© S. Lorenzo   

email.gif (985 bytes)

MiniCentrais: ¿ A quén benefician ?.

Actualizado o dia 26-10-99.

Minicentral da Hidroeléctrica San Miguel no río Tuño. Observa-lo caudal ecolóxico. Vergonzoso.

Participa no foro sobre minicentrais.

 

A miña primeira pregunta é ¿ a quén benefician as minicentrais ? . Gustaríame que alguén con autoridade me respondera.

Galicia é excedente en producción eléctrica, o 50% do que producimos exportámolo, non necesitamos esa fonte de enerxia.

Se as minicentrais son privadas,   ¿ que proveito saca o cidadan, único dono dos ríos e da auga. ?

Diranme que o beneficio é para o concello, que conceden millóns, dame a risa, 32 millóns para algúns concellos, para adecentalo. Tamén invitan a polbo ( 70 racións na festa en Prexigueiro por parte da empresa Gistra, unha vergoña....).

Por outra banda Fenosa e Iberdrola, sei de boa tinta, non están de acordo coa construcción das minicentrais, teñen que comprar a súa producción e sóbralles a propia.

¿ Como se come isto?.

¿ Como se pode compatibilizar a construcción das minicentrais e o Medio ambiente?

¿ Pode chamarse progreso a algo que mata ?

¿ Infórmase a xente dos persuizos que trae una minicentral nun río ?.

Non. Soio se fala do "desarrollo sostenible", da compatibilización da natureza e da súa explotación, pero estudíanse moi pouco os impactos, e o que é peor, A Xunta non mete man logo os que imcumplen as normas. Tdo se queda na casa.

Dende o punto de vista turístico ¿ interesan as minicentrais? . O que diga que sí minte. Paises como Francia e EEUU están a desmantelar as minicentrais xa que consideran mais rentable o turismo que produciría que os salmóns suban sen problemas polos seus ríos.

¿ Como é posible que un goberno, como a Xunta, que representa a tódolos galegos, permita este tipo de instalacións ?.

¿ Que informes emite Medio Ambiente, sobre o impacto destes  mostruos ?. Por suposto positivo en casi todos os casos e si non é así faise dimitir o responsable, como pasou en Ourense coa minicentral do Barbantiño..

Xa sei que previo a explotación faise un período de alegacións. Xa, ¿ e, quén se entera. ?. ¿ Que tipo de estudios de impactos se presentan?. Eu os que vín estaban copiados unhos de outros, lamentable.

riosviv.jpg (10083 bytes)

¿Téñense en conta os traballos que hai sobre as minicentrais ?: os da Universidade de Madrid, os de a Universidade de Santiago, o estudio recente de AEMS ríos con vida, onde claramente se fala de ata 50 impactos distintos nos ríos.

As minicentrais ¿ crean postos de traballo?. A resposta clara é non.

Sin dúbida a construcción dunha minicentral é un chollo  :é como si se monta un posto de vender caramelos diante dun colexio, o posto subvencionase e inda por riba regalanse os caramelos.  Os rapaces incharanse a mercar caramelos é un chollo. Cás minicentrais paso o mesmo , veña subvencións da UE, veña da Xunta, e inda por riba auga e ríos gratis........

 

Recentemente en Francia e en Cataluña proliferan empresas que có negocio das minicentrales prometen o 200% da  inversión ( esto ata saliu na prensa e é de dominio público) . Trátase de auténticas mafias das minicentrales, que aseguran todo, a inversión, a subvención da UE, a recompra da energía, o levar a cabo as minicentrais, o río, en fin .... todo..... ¿ Qué mafias de estas, operan en Galicia ?.

Las minicentrales que son la muerte de los ríos ¿ son una mafia?.

¿Por qué a Xunta, que teóricamente debe defender ós galegos, non investiga o anterior? ¿ Por qué a Xunta que debera estar enterada do anterior permite e incita ás empresas a montar máis e máis minicentrais?.

Fago estas preguntas, xa que as minicentrais que coñezo perxudican e desgracian totalmente o río e esto é incuestionable. Polo tanto non entendo ¡¡ a loucura das minicentrais!!. Únicamente entendo todo o negocio como unha forma de gañar diñeiro a costa do que sexa.

 

Soio vexo unha explicación : os cartos .

Pobre razón para esnafrar a Galicia.

 

salir.jpg (1925 bytes)