Ourense Natural

"Ourense Natural"  é un magnífico libro sobre a provincia de Ourense.

Son autores: Jose Dominguez ( os textos)  e José Antonio López Matínez ( as sensacionais fotografías).

Trátase, sen lugar a dúbidas dun canto a beleza da provincia de Ourense,  en base a unhas fotografias sensacionais. O libro está editado pola  Deputación de Ourense e pódese atopar nas librerías. Merece a pena.

Na  fotografía, parte da Portada do libro onde se observa a Fervenza do Barbantiño.

Por certo dito rincón, incomparable, está ameazado de morte por unha Minicentral que se xa está construida neste momento, febreiro do ano 2000. Sin dúbida a minicentral, estropea o lugar turísticamente e ademais  elimina o frezadeiro das troitas que suben do Miño ( este está esnafrado xa que hai moi pouca corrente no río ) . As  pérdidas ecóloxicas e turísticas  son cuantiosas. Un desastre mais, que xustifica o título de este WWW. É broma.

Os autores, moi pronto, terán que cambear o nome do libro ...

Efectivamente a minicentral xa está en funcionamento , xa deixou o río sin auga, morrendo centos de troitas, eu teño probas fotográficas e a policía autónoma a denuncia. Algunhos dicen que bueno, que a fervenza ten auga, dende logo o 10% do que ven na fotografía. Un desastre...

Non estou de acuerdo con esta minicentral, trátase, dunha empresa privada, ENGASA S.A: usando un ben público que é o río Barbantiño e inda por riba esnafrando unha beleza natural incríble. Os Ourensán non recibimos un can...

Algún día haberá que reivindicar o que tiren esta minicentral, xa se está a facer en Francia, Alemania e EEUU con algunhos desastres similares, e inda menores... por que díganme Vds. ¿ Onde desova a troita do río Miño ? en Ourense...si saben a resposta díganma, estou francamente preocupado... xa xei que os donos de ENGASA S.A.  non ...

 

salir.jpg (1925 bytes)

Our4.GIF (54149 bytes)

Nota importante:

En Abril de 1999, xa está en funcionamento a minicentral. Xa quedou seco completamente o río e así foi denunciado a Medio Ambiente. É vergonzoso o que pasa en Ourense cós ríos.

En febreiro do ano 2000 non soio afirmo todo o anterior si non que me reafirmo en que a situación é moitísimo máis grave que fai dous anos.

Os minicentraleros campan as súas anchas en Galicia.  ¡¡ Estamos perdidos !!.  SOS