PALOMA FERNÁNDEZ

Portavoz da Coordenadora anti-encoro do Umia.

Coa miña enhoraboa polo traballado desenrolado. No nome de moitos galegos, amigos meus e amantes da natureza, doulle as gracias. ¡¡ Graciñas Paloma !!

Entrevista aparecida en A Nosa Terra o día 10-02-2000. Autora Paula Bergantiños.


COMENTARIO PREVIO A ENTREVISTA:

A entrevista que está feita en febreiro do ano 2000,  é totalmente puntual e apropiada.

A xunta está nas cordas, por primeira vez na súa existencia no tema de política territorial, no tema de encoros e minicentrais, está nas cordas, esta KO en términos puxilísticos, esto é  un triunfo dos que amamos a natureza, esto é unha referencia, esto é un exemplo do que temos que aprender, esto é a redios..

O tribunal Supremo ven de declarar deserto o recurso de casación anunciado pola Xunta de Galiza contra a senténcia na queTribunal Superior mantén que non hai razóns para xustificar a urxente expropiación das terras para o encoro do Umia.

Paloma Fernández, portavoz da Coordinadora Anti-encoro, explica a situación actual do conflito e as, a cada paso, maiores dificultades coas que se atopa a Xunta para poder anegar as fincas.

De tódolos xeitos inda non podemos sacar o viño ( albariño e tamén de Barrantes e do Ulla,  pola vosa parte, do Ribeiro encárgome eu e tamén do viño de Valdeorras...)  para brindar polo éxito, a Xunta ten moitos medios, moitos asesores, moitos... que cós nosos cartos, cós cartos dos ciudadáns coma mín...defenden que este encoro vaia adiante... vamos esperar e ser optimistas....amigos da Coordinadora, ¡¡ gustariame brindar  o voso lado...avisaime !!  , penso que están KO... con debe ser. ¡¡ Ánimo, estades a punto de pasar a historia de Galicia, cunha victoria sonada...na historia xa estades...!


 

¿ Que consecuencias ten este auto do Tribunal Supremo? 

     A senténcia do Tribunal Superior estase cumprindo desde o mes de xullo. Daquela tentaron ocupar máis terras e apresentamos unha querela contra Diz Guedes e o Presidente de Augas de Galicia por desobediencia o Tribunal. Foi o que realmente lles parou os pés, porque se enfrentaban a penas de inhabilitación de cargos públicos. Agora unha vez que o Supremo fai firme a senténcia do Tribunal superior, á Xunta só lle quedan dúas posibilidades : comprar tódalas fincas, cousa que teñen moi dificil xa que a Coordenadora anti-encoro está formada na sua maior parte por propietarios, ou iniciar un procedemento de expropiación ordinario que implica volver demostrar a utilidade pública do encoro - cando xa eles recoñecen que é privada, para aproveitamento hidroeléctrico- e pagar antes de ocupar. Neste caso tardarían, como mínimo , cinco anos, porque os veciños, antes de renunciar as suas propiedades, poden recurrir á Xunta provincial de expropiacións, ao Superior e ao Supremo.

Pero a Xunta apresentou un recibo de súplica.

Se o Supremo aceita este recurso, seguiría adiante o recurso de casación contra a seténcia superior. Neste caso, estamos convencidos de que gañariamos igual porque a Administración tería que expor en Madrid os argumentos que xustifican a ocupación urxente, algo que non foi capaz de facer frente ao Tribunal da Coruña.

Se non van poder anegar, cando menos en moito tempo, ¿ porque continuan as obras para o aproveitamento?

Á única resposta é que están intentando que a Coordenadora se canse. As obras para o aproveitamento hidroeléctrico conseguimos paralas por momentos, cando avisamos que estaban colocando explosivos co permiso caducado, por exemplo. O problema é que nesta zona o maior propietario é a Comunidade de Montes e Dragados e Cortizo, a empresa concesionaria do aproveitamento hidroeléctrico, teñen unha autorización do seu presidente. Pésie a isto, convén aclarar que a comunidade non tomou ningún acordo neste sentido, nen o rexistrou no seu libro de actas. Ao tempo ai catro veciños que apresentaron denuncia no xulgado porque entraron nas súas terras.Agora están dinamitando pedras ao pé do río para facer un recheo, pero, en canto non teñan arranxado o primeiro problema, a Xunta debería parar inmediatamente as obras do aproveitamento, porque o destrozo ambiental é enorme.

Os viciños sempre protagonizaron protestas pacíficas e, pesie a sentencia, repítense as cargas e as detencións.

Xa denunciamos que as actuacións da garda civil estaban sendo delictivas e por iso apresentamos querella contra Diz Guedes. Terían que vixiar que se cumpra a legalidade e sen embargo cargan e deteñen aos veciños que se negan a sair das suas propiedades. Logo somos nós, por exemplo, os que temos que avisalos porque Dragados está traballando co permiso de explosivos caducados. Pero o Governo non se caracteriza por ter un caracter democrático, ponse ben de manifesto nas declaracións de Fraga. Non tivo problema en responder, ás preguntas dunha emisora de radio, que tanto lle tiña que os manifestantes foran sete mil ou sete millóns, porque o encoro era unha decisión tomada e ia facerse.

Nun primeiro momento trataron de pararnos a través do aparato administrativo, despois presionaron a uns no traballo e trataron de vender favores a outros. Afortunamente só tivo efecto sobre casos moi singulares e na Coordenadora seguimos participando os mesmos. Desde 1997 empezaron a chegar multas da Delegación de Governo por desórdenes públicos, insultos e inxúrias ás autoridades, incluso en movilizacións nas que fixamos como única consigna, por recomendación do avogado, ¡ encoro non! . Multas que van dende 5.000 pesetas até 5 millóns e que temos recorridas. Como non conseguiron nada, empezaron con paus e as detencións.

A última protesta foi un peche no Concello de Caldas, ¿ como valora a actuación do alcalde a respeito do conflito?

Nunha reunión con membros da coordenadora, afirmou que para el o tema do encoro rematou nas autonómicas, ao quitar o PP o mesmo número de votos que nas anteriores. É certo que nás eleccións non se produxo un voto de castigo ao PP, pero tamén hai que ter en conta que a xente non estuvo informada sobre o verdadeiro alcance do encoro, porque había pouco máis dun ano que se empezara a tramitar o expediente. O Alcalde quere reanudar contactos coa Xunta e tirou a toalla. Nas últimas Municipais seguiu decindo que estaba en contra do encoro, pero xa existían mostras de que non era así. Agora deféndese acusándonos de eleitoralistas e decindo que a Coordenadora non existe. Cando fomos a Vilagarcia a manifestarnos diante de Cuiña, criticounos a nós. Creo que se equivoca. Se o encoro era malo hai cinco anos, segue sendo malo agora e senón que explique aos veciños cales son os aspectos positivos que acaba de descobrir. Levamos moito tempo loitando, e ten dereito a cansarse, pero non pode xustificarse atacando a Coordenadora. Dende logo as elecións non influiron na nosa actividade. O día despois, as nove da maña, estabamos na convocatoria de levantamento de actas.

Ainda que se paralise o encoro definitivamente, o muro xa está levantado.

 Pero non é un dano irreversibel que suporía anegar as terras. Se non conseguimos que se tire quedará como monumento a prepotencia dalgúns.

O azud está feito, pero logo se tira... ou queda como monumento a prepotencia.

¿ Pero Dragados quere cobrar pola obra?

O encoro estámolo pagando todos. Dragados está encantado e Cortizo probablemente, pedirá unha indemnización á Xunta. A Administración adxudicou a concesión do aproveitamento hidroeléctrico trece días despois de que o Superior ditara sentencia. Tanto Cortizo como a Xunta, saben que ese acto administrativo non se pode producir.


flecha.jpg (1049 bytes) Volver o encoro do Umia.