O río Miño nas escolas de fai anos.

Mapa do río Miño, río Minho en Portugal.

       Hoxe sabemos que o río Miño, tamén chamado río Minho,  nace, sin lugar a dúbidas,  no Pedregal de Irimia, no concello de Meira en Lugo.  O viaxeiro non ten máis que visitar a zona de Fonmiñá, a 450 m s.n.m.,  e logo acercarse ata o Concello de Meira, a  e a pocos kms., 2,5 km.  o Pedregal de Irimia a 725 m. s.n.m., para darse conta do anterior. As cotas e o seguimento dos nacentes non deixan lugar a dúbidas. Outra cousa ben distinta é que o viaxeiro que se achegue a ver a zona se lle recomende visitar os dous lugares: a Lagoa de Fonmiñá e o Pedregal, os dous son marabillosos, e soio hai 5 km. entre eles.

Pedregal de Irimia onde nace o río Miño. A 2,5 km. de Meira e a 725 m. de altura.

 

Esta fotografía do río Miño está sacada por baixo do Pedregal de Irimia, concretamente en Meira,  a 2,5 km.e por riba da Lagoa de Fonmiñá. Nela o río Miño xa é un regatiño moi interesante e bonito.

 

Lagoa de Fonmiña, onde nos meus tempos se decía que nacía o río Miño. A 3 km. de Meira, xa no Concello de Pastoriza e a 450 m. s.n.m. Unha diferencia de 275 m. máis abaixo.

 

Actualmente hai tamén quen dice que Fonmiña ou Fonte Miña comparte con o Pedregal de Irimia o nacemento do río Miño.

No mapa vese Fonmiñá, do Concello de Pastoriza (Lugo), concretamente a Lagoa onde efectivamente nace a auga, pero tamén se observa que o río Miño xa vai crecediño nesa zona. Observar onde a auga da Lagoa desemboca no río, ver o bosque de Ribeira.

 

Pedregal de Irimia onde nace o río Miño. A 2,5 km. de Meira e a 725 m. de altura. Na vista sacada do visor  da Confederación Hidrográfica parece que se ve o río Miño de azul. A verdade é que no lugar e en cada pedra se escoita o movemento da auga.

O Pedregal de Irimia é un conxunto de pedras  espalladas en forma de V  (embudo) en 600 metros cun desnivel do 20%.

Vista do Pedregal de Irimia onde nace o río Miño. Serra de Meira.

O nacemento do río Miño está moi claro.

Nace no Pedregal de Irimia.

 

Vexamos o que se estudiaba nas escolas de fai máis de cincuenta anos.

---------------------------------------------------------------

------------------------------------------

Vexamos que se aprendía na escola fai sesenta anos. Hoxe estamos en 2016.

En España

Neste manual, xa fai máis de 100 anos, si se miraba onde nacía o río Miño puña o seguinte:

"El río Miño tiene su origen en Fuente Miño, provincia de Lugo; riega ésta, y pasando por las de Orense y Pontevedra, desagua en el Océano Atlántico, por La Guardia sirviendo de límite a España y Portugal"

Esto é o que lembro eu da miña época de estudiante antes de facer o ingreso alá polos anos cincuenta e cinco do século pasado. Non era o Calleja pero o libro era moi parecido, nada menos que a Enciclopedia Álvarez.

"El río Miño nace en Fuente Miña, provincia de Lugo; pasa por Lugo, Orense y Pontevedra, y desemboca por La Guardia entre España y Portugal"

-------------------------------------------------

En Portugal.

O río Minho comparte con Portugal 75.5 km. que precisamente é fronteira. Dende a desembocadura do río Troncoso preto do encoro de Frieira ata Caminha. Neses 75,5 km. os galegos decimos Río Miño e os portugueses dicen río Minho.

Este é o mapa da fronteira do río Minho con Portugal; no mapa puxen os tres afluentes importantes do río Miño nesa zona: Mouro, Gadanha e Coura. Fai fronteira con Portugal, en Melgaço, o río Troncoso.

Introdución de historia e Xeografía de Antonio Figueirinhas, libro de 1900 "Instrucçao popular em Portugal". Editado por  António Figueirinhas.

Na escola de Portugal atópase manuais de Geografía, concretamente de Antonio Figueirinhas, manual de ensino primario elemental, concretamente o de 1946 dice así:

" O río Minho nace nos montes Cantábricos (Espanha), passa por Melgaço, Monçao e Valença e desemboca en Caminha. Un afluente importante do río Minho é o Coura, na marxen esquerda".

Outros exemplos:

Nas Memorias Parroquiais de 1758, por exemplo en Messegaes anotan:

"O río Minho nasce na lagoa chamada Minho e morre no mar ou barra de Caminha daqui a sete leguas..."

En Troviscoso:

"Nasce no Reino de Galiza e pasa polas vilas de Melgaço, Valladares. Monçao, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha"

Valladares perdeu hoxe a condición de municipio, precisamente en 1855.

O resumen:

---------------------------------------------------

Datos deste pequeno traballo escrito polo autor da web sobre o río Minho Secundino Lorenzo Fdez.

As fotografías son todas do autor da web, Secundino Lorenzo, non así os libros e os dibuxos.

A bibliografía usada é o libro "O río Minho galego-portugués" de José Manuel Vázquez.

----------------------------------------------------

 

   Saír á  río Miño                                      Salir al  río Miño