SIGUE A VERGONZA DO ENCORO DO UMIA.
¡¡ AS OBRAS DO ENCORO DO UMIA TEÑEN QUE PARAR XA.!! POR XUSTICIA.
Na foto de Capotillo ( Voz de Galicia) , do dia 29-10-99 a coordinadora do "encoro do Umia" fai público o auto do Tribunal Supremo que obliga a devolve-las terras. Unha victoria para a Natureza galega.
UNHA VICTORIA DA COORDINADORA ANTIENCORO DO RÍO UMIA:
UN DÍA HISTÓRICO PARA A NATUREZA GALEGA: O tribunal Superior de Galicia, nun novo auto do día 25-10-99 non admite os alegatos esgrimidos polos abogados da Xunta e da empresa Cortizo Hidroeléctricas. Unha victoria da Coordinadora antiencoro do río Umia en Caldas.
En poucas palabras: fálase xa de sentencias e oblígase á devolución das terras ocupadas polo encoro ós veciños.
A plataforma antiencoro da un plazo dunha semana á Xunta para que paralice tódalas obras do encoro do río Umia.
DENDE ESTA PÁXINA PIDO QUE SE APLIQUE A LEI E SE PAREN AS OBRAS.
¡¡ UN GRAN DÍA PARA A NATUREZA GALEGA!!.
ENHORABOA A COORDINADORA ANTIENCORO DO RÍO UMIA POR ESTE FEITO HISTÓRICO, NO MEU NOME E EN NOME DOS RÍOS GALEGOS.
Nota engadida o día 03-11-99: Espero que se cumpla coa Xustiza, de tódolos xeitos xa sabemos como as gastan os constructores de centrais e minicentrais así como a Xunta. As obras siguen e as leiras estanse pagando, según as noticias que me chegan, os precios que queren os donos.Apareceu recentemente na prensa que a Empresa Cortizo Hidroeléctricas , que será a que explote a central eléctrica, está facendo "amables visitas" na zona e agradece ó mismo tempo a "boa disposición dos vecinos da zona" para que colaboren no gran proxecto hidroeléctrico. Vivir para ver.
Deixar ben claro : que hai propietarios que se negan a vende-las terras e se negarán sempre, a pesar das suculentas ofertas.
Según as miñas noticias, os tratos que Cortizo Hidroeléctricas dice ter coa Comunidade de Montes de San Andrés, que é a propietaria da maior parte do monte donde se construe o muro da presa e o tunel da central, é tamén ilegal xa que esta empresa fixo un acordo coa directiva da Comunidade de montes, sin consultar esta directiva os comuneros, que son os verdadeiros donos do monte, e que tiñan , ante este tema que facer unha asamblea, como é perceptivo e legal e nona fixeron. Máis de 20 veciños manteñen una denuncia contra o presidente desta Comunidade de Montes por tomar unha decisión a toda luces ilegal.
En fin que o tema cheira mal, moi mal.
Son consciente de como é actualmente o medio rural, cunha población envellecida, baixo empleo, baixos ingresos, abandono do campo..... en fin o caldo idoneo onde as actitudes que xa pensábamos estaban erradicadas se perpetuan.
Esperemos acontecementos e esperemos que se cumpla a lei, por riba de todo.
AS COMPORTAS DO ENCORO DO UMIA CHEGARON O DÍA 24-11-99 CON AUTÉNTICA NOCTURNIDADE.
¡¡ TODO UN EXEMPLO DE LOITA !! As catro da mañan do día 24 de novembre os veciños de Caldas, Cuntis e Moraña estaban nas inmediacións do encoro do Umia agardando o vehículo especial que transportaba as comportas do encoro.
"Una vergonza, unha manobra con nocturnidade para evitar que estivesemos alí".
Sobra decir que facía un frío moi grande.
Por suposto tamén estaban as forzas de seguridade da Garda Civil, que foron recibidos con frases como:
"Estades protexendo os ladróns"
"Tapádevos ben, que non se vos vexa"
.. ..
CHEGAN AS COMPORTAS. As comportas llegaron as seis da madrugada, por suposto protexidas polas forzas de seguridade.
A portavoz da Plataforma anti-encoro Paloma Fernández mostrou onte a indignación veciñal polo vertixinoso avance das obras do encoro.
"Estou convencida de que, unha vez instaladas as comportas, a empresa paralizará os traballos, a espera de que se pronuncie o TSXG".
"De non existir este movemento veciñal o encoro xa estaría rematado"
"O único que se está construindo é o muro da presa nunha parcela, pero as máis de 2100 leiras que restan por ocupar para estradas e obras complementarias non poderán ser utilizadas ata que o supremo se pronuncie respecto do contencioso que anulou o decreto da Xunta sobre a expropiación urxente".
![]() |
Cuiñas asegura que o encoro do Umia
evitou unha maior riada.
Fraga manifesta o día seguinte o mismo na Tvgaita.. Ó parecer o encoro acumulou 564.000 metros cúbicos de auga, o redor dun 10% da súa capacidade e evitou desta forma a inundación de Caldas de Reis. Noticias de este tipo resultan un tanto incríbles, máximo cando se lles da a publicidade que se lle deu. A TVGA ( o que se coñece co nome de TVGAITA por suposto deulle unha gran publicidade). Dende logo son afirmacións moi serias, que polo ben de Caldas de Reis espero non se volvan na súa contra, refírome en contra do Sr. Cuiñas e por suposto do Sr. Fraga. O feito é que o encoro inda non esta inaugurado, pero xa ven Vds. salva a Caldas do peor. Sin máis comentarios. O de Caldas de Reis está resultando incríble a todas luces e a teima da Xunta , xunto coa empresa Cortizo Hidroeléctricas está resultando unha historia incríble. Certo que se moven miles de millóns, pero a actitude da Xunta, o silencio de Medio Ambiente e otras cousas esta xerando unha historia que aínda haberá que escribir e analizar. En principio hai un auto xudicial que revoca a decisión anterior do Tribunal Superior. Ó parecer a empresa Cortizo alega que dispón xa de todo o monte comprado ( sabemos de boa tinta que algúns propietarios inda non venderon nin venderán, pero a Xusticia neste país é así). Esperemos acontecementos. |
er esp.
OUTRO ESCÁNDALO NO ENCORO DO UMIA.
![]()
Este escándalo, UN MÁIS, é de Xuzgado de Garda, nunca mellor dito.
A Coordenadora antiencoro de Caldas así o denunciou no Xulgado nº 2 de Santiago.
O TSXG ( tribunal superior de xusticia galega) tamén recibiu o citado documento.
Descúbrese un documento dun departamento da Consellería de Medio Ambiente que contradí á Consellería de Política Territorial. Neste documento asinado polo Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta, "condicionanse o comenzo das obras do aproveitamento hidroeléctrico do Umia a un informe previo perceptivo que debera dar a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente natural". Resumindo : o día 2 de novembre non se podían empezar as obras. Según Calidade ambiental.
O documento entra no Concello de Caldas o día 2 de novembre e as obras xa comenzaran o día 22 de setembro.
As obras xa comenzaran o dia 22 de setembro por orden do Sr. Cuiñas.
Comentario: este documento e outras formas de actuación da Xunta no encoro de Caldas de Reis cheira A PODRIDO.
Pedimos Xustiza.