Perlas do peche do encoro -25 marzo 2001 :
![]()
Aberración do encoro do río Umia, que o sábado día 24 de marzo do 2.001 pechou o Conselleiro Sr. Cuiñas. Dende esta folla pedimos a demolición dun encoro sin sentido.
A promesa importante ( esperemos que sexa certo o da comisión, xa que co peche do encoro o único que logra e que non durman os veciños de Caldas. O outro, o da comisión, pode que resolva algo, despois de cinco anos de non facer nada, lamentable. En Caldas vanlle por unha estatua, xusto na fervenza de Segade, pero no medio...):
Co peche do encoro e ademáis unha actuación conxunta có Concello de Caldas conseguiremos a resolucción total das inundacións de Caldas de Reis.
O milagre do peche e as súas consecuencias ( incrible...os galegos somos tontos):
A hora do peche (18.30 horas), o nivel do río Umia en Caldas era de tres metros, pasando a ser de dous metros ás 20.00 horas, é decir, que a agua había baixado un metro en menos de dúas horas, desaparecendo calquier rastro de inundación".
Nota : foi tan espectacular a baixada de nivel, que non se cree, ve-la fotografía ( de Capotillo) :
O río Umia que estaba totalmente cheo, quedou con auga de verán, como se ve na fotografía de Capotillo do día 23-03-2001, por suposto non é unha montaxe, é real. Un milagre. Algún veciño, como o do Bar Muiño incluso comenzou a arranxar os desperfectos das riadas. O malo e que o pouco tempo abriron o encoro e as augas volveron a subir, menudo susto. Por certo apareceron troitas e anguias mortas. Non me extraña coa exhibición do Sr. Cuiñas e estas subidas e baixadas salvaxes, ollo que esto ocurrirá máis veces, ollo tamén os paseantes e pescos, pode haber sorpresas...
A píldora contra o Bloque ( incrible tamén, cinco anos levan loitando por una causa obvia e xusta a Coordinadora antiencoro de Caldas Cuntis e Moraña, e ahora ven Cuiña decindo que loitan por fines electorais...son moitos anos para facer esa afirmación. Sr. Cuiñas e vostede un ...o calificativo que o poñan os lectores......):
Os opositores o encoro de Caldas son con fins electoralistas. Non hai máis que un interes electoral do BNG detrás da oposición a este encoro.
Sigue o milagre ( incrible tamén.....):
Efectivamente, nada máis pechar o encoro a agua baixou un metro en Caldas de Reis o que demostra a efectividade do peche.
Ollo o pelo, baixe quedar calvo un día destes......
O encoro do Umia pechado e soltando auga por unha das comportas. Dende estas liñas esperemos que non chova forte, si o fai que temblen en Caldas de Reis, o encoro non é a solucción, por moito quee o digan Cuiñas e o Sr. Tobío. As enchentas serán peores e máis virulentas e sinón o tempo.
MONUMENTO A PREPOTENCIA DA XUNTA DE GALICIA - 2001.