MINICENTRAL no río ARNOIA, en RUBILLÓS.

 DENUNCIA DAS OBRAS

 

  • O parecer unha máquina transformará os escombros da construcción da minicentral de A Merca. A noticia aparecida na Región do día 25/10/2004 sae o paso coincide coa presentación no Senado Español dun escrito de protesta presentado por Anxo Quintana en contra destas obras.

  •  
    O feito de que os constructores falen de colocar esta máquina demostra as claras que están a desgraciar a zona, xa que todas as pedras van o río, trátase dunha auténtica salvaxada ecolóxica.

    O parecer os donos da minicentral e o alcalde da Merca Manuel Jorge Velo afirman que se están a tomar todas as medidas para protexer o río...

    Ver las fotos del desastre:
  • Así era a zona antes de facer a minicentral.

    Fotografía de Xurxo Dorrego.

    Así está quedando. ¡Para o arrastre!. Por suposto tódalas pedras o río, ver a fotografía seguinte.

    Fotografía de Xurxo Dorrego.

     Según o alcalde Manuel Jorge Velo: "Se están tomando todas las protecciones del río".

    Increible a súa afirmación ¡Mentireiro!. (Por non decir outra cousa).

    Realmente en calquera país civilizado as obras serían paradas e clausuradas. En Galicia irán para adiante, seguro que a empresa constructora e os donos da explotación teñen moito que ver coa Xunta do PP e co Concello da Merca. Así se explica tanta desfeita e abandono, o primeiro é o primeiro, os cartos da explotación, o río que o parta un raio...

    Fotografía de Xurxo Dorrego.
  •  

  • Realmente a Xunta de Galicia, coa súa Consellería de Medio Ambiente que na miña opinión está totalmente vendida as empresas hidroeléctricas de todo corte, a Confederación hidrográfica, Patrimonio galego, o Concello da Merca, todos eles  ou ben descoñecen a zona, o gran patrimonio da misma, o cual os condenaría por omisión e por no saber o que teñen entre mans, ou ben son uns vendidos...

    Agora veñen coa máquina de escombros...algo é algo. Polo menos recoñecen a desfeita. Evidentemente a idea non é súa, víronse obligados pola denuncia feita, para esta xente todo está ben...
  • En calquera caso, esta páxina soio lle queda decir, ante tanta desfeita irracional e impresentable:

  • ¡Camiñaste mexa aquí! como diría Celso Emilio nun epitafio a esta xente...

  • Realmente sinto vergonza da xente que me goberna...

  • Esta zona debera ser declarada, realmente os carteis postos na zona, así o indicaban,  ¡patrimonio natural intocable do río Arnoia!. "A gran ruta do Arnoia!...Hoxe os carteis cambiaron a R de ruta por P, non aprobo o cambio, pero si é significativo.

    Manda un correo á Consellería de Medio Ambiente, ó teléfono verde e protesta por este desastre.

    buzonver.jpg (1331 bytes)

    Tamén o Concello da Merca para que miran máis polas súas terras.

    Concello da Merca.


    salir.

  •