...
Máquina de afiar. ¡ Ourense Terra da Chispa ! © S.L.F. espa.gif (2151 bytes)
salir.jpg (1925 bytes) email.gif (985 bytes) 19-03-02.
Ourense Natural :  A  limpeza.

 

 

Aquí iba pondo

no seu día de 1998

ata o 2002 as

felicitacións

aos Concellos

que o facían ben.

Aburrinme.

 

Toma nota dos consellos que aparecen a dereita. É importante, os ríos galegos están a desaparecer como ríos vivos.

Colaboran a que non morran.

Repaso esto no ano 2026 é sinto pena.

O deterioro dos ríos

foi galopante en Galicia.

Salvo nalgunhas cabeceiras de ríos os resto todos os ríos teñen problemas, algúns morrendo ou xa mortos...

 

 

    

 A auténtica ledicia é que se comece, dunha vez por todas,  a tratar globalmente os problemas que afectan os ríos da  provincia. Dende esta folla WWW iremos felicitando a todos aqueles concellos ou   grupos de persoas  que realmente acometan un labor de coidado e limpeza do entorno dos seus ríos  dunha forma drástica e efectiva. De momento en marzo do 2002 faise moi pouco polos ríos galegos. A Consellería de Medio ambiente lávase as mans e deixa facer e mal, moi mal...

boton.gif (453 bytes) Axuda ná limpeza dos ríos. Colaboura.

boton.gif (453 bytes)Cando vaias ó monte leva unha bolsita e trae pra casa tódolos desperdicios. Mantén o monte e os ríos limpos.

boton.gif (453 bytes)Cuida o teu entorno e que tamén os teus amigos o cuiden.

boton.gif (453 bytes)Cando observes un vertido, denuncia. Chama ó telefono verde da Xunta de Galicia, é a única forma de cuida-los ríos. (Creo que, o teléfono, hoxe non existe)

boton.gif (453 bytes)Cando observes unha central ou minicentral que non deixa auga no río denuncia. Chama ó  telefono verde da Xunta de Galicia, é a única forma de cuida-los ríos. ( Non terás contestación, non fan nada, pero polo menos seguro que se enteran. Creo que hoxe non existe)

boton.gif (453 bytes)Cando observes calquer anomalía no río e no seu entorno mándame un e-mail. As cousas hai que coñecelas. Xa me encargarei de denuncialo.

Esto decía no ano 1998.

Sigo mantendo os consellos anteriores e reitero os seguintes, pero sobra que vos diga que estou moi desilusionado coas actuacións en materia de natureza en Galicia, non se mira para os montes, os incendios é a proba e non se mira para os ríos. Suscribo plenamente esta frase dun entendido que patea o monte e os ríos dende fai moitos anos:

"...A situación dos montes e dos ríos de Ourense é de cancro con metástase. Xosé Santos Otero.

Os do resto das provincias siguen unha liña similar.

Seamos un poco positivos:

Sigue ademáis estos consellos. Pulsa este link.

Grazas Xesús García Tobío por darlle pra diante a esta xoia de video, que se debera poñer o curso que ven 2026-2027 en todos os centros de ensino de España:

Mira este video e aprende como se fai noutros paises.

 Poucas cousas para ser optimistas en Galicia cós ríos:

Ben feito nos ríos.

 

salir.jpg (1925 bytes) Sair.

 

 

Consellos para disfrutar mellor das nosas excursións á natureza.

     

  • 1. Formar parte do espectáculo: non dalo.

     

  • 2. Ó único que non ten o seu lugar apropiado é a túa indiferencia: o maior basureiro.

  • 3.Somos ó que ollamos: en consecuencia nada do que nós rodea é peor que nosoutros mismos.

  • 4.Todo ó que te acompañe ten que voltar ao lugar do que procede.

  • 5.Nada do que vexas quere cambiar de residencia: deixao onde está.

  • 6. A tú lexítima curiosidade será moito maior si non desperta o temor, a fuxida ou  abandono de quenes residen, todo o tempo, alí onde tú estás de paso.

  • 7. Si te dilúes no escenario mellora a representación. Non destaques nin pola vestimenta, nin polo ruido ou a torpeza.

  • 8. Actualmente nada, absolutamente nada,  xustifica que encendas un lume nunha área boscosa.

  • 9. A maior parte das indicaciones dos gardas, lugareños e propietarios,  teñen o  aval da experiencia e o seu amor ó lugar que visitas.

  • 10. Contemplar enseña dez veces máis que buscar e cen veces máis  que perseguir.

  • 11. Colecciona emocións. Son máis frescas cás imáxenes.

  • 12. Cando ó mires lembra que tamén te está mirando.

  •  
  • Nota: Estos consellos están tomados dunha conferencia dada polo escritor e ecoloxista Joaquín Araujo Ponciano. Suscribo plenamente os doce puntos,  que ademáis me parecen marabillosos. A tradución ao galego é miña

  • Esto escribía no ano 2002.

  • Manteño ó mismo no ano 2026.

  •