Videos sobre o encoro do Umia.

¡¡¡Especial!!!

Resistencia o encoro do Umia.

 

A Razón como defensa.

 

19/05/2012

41:02 minutos

Crónica da loita que a veciñanza do Umia vén sostendo contra a imposición do encoro de Caldas.

Sensacional video que nos permite entender perfectamente o que pasou co encoro de Caldas, o que está pasar e o futuro que ten este encoro.

O título diceo todo deste gran video.

 

Especial

Microdocumento sobre o encoro do Umia

7:48 minutos

12/05/2015

Pulsar este link.

Video de 7:48 minutos moi ben feito e que merece a pena visionar.

Micro documentario dirixido por Laura Casal sobre a presa construída no río Umia á altura de Caldas de Reis. Un desastre medioambiental e unha resposta social impresionante.
Técnicos: Alejandro Álvarez, Patricia Campos, María Barcón e María Aneiros

 

   
   
Así eran as inundacións fai anos.

1987

1:43

 

Links do video:

Protección Civil de Caldas.

FUENTE TELEVISION DE GALICIA - DANIEL SEIJAS FACEBOOK - PALCO DE ESTRELAS

Inundaciones en Pontevedra e Caldas de Reis

06/01/2011

 

Pulsa este link
Publicado el 9 ene. 2011

LAS INTENSAS LLUVIAS CAIDAS DURANTE VARIOS DIAS , PROVOCARON EL DESBORDAMIENTO DE RIOS EN LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

 

Peche comportas do Encoro do Umia

24-03-2001

12:47 minutos

Pulsar este link.

O 24-03-2001 co peche das comportas do encoro da Baxe no rio Umia, ilegalidade, prepotencia e barbarie consumaron a desfeita dun rio e a ameaza permanente para a seguridade e a saude dos pobos da conca do rio Umia augas abaixo. Para a historia quedan... autores, complices e continuadores

 

Publicidade da Xunta de Galicia  logo de pechar o encoro.

01/08/2012

8:17 minutos

 

No ano 2001, logo de ter consumado o asasinato do río co peche do Encoro do Umia, a Xunta do PP con Fraga e Cuíña á fronte remite este vídeo a todos os fogares das parroquias da contorna para xustificar a construción da presa contra a oposición xeralizada dos veciños e veciños.
O video é un panfleto demagóxico e propagandístico que imaxina as supostas bondades do novo encoro e deseña unha paisaxe idílica logo do investimento de máis de 500 millóns de pesetas na zona. Non escatima en mentiras nin en proxectos grandiosos. É un insulto á intelixencia e unha mofa a todos os que loitaron contra a construción do encoro, pero sobre todo, a aqueles que defendían as mentiras da Xunta e que asumían miserablemente a violación do río en prol das falacias e dos intereses do Partido Popular.
Máis de dez anos despois, nada do prometido (agás unha ponte) se fixo realidade. A situación do encoro é de contaminación por microcistina e abandono total, aínda que segue a engulir inxentes cantidades de fondos públicos que buscan alternativas á única solución posible: a demolición.

 

O encoro cheo de microcistina.

A morte da fauna e o peligro grave de beber esa auga contaminada.

14:08 minutos

CITVG

Link do video.

A microcistina, está demostrado, afecta as persoas que a beben xunto coa auga contaminada de varias formas. Por suposto na pel o bañarse e o bebela afecta o figado e o intestino

Encoro do Umia.

A auga que bebemos

 

23/10/2010

07:38 minutos

Video poñendo en cuestión a auga que se bebe, e pedindo solucións xa.

Cortegada TV.

 

Microcistina na cola do encoro de Baxe.

1:17 minutos

26 /06/2011

Link do video

 

Publicado el 26 jun. 2011 por Xesús Rguez.

Esta é a concentración de microcistina na cola do encoro do rio Umia frente o lugar de Herves parroquia de Troans no concello de Cuntis o 24-06-2011, a Conselleria de Medio Ambiente oculta, non publicando no SIAM, o dato sobre a concentración de microcistina nesta zona.

Nota importante: agradecer a Xesús Rguez. estas denuncias. Está claro que a Xunta de Galicia queré poñer silencio a esta desfeita.

A seguir Xesús, con estos mentireiros que pagamos todo é a única forma de actuar, demostrando o que ocurre in situ..

 

Cortiza de Eucalipto no encoro do Umia para paliar o efecto da Microcistina

1:40

15/07/2011

Link do video

Video de Xesús Rguez.

Publicado o 15 julio 2011
 

Proceso de preparacion da cortiza de eucalipto para colocar no encoro da Baxe no rio Umia contaminado pola microcistina. Un despilfarro de 344.333 euros que non garantiza a eliminacion da microcistina que contamina a auga do encoro e do rio umia do que se fan as captacion para abastecimento da poboacion dos pobos da comarca do Salnés

 

Encoro de Caldas

As candongas do quirombo.

2:18 minutos.

10/08/2011

Links do video

Video en Vimeo

DO MAR E OUTROS LADRILLOS
Duración: 2'18''
Música:O Pindo de PELdeNOZ
Gravación e montaxe: As Candongas do Quirombo
Idea, Guión e Produción: Asoc. As Lobeiras e As Candongas do Quirombo
Licenza: Creative Commons Recoñecemento, Non Comercial e Non Derivados
Xaneiro 2013.

O trabalho Encoro de Caldas de As Candongas do Quirombo foi licenciado com uma Licença Creative Commons

 

 

Microcistina no encoro do Umia

1:32

26/11/2011

Link do video

Video de Xesús Rguez.

Publicado o 26 nov. 2011

Este rematando o mes de novembro e a microcistina segue no encoro do Umia apesares dos 344.333 euros que estan gastando en cortiza de eucalipto para acabar con un problema que se agrava.

390.000 euros para compensar o encoro de Caldas de Reis.

8 minutos

13/09/2013

Links do video.

Un ano máis Agustín Hernández, que non perdeu as mañas de "mentireiro", o famoso das erratas do proxecto,  afirma que as cianobacterías é un tema controlado e que o encoro de Caldas funciona perfectamente.

O tempo pon a cada un no seu lugar...

 

 

Inundaciones Caldas de Reis

I parte.

13:42

Marzo 2001

Links Video primera parte.

Canal Gusyvego.

EL video dice tiene 46 minutos, pero solo es visible hasta 13:42.

Pero merece la pena, es un documento histórico sin lugar a dudas.

Inundaciones en Caldas de Reis

Links de la segunda parte.

Inundaciones en Caldas.

06/01/2014

0:51 minutos

Links del Video

Rey Herves.

Día de Reyes 2014. Puente de Caldas de Reis.

 

Inundaciónes en Caldas de Reis.

08/01/2016

1:56 minutos

Links del video

UrbenX forgotten.

Visita a la cascada de Segada. Una locura... Espectacular.

Vamos a una cascada cercana a mi pueblo en plena riada. El rio en mi pueblo esta altisimo ahora mismo, ha llovido durante una semana y las predecciones dicen que no va a parar pronto, Esperamos una inundacion ya que el rio esta a su maxima capacidad en Caldas de Reis y con las lluvias que vienen es posible que desborde.

Inundacións en Caldas de Reis

09/01/2016

1:05

Link do video

Imáxenes das inundacións de Caldas de Reis do 09/01/2016, unha das moitas.

Lembrar os internautas as promesas e afirmacións dos paretidarios deste encoro como Fraga, Cuiñas, Hernandez e outros moitos entre os que están algúns alcaldes como Tobio, afirmando que esos problemas estaban resoltos.

Decía Celso Emilio Ferreiro:

"Camiñante mexa aquí"...

 

Embalse "encoro" de Caldas de Reis

4:23 minutos

04/07/2017

Links do video

Holamigente 25.

Comentario meu:

Vista do encoro pra riba e pra baixo. Momento no que están colocadas, parece, as cortizas de eucalipto, que se recoñecen non fixeron gran cousa.

O video aporta unha visión da parte de abaixo, ata onde se recolle a auga que se bebe no Salnés.

A música, francamente boa, anima a ver este edefesio de encoro que espero lle quede pouco...

 

!!Última hora¡¡

Situación crítica no encoro de Caldas pola abundacia de cianobacterias.

2:16 minutos

Canal Rías Baixas.

03/09/2018

Link do video

Publicado el 3 sept. 2018

O embalse de Caldas atópase, un verán máis, en estado de alerta pola proliferación de cianobacterias. Sanidade instou xa ó goberno local a alertar sobre o risco para o baño. Dende o concello, os catro grupos municipais veñen de crear un comité de crise para reclamar solucións: pídenlle á Xunta que asuma as súas responsabilidades. O alcalde cualifica de ‘crítica’ a situación do encoro.

 

 

Caldas reclama unha actuación integral no Umia para rematar co problema da cianobacteria

10/09/2018

2:13 minutos.

Link do video.

 

Publicado el 10 sept. 2018

A Xunta envía unha mensaxe de tranquilidade sobre a situación do río Umia. A Delegación Territorial acolleu esta mañá unha reunión de traballo co comité de emerxencia de Caldas, e quixeron disipar calquera dúbida sobre o consumo de auga nos municipios que se abastecen do río. Así as cousas, o concello manterá un encontro con Augas de Galicia para reclamar investimentos que rematen coa problemática da microcistina.

 

 

flecha.jpg (1052 bytes) Volver  o Umia      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VIDEO DA TVGA SOBRE A MICROCISTINA              

 

 

                       

 

flecha.jpg (1052 bytes) Volver  o Umia