Este é o afiador.
Veremos unha exposición de rodas de afiar no Mosterio de Sto. Estevo
na primeira planta. Sin dúbida, o afiador é o traballo máis
representativo da zona . Xa sabemos o de "Ourense terra da chispa",
tamén "Ourense terra de afiadores e paragueiros".
Esta estatua está nunha plaza de Luintra. Pasaremos por alí. (Pode
que xa non esté esta exposición. Comprobareino no seu día)

O afiador. Esta
estatua está en Luintra que é precisamente a terra
dos afiadores. De aquí extendeuse o nome a provincia
de Ourense, por eso falamos da "terra dos afiadores"
e tamén "a terra da chispa".
Fot. S.L.F.
Peares.
"Acea do Bubal", trátase dunha casa de turismo
rural mismo na desembocadura do río Bubal, afluente do río Miño
xusto a trinta metros. Os Peares é onde empeza o canón do río Sil.
Aquí aproveitaremos para citar o "Principio de perceptoloxía",
tomado dun libro do meu amigo Santiago Lamas "Galicia borrosa",
según o cal o río que no momento de xuntarse forme maior angulo coa
dirección que sigue é o río principal. Según este principio, o río
Sil é afluente do río Miño. Non creades que a cousa e tan fácil xa
que "O Miño leva a fama e o Sil leva a auga". O licenciado Molina
decía que o principal era o Miño, que non era extranxeiro...Eso sí o
máis longo é o Miño (310 km.), contra o Sil (225 km, 106 en
Galicia).

Observar que o ángulo A que
forma o río Miño coa súa prolongación e maior que o
ángulo B que forma o Sil coa prolongación.
(Tomaremos os ángulos sin ter en conta os signos e sempre
tomando os menores coa prolongación sempre). Na figura está
claro.
Poden darse casos nos que o principio non
funcione correctamente. Por exemplo que pasaría si son
iguais?. Neste caso utilízase outro criterio: "O
sentido común traducido nunha mezcla de caudais, historia,
intereses, ou algúns que botan man de estudios xeolóxicos."
Non deixa de ser
unha curiosidade.

A acea do Bubal,
unha antigua minicentral, aquí faremos unha
pequena andaina dque non chega o km. Fotografía
S.L.F.

Deixaremos o bus
nos Peares de Lugo a dereita, cruzaremos o río Miño
pola ponte de Ferro ou do tren, tranquilos que hai
camiño e iremos a dereita os Peares de Ourense, onde
está o Bubal e a Acea do mismo nome. Fotografía
S.L.F
Mosterio de San Estevo de Ribas do Sil:
mosteiro Bieito (Ora et labora, xa sabedes), (Século X
inda que xa no VI era cenobio).
Este monasterio na Desamortización de Mendizabal no século XIX
(1.835) e posteriores anos quedou feito un desastre. Ver fotografía
más abaixo. Hoxe está totalmente reformado (Suances, Freixido e
Vecoña foron os arquitectos que fixeron a reforma, discutible pero
quedou bastante ben) e ten fama de ser un parador fora de serie.
Dende logo está nun lugar marabilloso e ten unha ladeira de castaños
impresionantes ata o río.
No parador temos de todo dende
tres claustros dous renacentistas (o grande e o pequeno onde estaba
a piscifactoria do monasterio, tiñan troitas e anguías, estos si que
sabían...) e un románico o dos obispos que hai que ver con detalle,
as dobles columnas, as figuras do teito, as pinturas do Sur, todo
impresionante. Ten outro piso superior doutro estilo, oxival
dexenerado do s. XVI; ata una fachada barroca con tres escudos
que hai que ver (O Imperial arriba o do monasterio coas 9 mitras de
obispos entre elas a do famoso Franquila e o de Castela,
congregación de Valladolid, a dereita). Unha iglesia románica (S.
XII) , pero con moitos elementos de transición e que ten unha
construción moi especial. que chama a atención. Ten tres
naves, ver como dunha, máis baixa, parten as outras, polo
tanto máis altas. A iglesia é pequena pero merece a pena vela. Ten
un retablo pétreo moi curioso, é románico que representa a Cristo e
os apóstoles.
No Monasterio había de todo
dende panadería, hospital, hospedería, casa da inquisición,
casa do ciruxán (estaba fora), etc. Pasaba un pequeno río pola
cociña...
Do parador actual gústame moito
un comedor que teñen abaixo entre castaños, pódese ver. As
habitacións están ben pero o precio chégalle (no 2011 un fin de
semán 110 €).

Estas fotografías non son miñas. Descoñezo o
autor.

Fotografía do
claustro de entrada no mosteiro de Sto. Estevo
de Ribas do Sil. A fotografía é dun alumno moi
querido polo que escribe, Álvaro García.
Mosterio de Sta. Cristina.
De camiño de S, Estevo a S. Cristina
pasaremos por dous miradores ó canón do Sil dende un deles está
sacada a fotografía que vedes máis abaixo. Tamén veremos onde
Iberdrola pretende facer un Lago, que crea moito división na xente,
e que vai afectar moitísimo a zona.
O Mosteiro de Sta. Cristina (s.
XII a iglesia, do cenobio xa se fala no ano 876), o cal baixaremos
andando como un km. entre castaños, como vivian os monxes..., está
nun lugar incrible. Dentro do pequeno, é fermosísimo. A iglesia é
románica pura ( planta de cruz latina, con tres absides no cruceiro,
ventanales e arcos de medio punto). Dentro da iglesia pouco hai hoxe
, o retirar o altar apareceron as pinturas de tres Santos, S.
Domingo, S. Antonio e S. Tomás e por riba Santa Lucía e Santa
Bárbara. No vos perdades pola parte da fora, os canes, as
figuras con elementos decorativos que fixeron os canteiros, destacan
as figuras de personas, algunhas en posicións simpáticas e as bestas;
hai de todo...
Os laterais son moi bonitos con
ventanais enmarcados en columnas, casi nada...
O rosetón e a portada son
únicas.
A torre da iglesia é especial,
a arquería apuntada na base é gótica.
Na fachada principal da iglesia
tendes a firma do canteiro -xefe. Hai que buscala?..
O mosteiro é pequeno pero
espectacular. É posterior, s. XVII.
Os monxes pasaban de Sta.
Cristina a San Estevo, xa que no s. XVI foi priorato anexo.
Dice moita xente que "en Sta.
Cristina buscouse a Deus, con máis ventaxa que noutros lugares...".

Sta. Cristina está
nun lugar espectacular, rodeado de bosques con moito
carballo. Fotografía de Sta Cristina. S.L.F.

Santa Cristina
vista dende un mirador que hai enfrente, na
provincia de Lugo, outra ruta espectacular que
deixaremos para outro ano. A fotografía é do que
escribe, ou sexa S.L.F.
A ribeira sacra,
que pode ser patrimonio da Humanidade un ano destos
ten polo menos catro rutas distintas, excursións que
hai que facer unha vez na vida polo menos. Dúas polo
río sil: Ourense e Lugo e outras dúas polo río MIño
as dúas en Lugo.
Na zona hai outros
miradores do canón, concretamente tres, moi interesantes e un heliporto tamén
espectacular. Estaremos neses lugares.

Un dos miradores. Fotografía de
Álvaro García.

Ollo, esto é o que queren facer, moi preto de Sta. Cristina.
Unha lagoa na que suben a auga pola noite e turbinan
polo día. Estas empresas Eléctricas poden facer o
que queren...


Fotografía anterior ampliada. Foto S.L.F.
O barquilleiro de Parada do sil.
Os barquilleiros dedicábanse a fabricación e
venta de barquillos, que era unha pasta delgada que facían con forma
de barco ou abanico, tamén en forma de tubo. Eran de sabor exactamente como
os cucuruchos dos xelados. Sabía ben. Iban pola festas e levaban os
barquillos nun cilindro que remataba nunha tapadeira que tiña unha
especie de ruleta. A xente pagaba, dáballe o redor a ruleta e o que
tocaba un tipo de barquillo, as veces dous, etc. Ver a tapadeira na fotografía de
abaixo.
Inda hoxe se ofrecen barquillos
en algunhas praias de Galicia. As veces en Riazor, na Coruña.
No Concello de Parada do Sil,
onde hai una figura para lembrar o barquilleiro, moitos
veciños practicaron esta venta en tódalas festas de Galicia e tamén
en outros lugares como Madrid, víanse moito no San Isidro en tempos,
despois da guerra.

Na esquerda está a tapadeira do
barquilleiro e algunhas das formas así como o molde. A
dereita un barquilleiro en Madrid, no San Isidro.
Os Balcóns de Madrid.
Son uns miradores moi espectaculares que
hai en Parada do Sil e nos que se pode ver, si o día o permite,
varios
kms. de Canón do Sil. Merece a pena.
Chámanse "Balcóns de Madrid" ,
primeiro porque son miradores e segundo porque nese lugar, abaixo no
canón, había uns barqueiros que pasaban os barquilleiros de Parada
do sil o outro lado. Os Barquilleiros iban a Monforte para coller o
tren que os levaba a Madrid. Alí vendían os seus barquillos.

Este é outro dos
miradores. Non é o de Madrid. Este mirador é o do
heliporto. Fot. Álvaro García.
Comeríamos en Parada do Sil
ou ben no Parador de San Estevo. Esto por suposto sería a
estudiar no seu día. Persoalmente gústame moito o comedor da
parte de abaixo do Mosteiro, si está bon día é espectacular e
único...
Volver