GALICIA ARDEU NOS VERÁNS DE 1998- o 2005.  ¿ QUEN QUEIMOU OS MONTES ? . 

GALICIA VOLVE  ARDER UN ANO MÁIS

A fotografía é da queima de montes en Cataluña. Pero o bosque arde igual en tódolos sitios.

1 Ha. = 1 campo de fútbol.

Agosto 2004: arderon 43.500 campos de fútbol.

Agosto 2005: arderon 48.477 campos de fútbol.

n_star.gif (2841 bytes)Galicia ardeu en 1998. Foron 42.000 Ha. Crónica e opinión dos incendios. Seguimento.

n_star.gif (2841 bytes)Galicia volveu arder en 1999. Foron sobre 20.000 Ha.  Seguimiento.

n_star.gif (2841 bytes)Galicia volve arder no 2.000. Sobre 80.000 Ha. Un desastre ecolóxico incríble.

n_star.gif (2841 bytes)¿Que pasou nos 2001- 2002-2003- 2004 e 2005? Para chorar.

¡¡¡ A política contra incendios, un desastre, imposible facelo peor...!!!

¡Por fin! Problema resolto no 2004.

Tamén no 2005 problema resolto: ata o 2006.

salir.jpg (922 bytes) Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALICIA ARDEU EN 1998. ESTE FOI O MEU PUNTO DE VISTA.


A REALIDADE : ESTAMOS QUEIMANDO GALICIA CADA VEZ MÁIS.
---------------------- -----------------------------------
O POSITIVO: QUE NON VOLVA OCURRIR.
---------------------- -----------------------------------
A SOLUCIÓN: POÑER OS MEDIOS  Ó LONGO DO ANO. FACER UNHA BOA SILVICULTURA. PREVEÑIR.

 

DECIR QUE O DIA 15-09-98  CHEGARON AS CHOIVAS : O MELLOR APAGADOR DO LUME. GRACIÑAS.

 

Según A XUNTA : ESTUVEMOS Á CABEZA EN EFICACIA DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS.

( Resulta cando menos curioso e dende logo moi sospeitoso, que estos "triunfalismos" coincidan cás maiores virulencias dos incendios.)

 

A NOTICIA NON TUVO DESPERDICIO, COMO TÓDALAS  DA XUNTA, O MALO É QUE OS GALEGOS " DE A PÉ" SABEMOS QUE ESO NON É CERTO E DÓENOS.

Galicia tamén ardeu por moitas razóns que non se comprenden

cuadrito.gif (147 bytes)  Os "mal nacidos": despois da típica borracheira, os que cobran por queimar, os asasinos ( xa morreron algúns que se dedicaban a apagar o lume).

cuadrito.gif (147 bytes)  Os pirómanos que en tódolos sitios existen, en Galicia ó parecer hai 12.000 persoas, eu diría "personas enfermas" que estarían dispostas a queimar o monte, según unha encosta. Un 0.4% que é bastante siñificativo.

cuadrito.gif (147 bytes) Os descuidados que non saben máis ( en Galicia mal que nos pese hai moito " badoco ambiental" ).

cuadrito.gif (147 bytes) Os loucos que soio pensan en si mesmos, meto neste apartado os  "tolos envidiosos do veciño". Tamén "os tolos que prenden lume por revanchas".

cuadrito.gif (147 bytes) Os accidentes fortuitos: os nenos trastes que xogan, a queima de rastroxos, etc.

cuadrito.gif (147 bytes) Os aproveitados ( logo aproveitan a madeira e volven a  plantar especies que crecen rápido: pinos e eucaliptos, esto interesa sobre todo ás industrias papeleiras). Esta razón cóstame creela, non hai ningunha base para facer esta afirmación.

cuadrito.gif (147 bytes)   As empresas que se dedican as repoblacións ( canto máis se queime máis ganancias teñen). Razón que tamén me costa creer. ( Esta razón foi esgrimida polo B.N.G. có que culpa á Xunta directamente.)

cuadrito.gif (147 bytes) Últimamente fálase de grupos políticos radicais. Razón que tamén costa creer.( Esta razón foi esgrimida polo grupo de Novas generaciones del P.P. sin dúbida para poñela enfrente da razón anterior.)

cuadrito.gif (147 bytes) Tamén se fala de grupos indiscriminados que están en contra do plan forestal, concretamente das especies que se están a plantar piñeiros e eucaliptos e caeron no fanatismo e queiman estas especies.

( Tanto uns como outros deberan ter probas do que dín, xa que é moi grave. Seguro que non as teñen e entón convírtense en impresentables.)

cuadrito.gif (147 bytes) Fraga incluso aporta a influencia do Neno. Si con elo quere facer referencia ó cambio climático, vale.

cuadrito.gif (147 bytes) Del Álamo, Conselleiro de Medio Ambiente, afirma que a eficacia do servicio de extinción provoca ós pirómanos forestais.

O problema é que estamos desgraciando a nosa terra, os nosos famosos bosques, os nosos incríbles ríos. Estamos rematando con todo.

Os incendios na nosa comunidade está sendo un auténtico negocio.

No fondo, é triste o que vou a escribir e non deixa de ser unha opinión compartida por moita xente, pero:

Os bosques arden e os ríos  estropéanse  xa que aparentemente non nos van ó bolsillo, non rematamos, dunha vez por todas, de ver esta gran riqueza como, o noso auténtico futuro.

Non vemos, ademáis, que á longo plazo o incremento destes incendios, reduce os nosos bosques e traerá unha maior virulencia de fenomenos naturais, como as crecidas dos ríos, maior calor, etc.

Realmente a nosa formación ambiental deixa moito que desexar. Somos, inda que nos doa moito decilo "badocos ambientais", aparte hai " moitos asasinos soltos".

Nota 1: dícese que as grandes crecidas actuais de China son consecuencia directa da desforestación salvaxe que padeceu nos últimos anos.

Nota 2: Neste sentido comparto a opinión do Profesor Pérez Vilariño quen no seu libro ¿ Por qué arden os Montes ? dice: "O corazón dos incendios é económico. Só arde aquilo que non se coida. E non se coida aquilo que non resulta rendible coidar.... sendo a matriz que xera o incendio : a emigración, o abandono de terras, o envellecemento da poboación e a falta dunha estructura de producción e prevención mínimas... Todo iso conduce ó abandono progresivo do bosque pola súa falta de rendibilidade e a imposibilidade de atendelo".          

NON HAI DEREITO, SON  A NOSA VIDA, É UN  TESORO QUE TOMAMOS PRESTADO DOS NOSOS FILLOS E QUE DEBEMOS ENTREGAR INTEGRO OU MELLORADO. XA  ESTÁ BEN.

É IMPRESCINDIBLE QUE NOS XUNTEMOS TODOS CONTRA O LUME.

 

CLARO QUE Ó PARECER MEDIO AMBIENTE  BÁSTASE SOIO. VIVIR PARA VER.

VEXAMOS MÁIS ABAIXO OS DATOS: 

 

 

ARDEU OURENSE NO MES DE AGOSTO  E POR SUPOSTO ARDEU GALICIA, INDA QUE A XUNTA DIGA QUE, TRANQUILIÑOS  QUE SOMOS OS PRIMEIROS EN EXTINCIÓN ...DE VERDADES.  

                   

Incend3.jpg (83783 bytes)

 

Este mapa de incendios é ata o dia 25 de agosto, hai que engadir o Parque Natural do Xurés ( con 6.000 Ha. queimadas, fontes oficiais falan de 3.500 Ha. e ademáis restan importancia a este incendio xa que dicen ardeu moita zona de pedregais e poucas árbores, en primaveira estará arranxado ¿? ) , zonas do Parque Natural do Invernadeiro, zonas de Chandrexa de Queixa, zonas da Ribeira Sacra, en fin:

ARDEU OURENSE  POR  TÓDOLOS SITIOS.

Incend9.jpg (27804 bytes)

( Na foto do diario La Región,  vese  a zona do Xurés afectada polo lume e   completamente calcinada, cun aspecto desolador. Según Prado Verdeal, responsable de Medio Ambiente de Ourense, a maioría é unha zona de pedregais, en primavera estará recuperado ?¿ )

Última hora : os alcaldes da zona piden se declare Zona Catastrófica o Xures.

 

( O lector convén que teña unha referencia, 1Ha. aproximadamente equivale a un campo de fútbol.

É decir lévanse queimado aproximadamente a extensión correspondiente a 42.000 campos de fútbol).

 

Outros lumes de agosto en Galicia:

 

A Coruña Lugo Pontevedra
Zona do Barbanza

Nebra ( Porto do son)

Caamaño ( Porto do son)

Palmeira ( Ribeira)

Torea Sestallo ( Muros)

Cerres (Muros)

Abelleira ( Muros)

San Mamede ( Carnota)

Berdolla ( Vimianzo)

Chea (Dumbría)

Zona do Caurel

Quiroga.

Torrón ( Taboada).

Garballido ( Guntín).

Zona de Samos (03-09-98).

Zona del Incio  ( 03-09-98) .

Zona de Redondela e Lalin.

Araza ( Soutomaior)

Borela (Cotobade)

Caritel ( Ponte Calcelas)

Meavía ( Forcarei)

Fomonde ( Cerceda)

Datos oficiais da queima de Montes en Galicia. Estos datos foron presentados polo Conselleiro de Medio Ambiente Carlos del Álamo o día 15-09-98:

Fonte consellería de Medio Ambiente:

Inceof.jpg (37801 bytes)

Según o Conselleiro Carlos del Álamo : " este verán non ocurríu ninguna catástrofe no monte"

Sen comentarios...

 

A oposición fixo a Medio Ambiente, e o plan INFOGA as seguintes críticas:

cuadrito.gif (147 bytes) Obscurantismo. cuadrito.gif (147 bytes) Pasividade. 
cuadrito.gif (147 bytes) Demagoxia. cuadrito.gif (147 bytes) Incompetencia.
cuadrito.gif (147 bytes) Falta de previsión. cuadrito.gif (147 bytes) Falta de Medios.
cuadrito.gif (147 bytes) Improvisación.   cuadrito.gif (147 bytes) Triunfalismo.
cuadrito.gif (147 bytes) A súa visión economicista do monte. cuadrito.gif (147 bytes) Unha política Forestal de desastre.
cuadrito.gif (147 bytes) Soio se dedicaron á extinción, non á prevención. cuadrito.gif (147 bytes) Baixísima cualificación das brigadas municipais.

 

Estou dacordo con todo menos cóa pasividade, a Xunta non é pasiva no tema de incendios de bosques, comprobeino persoalmente. A xente do   S.D.C.I.F. que se dedica a apagar incendios "chapeau", traballan moi duro. Dende esta páxina a miña máis sincera admiración a toda esta xente. ¡¡ Moitas Gracias!!.

"La hora de entrada es real, la de salida depende de los "hijoputas" " dice José Luis P. Veleiro nun artígo aparecido no diario La Región baixo o títuo " INCEN-DIOS QUE CHOVA". Sigue dicindo noutro párrafo "Ya no es cuestión de dinero, es de fe. Es la lucha contra la inconsciencia".

Tamén oín de alguén, que me merece toda a confianza, un comentario que a Xunta tería que investigar: apagando os incendios hai brigadas do S.D.C.I.F. que traballan a tope e brigadas aportadas polos Municipios ( que ó parecer cobran moito menos que os anteriores) que deixan bastante que desexar.

Queda dito. Realmente é unha noticia moi grave.

Noticia confirmada por CCOO.

"Critican a baixa cualificación das brigadas municipais, xa que se contrataron por criterios políticos", seguen afirmando " estas brigadas fan de todo menos traballos de extinción, pois en algún caso é prioritario poñer o palco o dia da festa ou arranxa-la entrada a un veciño pra conseguir o seu voto".

Son brigadas de formación nula, persoas que a Xunta non contrata por non reuni-las condicións de formación ou aptitude física necesarias. Pero si contratan os Concellos e logo os mandan a apagar incendios e cobra o Concello.

Vergonzoso que en todo esto se gasten 7.000 millóns de pesetas. Galicia é única. Esto é un auténtico despilfarro.

O peor é que resulta ineficaz.

Fueg3.jpg (34336 bytes)

( O fin de semán do 23-08-98 ardía Ourense, por tódalas esquinas. As fotos están tomadas en Valilongo, cerca de Castro Caldelas, na Ribeira Sacra. O lume era increible e daban gañas de chorar).

O remate, moito triunfalismo político e moi poucos resultados e mentras tanto " GALICIA ARDE" . ¡ Ei Carballeira !  decimos os galegos nas festas. Neste caso o grito é de indefensión e tristura.  Para chorar.

Mentras, noutras Comunidades,  resólvense estos temas de forma conxunta cun pacto entre tódolos , Medio Ambiente, asociacións ecoloxistas,  asociacións veciñais, sindicatos , etc.

En Galicia,  Medio Ambiente está "soio ante o perigro" , chámase autosuficiencia, eu chamaríao " ignorancia" e así nos van as cousas.

Galicia arde e arde ano tras outro.

A tan "cacareada política de éxito sobre os incendios" en Galicia é un desastre. Os seus procedementos a decir de moitos especialistas básanse  NUNHA EFECTIVIDADE QUE SE MIDE SEGÚN QUE CHOVA OU NON CHOVA.

 

O que debe quedar claro é que esta política actual, non é nin boa ni suficente, xa que os montes queímanse un día si e outro tamén.

Hai que porlle remedio xa e que non volva ocurrir.

¿ Que se pode facer ?.

Para mín, ciudadán  de a pé, esta é a miña opinión ( non son profesional do tema pero as cousas son triviais):

 cuadrito.gif (147 bytes) A clave está na PREVENCIÓN: unha boa silvicultura : limpeza e cuidado dos montes todo o ano. Eso é a prevención xunto cunha mentalización esmerada do que sigñifica o monte, tanto a nivel das escolas como a nivel xeral.

" O incendiarismo soio se cura có dialogo, o acuerdo e a didáctica social" é do máis sensato que levo oido estos días e débese a Manuel V. Sola da Voz de Galicia.

cuadrito.gif (147 bytes) Profesionalización da xente que se dedica á limpeza de montes. Con dedicación exclusiva todo o ano ós temas da Natureza.

cuadrito.gif (147 bytes) Aumento da plantilla ( con profesionais preparados previamente y cualificados, por suposto non os que presentan os Concellos, que non deberan ter parte, xa que a política  funciona moi mal neste pais.) no mes de agosto que é cando se producen o 90% dos incendios ( despois de recoller as colleitas. Curioso). Estos deben estar ás ordéns dos anteriores.

cuadrito.gif (147 bytes) Deixar de ve-los montes dende o punto de vista economicista e retocar profundamente o plan forestal, axustandou ás necesidades galegas.

Según o Conselleiro de Medio Ambiente : "Limpiar o monte é inviable, costaría 200.000 millóns cada 3 anos".

¡¡¡ Srs. da Xunta pónllanse a traballar xa, pra que o ano que vén teñamos un verán sin incendios.!!!

"O clima político de Galicia segue sendo máis proclive a falar de incendios cando os hai, que a explorar solucións pra que non teñamos lumes."

Manuel V. Sola. La Voz de Galicia.

 

GALICIA NO VERÁN DE 1998 ESTUVO EN ALERTA ROXA TANTO NOS SEUS MONTES COMO NOS SEUS RÍOS.     UN DESASTRE ECOLÓXICO DE PRIMEIRA MAGNITUDE.

 

Ya está bien de ver estas imágenes. Todos contra el fuego.

 

Tal como foron as cousas, no futuro pronto teremos que cambiar o himno galego:

"Que din os rumorosos nas costas verdecentes.....".

Porque xa non quedarán pinos (rumorosos) nin as costas serán tan verdes...

        Juan A. Iglesias ( Caracas 27-10-89)

 

¡ GALICIA VAI  BEN ! ...é broma.

¡ GALICIA DEBE IR MELLOR! ...debera ser unha realidade.

 

Año 2010 : ¡ Mira, esto era un bosque de castaños !.

 

Noticia resumen para cerra-lo ano de incendios 1998:

Según Medio Ambiente galego (28-12-98):

"A nosa actuación nos incendios merece as valoracións máis positivas dos técnicos e especialistas na materia en España e fora de España".

"Temos superado os tempos da catástrofe, existe un avance patente".

Os incendios non foron para tanto:

" Soio se queimóu un 1.14% de superficie arbolada,  un 72% dos incendios foron de terrenos de menos de 1 Ha e soio un 2.2% de terrenos de mais de 25 Ha."

 

O meu Comentario:

Si cerramos o ano con estos triunfalismos "Deus nos colla confesados en 1999".

¡¡ Non aprendemos !!.

         Unha boa www sobre os incendios e as suas causas.

salir.jpg (922 bytes)   Saír.                        flecha.jpg (1051 bytes)  Subir.  

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

INCENDIOS EN GALICIA NO 2001 o 2005.

 

O desexo mellor para Galicia no 2001 e 2002. Que sexa un bon ano. Que non teñamos incendios forestais... Sinceramente, estou asustado de como pode haber un galego ou non galego que queime o noso monte, e estou asustado de tanta incompetencia con tanto despilfarro no tema de incendios. Nono entendo...

O meu seguimento dos incendios no 1998 - 1999 y 2000 non me deixa lugar para a esperanza. Sinto de verdade.

Repito, por o ben de Galicia e dos nosos bosques ¡¡ A nosa vida arde tamén co monte!!!. Realmente para chorar...

Xa pasaron dous anos o 2001 (outro desastre total para Galicia) e o 2002 (un auténtico caos).

A política contra incendios...Arde Galicia totalmente...penoso.

O 2003 foi malo e o 2004 é caótico e demencial.

No 2005 máis caótico.

 

Ve-los datos resumen (oficiais) dende 1989 ata o 20 de setembre do 2001.  Ve-los datos resumen  dende 1989 ata o 15 de agosto  do 2002 (tamén o 2003,  2004 e 2005). 

  flecha.jpg (1051 bytes)  Subir.