Volven as minicentrais a Galicia.

Ó parecer a Xunta actual do P.P. có  Sr. Feijoo e Agustín Hernández ó frente, queren poñer en marcha 31 minicentrais que había parado o bipartido.

Personalmente non me colle de sorpresa o  P.P. estando por medio o Sr. Agustín Hernández, o que posibilitou o desastre do encoro do Umia...eu xa mo esperaba...

O interés que sempre tuvo o P.P. nos 16 anos de mandato Fraga y que pode ter agora polos ríos galegos, solo vai en función do bolsillo, ou sexa,  é nulo.

             ¡Pobres ríos galegos!.

Minicentral do Limia. Este río quedou estragado para sempre...

1.- Noticia do faro de Vigo. 31 minis. 09/11/2009

2.- Pero que é unha minicentral?

3.- Informe da Universidade de S.C. en contra.

3.- Quen é o Conselleiro de Medio Ambiente.

4.- Minicentrais:  unha vergoña.

5.- D. Quijote e Sancho asustados en Galicia.

Atópome  triste:  despois de 14 anos de loita polo mismo, e que sigan machando os ríos, non teñen perdón...

 

salir.jpg (1925 bytes) Slir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

D. Quijote en Galicia. Agosto 2004

No  dibuxo as minicentrais do río Limia en Ponte Linares, a del río Deva en Quintela de Leirado, unha das tres do río Tuño, a minicentral impresentable do río Deva na Cañiza e outros xigantes que están deixando os nosos ríos  (en Ourense-Galicia) para tirar con eles.. Non me estraña que D. Quijote vexa xigantes, realmente o son para un río pequeno.

Esta páxina agradece a Sancho a precisión; ademáis, esta páxina espera dende fai anos que os galegos se den conta de que  ¡NOS ESTÁN A ROUBAR OS RÍOS!. Esto o escribía no 2003. Hoxe no 2009 sigo opinando o mismo,  e máis que nos van roubar agora co goberno outra vez do P.P.

D. Quixote volveu o  Xacobeo en agosto do 2004 e xa veu a choiva de estrelas das minicentrais: nos ríos ULLA, LEREZ, VERDUGO, ARNOIA, OUTES, XALLAS  e un longo etc.

Agora no 2009 queren arrasar o río Arnego entre outros...

Minicentrales aprobadas en agosto do 2004. DOG de agosto.

"Adeus ríos, adeus  regatos pequenos...."...sin dúbida  Rosalía foi visionaria no seu tempo e metafóricamente falando  visionaria actualmente no 2004... e no 2009

Río Limia. Minicentral de Ponte Linares. Ourense.

Estou convencido, rematarán cós  ríos, alí onde se poida poñer unha minicentral porana, e rematarán co río sin miramentos...Dalles igual, seica son enerxía limpa e renovable. Menudo conto...

En Ourense están para o arrastre, en moitos tramos,  os ríos: Barbantiño, Bubal, Cardelle, Barra, Tuño, Deva, Cadós, Arnoia, Limia, Cerves, Edo, Leira,  Cernado,  San Miguel entre outros.  E inda lles parece pouco... 

 

IMPORTANTE

O Consello de Contas de Galicia nun informe de Xestión do ano 2000 pon a caldo as minicentrais  promovidas pola Xunta de Galicia, naquelas gobernaba o P.P.,  decindo claramente que son un atentado os nosos ríos e que non hai necesidae de ningún tipo de instalalas.

Pouco caso ou ningún fixo daquelas a Xunta a este Consello de Contas xa que sigue tirando pola senda do desastre.

Tamén a Universidade de Santiago de Compostela fixo un estudio moi bon demostrando o desastre que fan as minicentrais nos ríos galegos. Nin caso...

Ver este informe do Consello de Contas.

¡Os nosos recordos !

Río Limia, antes da minicentral. Un río sensacional. Hoxe defenestrado a partir dese lugar. O couto de pesca de  de Ponte Linares é unha  auténtica pena no ano  2004. ¡Desastroso!.

salir.jpg (1925 bytes) Volver.