Album fotográfico- 50 aniversario.

50 aniversario da V promoción. Compañeiros e profesores que asistiron as Vodas de Ouro da promoción. Neste caso na actual Facultade de Matemáticas. Na fotografía aparece a Decana da Facultade Elena Vázquez Cendón, que tamén colaborou na celebración do aniversario; así como  os nosos profesores José María Isidro i Emilio Villanueva.

As vodas de Ouro  tuveron lugar o sábado 9 de xuño de 2018: cunha organización marabillosa a cargo do compañeiro Miguel López López;  decirlle que ¡enhoraboa por todo!.

¡Gracias Miguel!

No que sigue fago un resumo do acto, resumo que queda aberto a engadir calquera cousa:

As 11 da mañán na Facultade de Matemáticas actual

Palabras do organizador Miguel López López.

Palabras da Decana Elena Vázquez Cendón.

Firma no Libro de Honra  da F. de Matemáticas da USC.

Outras fotografías do evento.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As 11 da mañán na Facultade de Matemáticas actual

Algunhas fotografías o entrar no Salón de actos:

Os saludos previos.

 

 

En primeiro término Luis Cordero, Cons e Santamarina. A dereita Mari Carmen, Pereiró, Elñisa e Mirichi. A esquerda Mariló

 

 

 

Outro grupo, o fondo Mariló,  Cristina, Daniel e Cabo. Esa cabeza podería ser a miña...

Diante Mari Carmen, Mirichi e Elisa.

 

Mari Carmen, Chícho (Secundino) e Lugo (José Méndez Seijas)

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Palabras de ben vinda e lembranzas de Miguel López López

Esta orla, a nosa, estaba a entrada do salón de acto, na facultade de Matemáticas.

Na presidencia de esquerda a dereita o noso profesor José María Isidro, a decana da facultade Elena Vázquez e o noso profesor Emilio Villanueva.

Unha fotografía de algunhos compañeiros ocupando as butacas do salón de actos.

A outra parte que faltaba máis o fotógrafo, que non se ve lóxicamente.

Miguel López López na súa alocución. Sinto de verdade que me fallara o video que estaba a sacar, a miña profesionalidade nese evento tende a cero...E así me foi.

 

Farei un pequeno resumo a falta das súas palabras, sinto tamén que o seu discurso o fixera sin apuntes, non tiña escrito absolutamente nada.

Lóxicamente despois de lembrarse dos compañeiros falecidos: Luengo, Chano, Justo e Charo, pasou a agradecer os profesores presentes  José Mª Isidro i Emilio Villanueva que nos acompañaran nas nosas vodas de Ouro; por suposto tamén agradeceu a presencia de todos os compañeiros. (A verdade que estuvemos todos, soio faltou Quetita que lle foi imposible asistir).

A continuación entrou a lembrar os nosos estudios entre os anos 1963 a 1968, os nosos esforzos por lidiar, en moitos casos, con libros que se estudiaban por primeira vez, como o Artin o Apostol e outros  e que supoñían un esforzo pioneiro e doble, e que para Miguel foron un acerto; acerto que se demostrou nos anos seguintes con moitos alumnos que seguiron facendo o mismo.

Seguidamente e unha vez rematados os estudios tocou a maioría dos compañeiros colaborar na enseñanza das matemáticas algunhos na Universidade e outros en centros de ensino de secundaria  públicos e privados. Un traballo onde fomos artesanos das matemáticas... un traballo que non foi un camiño de rosas precisamente, pero que se enfocou con honestidade e tendo en conta que a maioría de nosoutros aprendía día a día, preparando a fondo as clases, tratando de facer as cousas cada día mellor  e con rigor. O tempo demostrou a subida de nivel, en xeral, dos alumnos que pasaron polas nosas aulas.

Copio literalmente esta frase que me parece básica:

   "É obvio e convén resaltar que fixemos un esforzo importante e con iso puxemos o noso gran de area na formación de alumnos moi brillantes, por exemplo Elena Vázquez Cendón, actual decana da Facultade de Matemáticas, entre outros/as moitos que hoxe levan a cabo un labor impagable coa xente nova (adolescentes) para lograr difundir a transcendencia que no mundo actual xogan as Matemáticas"

 

Na fotografía figura en primeiro plano Miguel Angel López López e Elena Vázquez Cendón. Profesor de Elena na Facultade de Matemáticas e a que hoxe é Decana e profesora da Facultade de Matemáticas.

Era o momento dos agasallos do acto, da firma no libro de honor de Matemáticas e outras moitas cousas. O acto foi moi emotivo e tuvo moitos detalles, que logo contaremos.

¡Gracias Miguel, por todo,  polas túas palabras e polo que nos toca...!

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Palabras da decana da Facultade de Matemáticas

Elena Vázquez Cendón

Elena Vázquez Cendón no centro da fotografía.

 

En primeiro lugar darlle as grazas pola súa colaboración a que estas Vodas de Ouro foran un éxito. O acto na Facultade de Matemáticas, da que Elena Vázquez Cendón é decana , estaba perfectamente programado e foi moi emotivo e tuvo sorpresas moi gratas.  O Xornal da USC había sacado o día anterior una  reseña do acto . Ver este link.

 

Farei un pequeno resumo das súas palabras:

Comenzou en primeiro lugar falando dos estudios das Matemáticas hoxe, facendo referencia a nosa época.

Seguidamente falou do prestixio conseguido nos últimos anos pola Facultade de Matemáticas.

Finalmente rematou mirando o futuro e facendo un resumo dos traballos que se están a facer actualmente.

Deixou ben claro o labor da nosa promoción dos que algún compañeiros foron seus profesores, tanto no seu centro de referencia o IES As Lagoas de  Ourense, como despois na Facultade de Matemáticas.

Poño un trociño do seu discurso que foi moi ameno, e que nos fixo ver por onde van actualmente os estudios de matemáticas e o bon momento que están a pasar,  si temos en conta a súa demanda e a ampliación de campos de aplicacións no mundo actual.

 

Video que mostra un trociño das palabras que nos dedicou Elena Vázquez Cendón.

 

A sorpresa do examen que nos tiña preparado, era a firma no libro de grandes visitas e celebridades da Facultade de Matemáticas da USC, o chamado "Libro de honra".  Previamente leu  o texto escrito dalgunhas das celebridades que firmaron no libro, casi nada...

Na fotografía Miguel A. López López fai a introdución no libro de firmas, introducción que podedes ler máis abaixo,  e deixa plasmada a súa; logo firmaríamos os demais.

A folla de firmas, no Libro de Honra da Facultade de Matemáticas,  quedou desta forma:

Este foi o exame de Elena, evidentemente unha broma de bon gusto...Un honor.

 

Para rematar este apartado poño unha fotografía na que estou precisamente con Elena Vázquez e na que me sinto como si realmente fora alumna miña. Non tuven ese honor pero si o tuveron outros compañeiros do meu departamento no IES As Lagoas de Ourense, e que citou como Lourdes, Isidro e Alfonso Amorín; tres grandes amigos e compañeiros do que escribe.

 

Na fotografía de esquerda a dereita chicho (Secundino Lorenzo), Elena Vázquez, e Miguel A. López.

A Elena pola miña parte agradecerlle que me citará como integrante do Departamento de Matemáticas do IES As Lagoas, a súa base nos seus estudios posteriores,  e logo o falar do  software "Libra" da empresa Edisa,  empresa na que tuven moito que ver xunto co meu compañeiro de Departamento naquela época,  Alfonso Amorín.

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Firma no Libro de Honra da Facultade de Matemáticas da USC

Un gran detalle nos tiña reservada a Facultade de Matemáticas, firmar como grupo no Libro de Honra da Facultade e  a carón de  moita  xente moi importante que ten visitado esta Facultade nos derradeiros anos.

Fotografía previa do grupo de compañeiros que celebramos as vodas de Ouro; na fotografía está a maiores o profesor Isidro no centro da fotografía, Emilio Villanueva tamén profesor po segundo pola esquerda e xunto a orla do grupo a decana da Facultade Elena Vázquez.

Miguel Angel López lendo o texto de encabezamento da firma.

Este é o texto que escribiu Miguel Angel e que firmamos todos, sensacional.

 

Album de fotografías da firma.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outras fotografías do evento.

Misa na Corticela e xantar no Hostal dos Reis Católicos

As nosas vodas de Ouro estaban perfectamente programadas, eu diría matemáticamente feitas. Non faltou ningún detalle e todos foron exquisitos e apropiados.

O peor o día que choveu "a Deus dar" da mañán a noite; pero eso non foi motivo para que disfrutáramos moito. Repito a miña enhoraboa a Miguel López López; a verdade que estuvo en todo.

Vou dar algúns detalles para demostrar o que estou a decir:

As primeiras horas xa están contadas nos apartados anteriores, coa sorpresa das firmas e todo perfectamente organizado. Suspendeuse a visita e fotografía a nosa antigua Facultade de Ciencias e foi un acerto xa que chovia moito.

Da Facultade fomos directamente a misa a Capela da Corticela na Catedral de Santiago.

Nesta capela, por certo marabillosa, cun románico sensacional e cunha fama xustificadísima, dicen que estando en silencio escoitanse palabras como "si quero" en moitos idiomas; e seica hai unha razón nesta capela medieval téñense casado moitos peregrinos.

Nesta capela tuvemos unha lembranza na misa os nosos compañeiros que nos deixaron Luengo, Justo, Chano e Charo.

Dende a capela fomos directamente o Hostal dos Reis Católicos onde aproveitamos o marco sensacional para facer esta e outras fotografías.

E aquí xa foi o remate do día, unha comida nada menos que no "Salón Real" , unha comida moi ben estudiada, e unhos agasallos moi ben pensados.

Previo a comida tuvemos unha charla sobre o "Salón Real" que nos puso en antecedentes da importancia histórica desta sala.

As mulleres recibiron unha rosa, detalle que se pode ver en primeiro plano e os membros da V promoción de Matemáticas un detalle en forma de "Pasa Páxinas" coa concha típica de Santiago e co texto grabado "Bodas de oro Matemáticas 1963-68".

Na fotografía o menú da comida e por riba o agasallo en forma de "Pasa Páxina" que levamos todos.

 

Ver as fotografías de estos eventos.

 

 

Volver.