MINICENTRAL no río ARNOIA, en RUBILLÓS.

O DESASTRE ESTÁ ASEGURADO

  • A montaxe é de Cristina Varela, pero pódese aplicar o río Arnoia, realmente estamos ata os cornos da desfeita, que debera parar, están a destrozar o noso río que é de todos, que non é de Proyecón nin é da Hidroeléctrica da Merca, incluso nin do Concello da Merca. Realmente non hai perdón, para o inicio de este edefesio...

  •  

  • Ver algunhas fotografías:

  • A estrada construida está a destrozar o cañón que o río Arnoia ten nesta zona. Todo vai o río. Os desmontes, as pedras, e un longo etc.

    Fotografía de Xurxo Dorrego.

    Ver como caen as pedras o río Arnoia.  A montaña chea de pedras, que irán, irremesiblemente o río. Deixarán a zona para o arrastre.

    Fotografía de Xurxo Dorrego.

    Nesta fotografía pódese apreciar moito mellor. Realmente en calquera país civilizado as obras serían paradas e clausuradas. En Galicia irán para adiante, seguro que a empresa constructora e os donos da explotación teñen moito que ver coa Xunta do PP e co Concello da Merca. Así se explica tanta desfeita e abandono, o primeiro é o primeiro, os cartos da explotación, o río que o parta un raio...

    Fotografía de Xurxo Dorrego.

    A desfeita é terrible...Ver o pe da Ponte de Lera a excavación que fixeron para meter a sala de turbinas, incrible. Xusto a beira do río Arnoia. A fotografía é de principios de octubro, hoxe inda está peor.

    Fotografía de Xurxo Dorrego.

    Fotografía do autor da www. Ponte de Lera, o fondo a  construcción da autopista que levará o azud. Todo o desmonte o río.

    A zona era e é sensacional, soutos por tódolos lugares, carballos, amieiros, chopos un auténtico bosque en galería único. Esta xente por onde pasa arrasa todo, o tempo...

    O río Arnoia o día 21 de octubro do 2004, xusto por riba de onde farán o azud da presa. Realmente un río impresionante que será masacrado. A fotografía está sacada por debaixo de Ponte Ermida.

    Presa no Arnoia en Ponte Ermida, realmente estropear este río non ten perdón, é un tramo do río Arnoia que se podería explotar turísticamente sin menoscabo do cauce; todo menos una minicentral impresentable...

    Pontillón de Ponte Ermida a 500 metros de onde vai o azud da presa, que como todos os do Arnoia serán como encoros reais, de varios metros de altura. Esta www non entende a desfeita que se está a facer cós ríos de Ourense...Están rematando, catro aproveitados, a nosa cultura dos ríos, os bosques de ribeira únicos, os muíños, pezas de ouro da nosa atnografía, da nosa historia, o río, etc...

    Repito...¡¡non hai dereito a esta desfeita!!!

  •  

  • Realmente a Xunta de Galicia, coa súa Consellería de Medio Ambiente que na miña opinión está totalmente vendida as empresas hidroeléctricas de todo corte, a Confederación hidrográfica, Patrimonio galego, o Concello da Merca, todos eles  ou ben descoñecen a zona, o gran patrimonio da misma, o cual os condenaría por omisión e por no saber o que teñen entre mans, ou ben son uns vendidos...

  • En calquera caso, esta páxina soio lle queda decir, ante tanta desfeita irracional e impresentable:

  • ¡Camiñaste mexa aquí! como diría Celso Emilio nun epitafio a esta xente...

  • Realmente sinto vergonza da xente que me goberna...

  • Esta zona debera ser declarada, realmente os carteis postos na zona, así o indicaban,  ¡patrimonio natural intocable do río Arnoia!. "A gran ruta do Arnoia!...Hoxe os carteis cambiaron a R de ruta por P, non aprobo o cambio, pero si é significativo.

    Manda un correo á Consellería de Medio Ambiente, ó teléfono verde e protesta por este desastre.

    buzonver.jpg (1331 bytes)

    Tamén o Concello da Merca para que miran máis polas súas terras.

    Concello da Merca.

    Última hora: la construcción sufre un sabotaje. 23/10/2004


    salir.

  •