NOMBRE PROPIOS : GRANDES PESCADORES DE OURENSE.
Nota importante: nesta relación figuran, na miña opinión, grandes pescadores de Ourense, por suposto os que coñece o autor da páxina, ou ben escoitou falar deles. A relación tería que ser ampliada... Pido de antemán perdón, xa que seguro faltan outros grandes pescadores da provincia .
Máis de trinta anos no río...
Portela. Manuel Portela.
Daniel . Daniel de la Región
Felix Felix Valeiras.
Prego Alberto Prego.
Paco Paco de Molgas.
Fábrega. Antonio Fabrega.
Menos de trinta anos no río...
PESCADORES DE HOXE:
Sen dúbida o mellor que vin, como pescador, na miña vida. Auténtico deportista, física e técnicamente, xamais lle ví meter na cesta unha troita que non daba a medida, era exquisito co río. Completo como pescador : cebo natural, culleriña , tralleo cunha soa mosca ( nesta especialidade moi galega, pero pouco coñecida, era e segue sendo un auténtico especialista), mosca con boia, con peixe vivo cando estaba permitido... Un fenómeno. Campión varias veces no campionato Internacional de Ponte Caldelas, é incrible, sempre gañaba un ano tras outro.
Manolo Portela pescando unha troita no Avia, con traxe e corbata. 1970. Seguramente en plan demostración...
Para mín un mestre ao que rendo pleitesía. Foi o meu mestre de pesca en Ribadavia, xa fai máis de corenta anos e compartín con Portela moi boas xornadas de pesca. Un manitas facendo canas, plumas, ata para o salmón e todo tipo de aparellos. O que se di un pescador completo.
Os seus coñecementos de "lectura do río" eran impresionantes parecía que vía as troitas antes de pescalas, algo único.
Gracias Portela pola túa amizade, a túa sabedoría e os bos intres que pasei aprendendo contigo. Sei que en Santiago aínda segues ao pé da brecha. Un saúdo e unha gran abrazo do teu alumno, compañeiro e amigo.
Para mín Daniel, cando o coñecín, chamábase "Daniel de La Región", xa que traballaba nesa casa ( hoxe xa fai anos que non traballa nesa empresa).
Un pescador mítico da Provincia de Ourense. Cincuenta e tantos anos a pé de río; desde os seis anos no río. Daniel pescaba nos ríos de Ourense: o río Miño, o río Lonia e o río Barbaña e Barbañica entre outros. Cando era rapaz e ía ao instituto, ao entrar ás dez, xa tiña moitas veces tres ou catro quilos de troitas pescados no río Barbaña, hoxe unha cloaca. Nas súas vacacións íase á zona de Viana onde facía unhas pescatas incribles no río Bibei, conta que en moitas ocasións, cada troita daba unha media de medio quilo.
Hoxe non vai de pesca xa que está en desacordo coa persecución que se aplica sobre os pescadores honrados e por contra , a benevolencia que se ten cos autenticamente desaprensivos. ( La Región 29 abril de 1994).Daniel afirma: "que o que falla é a Administración , somos 25.000 pescadores, só en Ourense, e se nos unimos podemos lograr grandes cousas ". Pensa que se en Frieira e Castrelo Fenosa puxese escalas , o Miño sería sen dúbida o mellor coto de España ".
A Daniel coñecino unha tarde de verán, pescando no río Arnoia en Pontegrande, seguro que el non se lembra do noso encontro, ese día pescaba ao saltón e estiven un intre aprendendo; que mestría e que eficacia. Unha marabilla que nunca esquecerei.Hoxe somos amigos e vémonos moitas veces paseando preto do Parque Barbaña.
Nota: o día 29/01/2019 publica no diario La Región un artígo Chicho Outeiriño, no apartado Deambulando, sobre Daniel González. Este artígo vouno poñer integramente.
Dicir Paco de Molgas en Ourense, falando de pesca, é refirirse a un pescador mítico na Provincia. Para a nosa xeración Paco e Daniel son o máximo. Pescador de cebo natural, preferentemente, as súas xornadas cóntanse por éxitos no río e del cóntanse auténticas lendas.
Sei que era e é un gran pescador e desgraciadamente non puiden nunca compartir xornadas de pesca con el; gustaríame, sempre se aprende dos mestres...
Recentemente, o día 30 de marzo do 2007, vino en TV2 no programa "Jara y Sedal" pescando ao saltón, que mestría, que saber facer, que lectura da auga, que eficacia; unha marabilla. Por suposto confirmar o que xa sabía e había escoitado...
Desde esta páxina www un saúdo Paco , con todo agarimo.
Hilario, cunha boa troitada do río Arnoia (oito troitas o cupo do río). Eran tempos.... Para esta páxina web é o pescador ideal, o prototipo no que se deberan ver os pescadores galegos deste novo milenio que comenza. Defensor da legalidade, e defensor dos nosos ríos...
Daniel González: pasión por el río.
Daniel González con cuatro buenas capturas.