Especial río Tins en Outes (A Coruña).

1º Río con declaración de dereitos e compromisos en España

¡Un exemplo a seguir!. (Escribe Secundino Lorenzo)

 

Río Tins. Fotografía do Concello de Outes.

 

Primeiro veremos onde está o río Tins, para elo poño un mapa para situalo en Galicia, na provincia da Coruña e na río de Muros e Noia, por certo un lugar moi querido polo que escribe, unha zona marabillosa de Galicia.

 

O Concello de Outes,  por onde pasa na súa maior parte o río Tins. O mapa está sacado do  tomo 18, entrada Outes,  do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Ano 2009.

 

 O mapa está sacado do  tomo 18, entrada Outes,  do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Ano 2009. Neste caso están as parroquias. Este mapa permite perfectamente situar o río Tins cando máis abaixo diga polas parroquias que pasa.

 

No mapa, sacado do "Atlas de Galicia"  editado por Hércules de Ediciones, aparece a Ensenada do Engano e o río Tins; o mapa chámao río Tines.

 

Mapa xeral da desembocadura do río Tambre e na parte esquerda o río Tins e a Ensenada do Engano e por suposto o comenzo da Ría de Muros e Noia. Está sacado do Google Earth.

 

Río Tins. Fotografía do Concello de Outes.

 

 

Vexamos como é o río Tins.

 

O primeiro río de España con dez dereitos claros e 14 compromisos e que dentro de poucos anos será unha auténtica marabilla.

Un exemplo que deberan seguir todos os concellos de Galicia, polo menos, e que fará que conservemos os nosos ríos nas debidas condicións. Unha reivindicación pola que levo loitado toda a miña vida, por certo sin éxito...

 

 

De momento poño unha fotografía da Ponte da Serra. Descoñezo ao autor da misma. Non descarto facerlle unha visita nos próximos meses.

 

O río Tins, tamén chamado Tines ten unha lonxitude de 12 km e a súa conca é de 45 km. Nace na parroquia de Chacín (Santa Baia), concello de Mazaricos, provincia da Coruña. Atravesa o concello de Outes polas freguesías de Valadares (San Miguel), Matusueiro (San Lourenzo), Outes (San Pedro), Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente), Entíns (Sta. María), Tarás (San Xián) e Roó (San Xoán), xa na ensenada do Engano.

A dirección predominante é noroeste-sueste, ten unha lonxitude preto dos 12 km e salva un desnivel duns 400 m.

 Os  afluentes máis importantes son o Río Vao da Casa, o río Santabaia, o río Lantarou e o río Nosiño. Desemboca no esteiro do río Tambre, na ensenada do Engano, formando un amplo esteiro; moi preto de onde desemboca o río Tambre. Ou sexa na río de Muros, na provincia da Coruña, en Galicia (España).

Fraga do río Nosiño, un afluente do Tins que ten un recorrido curto de grande interese ecolóxico e paisaxístico no que se atopan as fervenzas de Santa Locaia.

A fotografía está sacada do libro "Os ríos de Galicia" editado por A Nosa Terra, e dos autores  Manuel Núñez, Adela Leiroe Mon Daporta.

 

Fervenzas de Santa Leocadia, na parroquia de Chacín, no concello de Mazaricos e no río Nosiño, afluente do Tins. A fervenza principal, como se ve, ten dous brazos que caen dende 6 m. de altura en granito de grao fino. Seguindo máis arriba hai máis, nunha carballeira ben conservada.

A fotografía está sacada do libro "Augas caídas"  editado por A Nosa Terra, e dos autores  Víctor Manuel Caamaño,  Xoán Collazo, Adela Leiro, e Isaac Pontanilla. Un fantástico libro.

 

Fervenzas de Chacín, no río Santabaia, no Concello de Mazaricos. a fervenza máis destacada ten máis de 10 m. de altura en rocha de gneis, e rodeada dun bosque de ribeira ben conservado.

Esta fotografía está sacda do mismo texto que a anterior.

 

 

Por certo na desembocadura, onde se combina a vexetación de estuario coas chairas lamacentas e areosas, inclúese no Lugar de Importancia Comunitaria de Esteiro do Tambre. É de réxime pluvial oceánico.

Fonte deste texto tomo 25 do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Ano 2009.

Engadir ao dito que o río Tins ten troita e reo entre outros peixes. A súa vexetación primitiva e a base de amieiros, freixos e carballos entre outras árbores. O parecer hai moitos eucaliptos plantados...

 

Esteiro do Tins. Ensenada do Engano e comezo da ría de Noia. A fotografía está sacada dende o alto de Tremuzo; situado a só tres kms. de Outes, que  é a cota máxima do concello con 500 m.s.n.m. A vista é marabillosa.

A fotografía está sacada do libro "Os ríos de Galicia" editado por A Nosa Terra, e dos autores  Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.

Unha vez máis dou as grazas os autores deste libro, por citarme na bibliografía. Un honor...

 

 

Vexamos como queda amparado o río Tins.

Son 10 dereitos e 14 compromisos.

Pulsando nela podedes ler esta declaración

 

 

Links básicos:

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. PDF Coa lei de declaración de dereitos do río Tins.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos.Enlace ao concello

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Outros enlaces do Concello.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Historia de Outes.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Concello de Outes.  Os ríos.

 

Especial:

 

Hai xa moitísimas cousas feitas, como a plantación de freixos que se realizou na semán do 17 o 24 de febreiro de 2024. Descoñezo ao autor da fotografía.

Plantación de freixos. Descoñezo ao autor da fotografía.

 

Tamén reunións e foros para tomar decisións para o proxecto.

 

Link a esta web para ver ó que xa está feito e facer un seguimento:

 

 

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Renatur-Outes. (Renaturalización fluvial do río Tins).

 

 

Río Tins. Fotografía de Marcos Creo.

 

 

A declaración do Concello de Outes sobre o río Tins  na prensa de España, ver tres exemplos:

 

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. elDiario. es.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. El Pais.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Voz de Galicia.

 

Apareceren tamén notas por exemplo no diario Pueblos e tamén en Europapress.

 

 

Ponte da Serra. Río Tins.

 

Videos da zona:

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Paseo por Outes.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Paseo fluvial del río Tins. Outes.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. Paseo fluvial del río Tins en dron.

 

Rio Tins ou Tines. Fotografía de Masmar.

 

 

Ferramentas ás que botar man

 

Para rematar, quero facer un ofrecemento do meu traballo sobre os ríos de Galicia, que poden axudar ou complementar no futuro esta gran idea. O meu ofrecemento forma parte da gran ledicia que sentín por esta idea marabillosa que tuvo o Concello de Outes e que espero sirva como exemplo para moitos outros.

Miña máis cordial noraboa e un abrazo a todos os que fixestes posible esta gran idea.

Secundino Lorenzo Fernández.

Esta é a miña contribución:

 

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos.  A vida nos ríos galegos.

 

Actualmente vou polas 900 +2 palabras.

¡Espero as vosas palabras, as utilizadas polo río Tins e a zona,  para incorporalas a este dicionario!.

Mandai ó que queirades, serán atendidas e incorporadas todas.

Este é o meu email

 

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos.  Dicionario ilustrado dos ríos galegos.

 

 

 

Nota: por suposto está web está aberta a todo o que queirades, videos, traballos etc. Non tendes máis que envialo o meu email. Gustaría colaborar nesta gran idea.

Xa era hora de tomar os nosos ríos en serio e facer cousas que os beneficien.

 

 

Esta página quisiera mostrar la abeja, pero enseñando la flor. La provincia de Ourense es maravillosa, pero está muy abandonada.

 

Luchar por unos ríos vivos, no muertos, está es la razón de la www.

¡Por uns ríos vivos!

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos.

¡Así deberan estar os ríos gelegos!

Dibuxo de Fran Ameixeiras. Río Umia en tempos...

 

 

 

espa.gif (2151 bytes)   Salir á O. Natural cast. 

 

  Saír á O. Natural galeg. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Declaración institucional do concello de Outes sobre os dereitos do río Tins.

 

 

 

 

 

 

 

 

Podeis ver el texto como pdf pulsando este link.

Conocer la vida de los ríos es una forma de amarlos. PDF Coa lei de declaración de dereitos do río Tins.

 

Volver ao principio.