Podría poñer centos de fotografías,
tamén unhas cantas solucións a esta desfeita por parte dos que gobernan,
a Xunta de Galicia, moitos proxectos, para sair do paso, pero nunca se fai nada,
polo menos nos últimos anos...un bulo máis...e os ríos desfeitos...
¡Sinto rabia e vergoña!
--o--
A última noticia, de setembro
de 2025, é que os ríos galegos vanse limpiar no ano 2025. Ó que demostra ó que estou a
dicir, non fixeron nada de nada dende o bipartito, que pouco lle
deixaron facer nos ríos, lembro que se habían inventariado todos os
ríos galegos, pero todo quedou nun caixón e seguramente na basura que
levan os mismos ríos; e desto xa choveu...
Anteriormente, anos entre 1970
e 2000 moitos ríos galegos quedaron moi tocados coas minicentrais,
que desfixeron moitos ríos en Galicia. Pero ese
foi outro tema.

Con esta sensacional fotografía do río
Arnoia en Allariz, da que descoñezo ao autor, o título da noticia é:
Allariz súmase a 50 concellos para
limpar os ríos
Participarán preto de 70 asociacións e concellos que mobilizarán
centos de persoas baixo o lema “Móllate polos ríos”
A noticia é de Bruno Losada e aparece no Diario La Región. o
día 09/09/25
Este é o link da noticia.
Comentario meu, sobre á limpeza de ríos:
Como concentración,
movilización e concienciación a favor dos ríos un dez. Ó saber que está
detrás Adega e o seu Proxecto Ríos e toda unha garantía
das tres cousas ditas. Polo tanto un dez, ou sobresainte que é o
mismo.

Na provincia de Ourense instaláronse 107
depuradoras? iguais as da fotografía. Unhas depuradoras de
barco, timo da estampita 1, ...deficientes, un timo, claro que é
peor non telas, e así
lles vai os ríos. Seica algúns foille ben o negocio...
Tamén instalaron outros depuradoras?, que non sei como
chamarlle, son como esta de grandes pero feitas de ladrillo
cementado por fora e dentro xoio levan area, a merda entra por
un burato e despois de pasar a area, que fai de filtro, vai directamente ao río.
Eu
chamaríalle o Timo da estampita-2. Teñen de bon que reteñen
sólidos. Cheiran bastante mal...
Polo demais Galicia está a pedir
unha limpeza dos ríos total dende fai moitos anos, pero unha limpeza que
aborde absolutamente todo, refírome a
detectar todo tipo de vertidos, depuradoras que non funcionen (timos da
estampita 1 e 2), eliminación de todo tipo de obxectos, e
por suposto, que toda a xente que
actue teña moitísimos medios e sabendo ó que fai.

Como poden limpar este río sin xente
especializada e sin medios. Pois como este río eu podría poñer
máis dunha ducia na provincia de Ourense e Pontevedra. Algúns
deles coutos de pesca.
Este tipo de limpeza non se está a
dar, seino xa que teño participado en moitas delas, xa fai anos, e
sínteste
indefenso ao detectar todo tipo de vertidos ao río,
centos de toallitas en por exemplo, vendo as depuradoras que son un engano, e non tendo medios
xa que hoxe no río atopas de todo e en calquera lugar do río; estou a
falar tamén do grave problema da enfermedade que leva por exemplo a centos de
amieiros que caen ao río e como se recollen? fai falta xente
especializada. Sei de boa tinta que este verán no norte de Galicia fíxose algunha limpeza de ríos con grupos contratados de xente,
eso está a convertirse nun negocio, e esa
misma xente, por certo con empresas relacionadas coa Xunta, conozo a varios que traballaron no tema, dicir que non tiñan medios e que tiraban para adiante
e listo.

Que facer ante un vertido calquera. Que protocolo
eficiente se aplica?
Outro exemplo, si na limpeza
detectamos un vertido como o da fotografía, habería que indentifica de
onde ben, quen ó provoca e eliminalo coa lei na man. Evidentemente esto non ó
poden facer nada máis que xente preparada.
Calquera limpeza que se faga nos
ríos debe pasar por uns pasos básicos, poño algúns deles:
Resulta básico un estudio do
lugar, buscando previamente os problemas que nos vamos a
enfrentar, mirando si hai vexetación ou maleza invasiva, árbores
caídos, etc. Esto dará lugar a seguir unha ruta de limpeza
estudiada planificando a ruta e levando os utensilios que
necesitemos. Previamente estará xa determinado o lugar para votar
a basura e desfacerse dela. Hai que
estar preparados para retirar de todo, e tamén como esta dito no
punto anterior tamén os elementos especiais.
Resulta importante estudiar a
fondo o tema si se detectan vertidos, esto necesita xente
especializada. O mellor sempre foi estudiar a calidade da auga
para detectar posibles contaminantes, identificar logo donde se
incorporar ao río e buscar as fontes do vertido e logo tomar medidas para que
os vertidos desparezan no futuro totalmente. Noutras palabras
abordar calquera problema de contaminación e poñer os medios para
eliminala.

Fotografía preparando nun río un punto claro
de desove das troitas
A limpeza pode requerir no
futuro plantación de especies autóctonas do lugar ó que necesita xente especialista nese campo. Tamén as veces unha
restauración do leito. Esto é moi importante pero leva a un
coñecemento da fauna e flora do río e eso é tamén para
especialistas. Lembro a preparar lugares, que estaban dañados,
para o desove das troitas ou simplemente buscar un lugar natural de
subida da fauna en pequenas presas; entre outras.
Como vedes a limpeza de ríos non é tan
doada de facer, xa que ten que haber xente especializada e con medios. A tarea é dificil e o tema require unha
dedicación especial de técnicos, un querer facelo da Xunta de Galicia e ter uns presupostos axeitados para facelo.
En Galicia non se fai ó anterior ata
as últimas consecuencias, a maioría das veces faltan recursos
económicos, a contaminación de moitos lugares, como na Limia en Ourense
e outros lugares da nosa terra,
presenta problemas de estudios e planificación, de descoñecemento, falta de conciencia, conflicto de
intereses con moitas empresas e corrupción. Hai contaminacións
galopantes que levan máis de trinta anos e non se resolven, a do Limia
xa dito o río Barbaña en Ourense e outros moitos.
Espero, para rematar este
artigo, que a iniciativa
do principio, de limpar os ríos galegos, chegue a tope a sociedade movilizando moita xente e concienciando a
outros. Da concienciación espérase que se pase ós feitos y se pida que
os ríos estén vivos.
A auga sempre foi o ouro do futuro...

Este sempre foi o meu lema básico...
As miñas páxinas, Ourense Natural:
broma ou realidade, e Os ríos galegos sempre loitaron
por uns ríos sans e polo tanto limpos; a miña mentalización sempre foi
total, xa que sei o tesouro que tiñamos; esto está víndose abaixo,
inda por riba cun cambio climático que está a afectar os montes e os
ríos dunha forma terrible, e que mete medo, por non dicir outra cousa.
Manter os
montes traballados e preparados no inverno e os ríos limpos, todo o ano,
e unha necesidade evidente... Non facelo vai a presentar no
futuro problemas moi graves...

Remato con esta fotografía de
Chandrexa de Queixa, concretamente do río Navea, que eu decía
que era "o meu río", onde se podía beber e bañarse no río,
pescar unhas troitas únicas e daba gusto ver a vexetación que tiña
en todo o río; hoxe nada de eso pode facerse... Hoxe queimouse casi
todo, e pasou a historia. Un día destos farei unha visita a estos
lugares marabillosos, pero para sentir unha solastalxia (1) incrible...Unha
mágoa.
Si cres que estos lugares e outros deberan conservarse
hoxe, para nos e toda a xente que veña despois de nosoutros, participa na
limpieza dos ríos e pídelle as autoridades que cumplan coa súa
obligación e se poñan as pilas...o desastre deste verán 2025 nós montes e seguramente tamén
nós ríos, coa cinza cando chova,
que non se volva a repetir...
O noso futuro non ten por qué ser negro
e non poder disfrutar do máis bonito da natureza na nosa terra:
os vales, os montes e os
ríos.
---o---
(1) O significado desta palabra
solastalxia, que inda non está aprobada pola R.A.G podedes velo no
meu dicionario fluvial, que xa vai por 1024+4 palabras,
pulsando este link (merece a pena velo).
(2) O significado real en
Galicia do que é escarallar un río.
Pulsar este
link.