SIGUE A VERGONZA DO ENCORO DO UMIA. O DÍA DE FINAL DE ANO : PAUS.
![]()
Según a Xunta as obras do encoro estarán concluidas esta primavera.
Sin dúbida a Xunta & Cortizo soio teñen a forza e por suposto a Garda Civil.
Os veciños de Caldas, Cuntis e Moraña teñen a dignidade , a razón, o máis importante.
Paus e impotencia para os donos lexítimos das fincas ou propiedades que non se venderon. O regalo da Xunta&Cortizo para o ano novo :PAUS DABONDO.
Os veciños alí foron, acompañando o dono da finca e cando intentaba entrar na súa propiedade, a Garda civil fai unha carga con empuxóns , caidas, xente maior tirada polo chan pisoteada..... unha verdadeira traxedia que algunhos medios de comunicacións non contaron.
Moitos choros de rabia, moitas contusións.
A Garda Civil como nos mellores tempos, con frases como "A ti te voy a partir la cabeza" ,etc........
Ante todo este desastre, que na miña opinión, xa fai tempo que debera rematar, aplicando Xustiza, presentouse:
1.- Denuncia contra a Garda Civil por una actitud que califícase de innecesaria e desmesurada.
2.- Denuncia, unha vez máis, a Hidroeléctricas Cortiza por suposta expropiación ilegal.
3.- Solicitar a Titular do Xuzgado de Caldas a adopción de medidas cautelares para evitar a continuación das obras.
Según a Coordinadora , a Xunta &Cortizo " sáltanse trámites que por lei hai que seguir, xa que non hai actas de ocupación".
Noticia da Voz de Galicia do 06-01-2000.