O ANGUIEIRO  2000: MOITAS TRABAS.

Efectivamente foron moitas as trabas que Medio Ambiente puso para a XUNTANZA DO ANGUIEIRO simplemente unha reunión de xente preocupada polo tema onde COTO DO FRADE enseñou que é o que realmente pasa coas anguías que queren subir en Frieira e non poden.

Efectivamente vimos malas caras, moitas trabas, engaño coa baixada permitida ( había estado toda a noite aberta a comporta do encoro e a anguía non había subido,  era imposible ) polo tanto sin anguías, no lugar onde estaba permitido baixar.

Unha vergoña auténtica.

Neste sentido encádrase o  email emitido por COTO DO FRADE O DÍA 30 DE AGOSTO E QUE REPRODUZCO EXACTAMENTE:

 

 

Hoxe, 29 de Agosto, estivemos en Frieira por mos de presenciar o acto simbólico dos representantes de unha asociación ourensá que pretendían recoller as escasas mostrass de anguías que consiguen chegar alí despois
de tanta rede e depredación. Pois ben, os gardas de medio ambiente estiveron
  alí na presa antes de que chegase ninguén, convocacdos como estábamos para as 11 da mañán. Eles, en contra da súa costume estaban alí antes que nos.
Non había anguías na humidade, seguramente porque as retiraron antes.
Denuncio:
1º.- O feito de que sexa necesario axudálas a remontar como naturalmente pretenden é unha deixación de responsabilidade do organismo medioambiental, Confederación Hidrográfica ou Consellería de Medio
 Ambiente, ámbalas dúas obrigadas pola ley de Pesca a expedientar a quén
non emprega os medios de protección da fauna no caso de aproveitamentos eléctricos, sexa a súa concesión anterior ou posterior a data de vixencia da ley.

 2º.- Ainda que o apartado anterior non se comprise, por prazos, burocracias o calquera outra argallada incomprensible coa que nos despachan inexorablemente, reclamo o dereito a manifestarme tal e como me parezca oportuno, e protesto porque un acto de cidadán de ben, como é a captura de peixes en dificultades para facilitarlleles a subsistencia sexa dificultado precisamente por aqueles organismos que deberían vixiar porque as devanditas dificultades desapareceran.

 Así pois rogo que no sucesivo, cando calquera cidadán actúe en defensa do que a Administración non pode ou  non quere mollarse, dita Administración no poña obstáculos para que esa  labor sexa minimizada, desposuida de contido con maniobras de molusco como en esta ocasión sucedeu. Porque as animaladas ou se corrixen, ou se deixan corrixir, ou se permite que se proteste con toda a forza e posta en evidencia que os promotores da protesta conquiran.
As actuacións distractorias da opinión pública feitas polos responsables de danos son unha porcallada que se traduce na conclusión de que os gobernantes non son mostra representativa do pobo administrado, senón bastante mais porcos.

 

Volver.