A XUNTA ACTUAL NON DA SOLUCIÓN A
AUGA DO ENCORO DO UMIA. O PROBLEMA SIGUE. OCTUBRO DO 2010



Tratamento no Parlamento do Problema
O P.P. condena o encoro do Umia.
Ante o
debate que sobre a situación do río Umia que
tivo lugar hoxe mércores (27/10/2010) no
Parlamento Galego, ADEGA e a Plataforma pola
Defensa do Umia queren manifestar:
1. Alédanos escoitar que tamén o
grupo de goberno amósase preocupado pola salubridade da auga potable
de Caldas de Reis: non podería ser doutra maneira dun grupo de
goberno no que (a marxe de demagoxias sobre o que fixo ou deixou de
facer o bipartito) descansa a responsabilidade (organismo autónomo
de Augas de Galiza) de asegurar a calidade de auga do río e a
responsabilidade (Consellería de Sanidade) de garantir que os
concellos poidan subministrar á cidadanía unha auga potábel con
todas as garantías de salubridade.
2. Tendo en conta o anterior, indígnanos
escoitar as propostas que, dende o PP se ofrecen para solucionar o
grave problema da proliferación explosiva de cianobacterias do
xénero Microcystis aeruginosa nas augas do encoro de Caldas.
É certo que esta contaminación non é específica
do encoro de Caldas, que dase tamén noutros encoros como no de As
Forcadas en Valdoviño ou no de Belesar na bacía do Miño. Mais temos
que recordarlle ao grupo de goberno (e ao propio goberno da Xunta)
que, no caso do encoro de Caldas,
a) estamos ante un encoro financiado
integramente con cartos públicas coa xustificación de garantir o
abastecemento público de toda a comarca do Salnés;
b) e estamos ante un aproveitamento
hidroeléctrico que, a maiores de todas as ilegalidades que o mesmo
TSXG ten recoñecido en sentenza do 2002 anulando a declaración de
utilidade pública, está absolutamente supeditado ao abastecemento
público. Así consta na declaración de utilidade pública; na
Declaración de Impacto Ambiental do encoro e na Declaración de
Efectos Ambientais do aproveitamento hidroeléctrico: “A concesión
non comprometerá de nigún xeito a calidade das augas en función cos
usos asistentes augas abaixo desta". Así o manda tamén a Lei de
Augas que dispón que o abastecemento público ten absoluta prioridade
sobre calquera outro uso (incluso sobre os usos ambientais) e así o
estabece a Directiva Marco da Auga ao esixir que os plans
hidrolóxicos poñan a súa prioridade na calidade auga (máximo cando
se destina á potabilización) e na calidade dos ecosistemas fluviais.
Xa que logo, non pode haber escusas: recuperar a
concesión e abrir a o encoro para que o río volva a fluír libremente
é a única medida efectiva que pode tomar unha administración cunha
mínima sensibilidade pola xustiza e pola lei e cun mínimo de sentido
común.
3. Dende ADEGA advertímoslle ao grupo Popular
que estamos ante unha situación de emerxencia para a saúde pública
pola contaminación por microcistina contra a que, como demostran as
análises de auga que o Concello de Caldas ten publicado na súa web,
de pouco serven os filtros de carbono activo, ou a oxidación con
ozono, ou nen sequera a dilución con auga procedente da ETAP de
Vilagarcia. Calquera pode ver que nestas análises o nivel de
microcistina na auga da billa chega a 0,5 microgramos por litro,
nível altamente preocupante por canto é unha toxina con comprobados
efectos de bioacumulación e indutora de tumores. E pódese comprobar
tamén que, apesar de tan "sofisticado" tratamento con carbono activo
e oxidación con ozono, a auga de Caldas resulta SANITARIA E
LEGALMENTE IMPOTÁBEL (o seu pH de 5,2 está moi por baixo do pH
neutro de 7 e tamén moi por baixo do nivel legal permitido ( 6,5 )
no anexo II do Decreto 140/2003 sobre calidade da auga potable.
Tampouco o grupo Popular debera esquecer que
trátase tamén dunha situación de emerxencia para a saúde do río,
para a fauna piscícola, para a súa biodiversidade, para a calidade
dos ecosistemas fluviais e para os usos recreativos.
Finalmente, resulta dunha absoluta inmoralidade
que un día despois de aprobar na chamada Lei de Augas de Galicza un
canon que todos os consumidores imos ter que pagar para o
financiamento de novas infraestruturas de tratamento e de
depuración, dígasenos hoxe que temos que seguir soportando con
cartos públicos e de por vida todos os sobrecustos de tratamento e
depuración da auga potábel de Caldas e O Salnés sen máis razón para
seguir mantendo o negocio privado do Sr Cortizo.
Dende ADEGA e dende a Plataforma para a Defensa
do Umia seguiremos defendendo a única alternativa que, en xustiza,
por lei e por sentido común, existe para o río e para a salubridade
da auga potable: recuperar a concesión hidroeléctrica e abrir
definitivamente a presa para que o río volva a fluír libremente.
Para iso traballamos e seguiremos traballando.
Rematamos cunha suxestión á presidencia do
Parlamento que quixo desaloxar a membros da Plataforma por levar
unha camiseta en defensa do río que só mostraba unha foto coa
contaminación actual do encoro: esta situación de emerxencia non se
resolve prohibindo a protesta pacífica dos cidadáns, senón facendo
cumprir a legalidade vulnerada no seu día coa construción do encoro
que hoxe síguese incumprindo.
Saír.