no océano
diluirase o medo, porque só entón saberá o río que
non se trata de desaparecer no océano, senón de
converterse en océano".
Khalil Gibran.
O río Miño convertido en "Océano
Atlántico". Fotografía sacada na desembocadura
do río Miño en Camposancos (entre a Guarda e
Caminha). Por certo ese veleiro é o que fai unha
ruta turística pola desembocadura do río Miño
ata chegar A Guarda. Unha marabilla de lugar.
Vendo así a desembocadura do río
Miño, e xa co río mergullado no océano
non me estraña "...que o río Miño estea
contento
de convertirse en océano..."