COMUNICADO DA COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

Xusticia co Encoro do Umia. As obras deben parar xa e votalas abaixo.

"O  ESTADO  DE DEREITO  E  A  XUNTA"

Cartas ó director de la Voz de Galicia do día 08-01-2000

 

   Supostamente estamos convivindo nun Estado de Dereito, no que tamén supostamente existen unhas normas de conducta para todos. Así, cando calquer ciudadán ten un conflicto e acode ós Tribunais ten que acatar o que este dispoña. Igualmente, a conducta dos ciudadáns, a súa libertade de acción, ten un límite moi definido : o interexe xeral, xa que nun Estado de Dereito " prevalece o interese de todos sobre o do individuo", ¡ Que bonito queda no papel! . Pero resulta que a cruda realidade é outra e ben diferente.

   No ano 1995 tivemos coñecemento de que a Xunta de Galicia quería facer un encoro. A primera pregunta foi ¿ para que ? . A Xunta dixo nun principio que era "porque había sequía no Salnés ......." . Despois engadiron que de paso tamén se ía a regular o río, cando o seu propio anteproxecto di claramente que o encoro non soluciona as inundacións de Caldas porque estas teñen a súa orixen na confluencia nos ríos Bermaña, Chaín e Follente ó seu paso por Caldas. ¿ Sería entón para regar o albariño da zona? . Pois non; resulta que é para aproveitamento hidroeléctrico.

   Tanto ten o que digan os de Caldas, Cuntis e Moraña; tanto ten que o terreo presente problemas de firme; que os veciños de Caldas queden en perigo para sempre; que se arruine o río e o seu entorno; que os informes do expediente sexan fraudulentos ou que as augas termais poidan resultar afectadas. En Biescas morreu moita xente e non pasou nada e en Aznalcóllar estiveron a piques de arruinar un parque natural pero aínda non apareceron os responsables.

   Temos dúas sentencias que ordenan a devolución das terras porque o procedemento utilizado pola Xunta foi ilegal. A Xunta ( cos cartos de todos nós) recurre ó Supremo pero mentres tanto segue coas obras alegando que estas sentencias non son firmes pero non hai contestación para as nosas preguntas: se o Tribunal Supremo tamén nos dá a razón ¿ Que vai pasar coas obras xa feitas?. Se o Tribunal dixo que as obras non eran urxentes ¿ por que continúan? ¿ Como se permite utilizar desa maneira á Garda Civil contra os veciños ? ¿ Quen protexe ós afectados ? .

   A resposta só pode levarnos ó inicio deste escrito pero cunha afirmación totalmente distinta : o Estado de Dereito non é para todos. Os poderosos están por riba do ben e do mal e poden interpretar eles mesmos as sentencias dos tribunais.

¡ E aínda se permiten dicir que é polo interexe xeral!. Encoro non.

                                               Coordinadora Anti-encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

salir.jpg (922 bytes) Volver.lver e