MINICENTRAL no río ARNOIA, en RUBILLÓS.

TODO SON PROBLEMAS

  • Na minicentral da Merca todo son problemas. Ahora que colocaron unha trituradora resulta que fai un ruido infernal e inda por riba produce un polvo excesivo que afecta os veciños de Rubillóns.

  • Noticia sacada do Faro de Vigo do 30/10/2004. A Región de Ourense nin se entera...

    Manuel Velo é o alcalde da Merca (Fotografía de J. Docampo). Este alcalde diu o visto bon a minicentral e agora todo son problemas..

    Manuel Outomuro Concellal do Concello de A Merca, en contra do desastres que se están a producir na zona. (Foto de J. Docampo.)

  •  

    O parecer a máquina, que foi metida na zona para triturar as pedras e convertilas en grabas,  é un auténtico desastre, o Concellal Outomuro pide a paralización cautelar das obras, xa que a contaminación acústica e ambiental perxudica os veciños de Rubillós, situados a douscentos netros das obras...
    O Concellal pregunta si había autorización para meter esta máquina que en principio non estaba no proxecto. Entende que o non estar no proxecto e ademais ser unha actividad insalubre, molesta e nociva, debería pasar o trámite preceptivo de dita actividade. É lóxico.
    O Alcalde sae por peteneras, decindo que a empresa realiza actividades coa maquinaria convencional e que descoñece a finalidade da gravilla, inda que é evidente.
    Evidentemente o alcalde a tirar balóns fora...é o seu cometido.
    Os donos da minicentral a facer o que lles ven en gana... son os amos.
    Os membros do bloque da Merca falan de que a pista ten unha modificación en canto o trazado e o ancho da mesma...
    Realmente esperpéntico...
  • Nota: a minicentral está sendo construida 

    por Hidroeléctrica de la Merca S.L. por certo do grupo Hidroeléctrica San Miguel S.A. que engloba a varias, como son Minicentral de Ourense S.L.. a citada, Hidroeléctrica del Cardelle S.L. e Hidroeléctricas del Fragoso.

    Esta empresa está a cubrir de minicentrais a provincia de Ourense, co beneplácito da Xunta (Consellería de Medio Ambiente) a Confederación hidrográfica e os alcaldes das zonas.

    Son os benefactores dos ríos ourensáns.

    Estanos deixando planchados..

    Na zona hai previstas outras tres minicentrais, que seguro son do grupo.

    Chámanlles enerxías renovables, eu diría "enerxías renovables dos ríos ourensáns S.L" xa que os ríos os deixan renovados... e sinon o tempo...

     
     
  • Manda un correo á Consellería de Medio Ambiente, ó teléfono verde e protesta por este desastre.

    buzonver.jpg (1331 bytes)

    Tamén o Concello da Merca para que miran máis polas súas terras.

    Concello da Merca.


    salir.

  •