|

Os
científicos da Universidade de Santiago publican un manifesto en
contra das minicentrais que se están a facer en Galicia . O título
"En contra da febre das minicentrais" |
| |
|

José Antonio Dorado. Empresario
da construcción ( Ourense)
"Sempre estiven en contra das
minicentrais, porque só gañan cartos uns cantos en detrimento do
resto dos veciños. É un negocio rodado, pero está provocando un
gran dano nos nosos ríos."
|
|
--o--
|
|

Manuel Rivas ( Escritor)
"Los ríos gallegos más que
embalsados van camino de estar embalsamados......" |
|
--o--
|
|

Xosé Bergantiños. ( Escritor)
"Acércome moi alporizado, e xa dende cerca podo ve-la maior das aldraxes
que se lle pode facer a un río. Resulta que como o muro está en construcción,
teñen que darlle saída a auga, e fano por .... un tubo de ferro duns oitenta centímetros de diámetro. Eu dígovos que é unha afronta moi grande meter
toda a fermosura dun río por un cano enferruxado..." |
|
--o--
|
|

María Ameixeiras. Estudante.
"As veces pregúntome ata ónde chegarán con todo isto
porque non creo que o noso entorno poida soportar tanto, pero eso é precisamente o que pretenden, esprimilo ata que
rebente. Qué máis lle ten a eles que os seus fillos non sepan o que é un río ou un bosque autóctono, se total xa teñen garantido un futuro suculento, unha boa herencia, a
cambio de roubarlles a súa herencia a todos os demáis fillos da
Natureza..." |
|
--o--
|
|

Juan Jose Moralejo. Catedrático.
Juan Moralejo escribe na Voz de
Galicia e xa leva escrito moitos artigos sobre as minicentrais.
"Sin hacer ascos a toda cuanta maxicentral se
deje caer en el papo, Santa Minicentral de la Maxidesgracia tiene un audaz proyecto de retirar a los
gallegos a vivir en outeiros y curutos, pues todo cuanto valle y terreno bajo admitan hormigón que pare la
corriente del agua serán inundados para que el caudal se reconvierta en
capital. y para que sus devotos no consideren demasiado aburrida la liturgia, Santa Minicentral les tiene
preparada una broma graciosísima, que se llama caudal ecológico..." |
|
--o--
|
|

P. Bergantiños ( A nosa Terra).
"Perxudican á dinámica fluvial, a fauna, a flora, a pesca e
outras actividades socioeconómicas. Incluso poden cambiar o ecosistema do río..." |
|
--o--
|
|

Fran Ameixeiras ( Coordinadora
antiencoro do Umia)
"Tarde ou temprano os políticos galegos daranse conta que si non
cambian os seus modos, o pobo informado pasaralles factura por tanta desfeita e arbitrariedade..."
--o--
|