¡POR  UN  RÍO  UMIA VIVO!

A NOVA  CAPTACIÓN  E  DEPÓSITO  DE AUGAS DE CALDAS

 É UN ROUBO OS GALEGOS E UN REGALO A HIDROELECTRICAS CORTIZO.

 

CONVOCATORIA DO ACTO REIVINDICATIVO.

                    

 

VENRES, 29 DE XULLO, ÁS 18  HORAS

NO MURO DA PRESA

ACTO REIVINDICATIVO

 

 

COMUNICADO DA COORDINADORA ANTIENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

 

A Coordinadora Antiencoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña convoca,

xunto con ADEGA, a Asociación O FERVEDOIRO de Cuntis e a Asociación

XESÚS GONZALEZ ABOI de Caldas de Reis, un acto reivindicativo no muro

do encoro o vindeiro venres, dia 29 de xullo, ás 18,00 horas, por mor da

presentación por AUGAS DE GALICIA nun novo proxecto para abastecemento

de auga a Caldas de Reis debido aos problemas de toxicidade que presenta o

actual, que provén da auga podrida do encoro.

 

Esta decisión da Xunta que ven a dar –unha vez máis- a razón aos que sempre

denunciaron que o encoro era un fraude, un negocio, e non un proxecto para

abastecer de auga, representa –igualmente unha vez máis- un despilfarro dos

cartos públicos que resulta repugnante nun momento de crise económica no

que se pechan camas en hospitais por falta de cartos, cando son sabedores

que abrindo o río solucionarían os problemas da auga.

 

O acto contará coa presencia de Pedro Brufao Curiel, catedrático de

dereito administrativo e presidente de AEMS-Ríos con Vida, que ven a apoiar

a loita pola recuperación real do Umia así como a dar a coñecer a postura da

Asociación que presidente sobre o problema que representa o encoro para o

río e o seu entorno.

 

 

 

Venres, 29 de xullo de 2011

6 da tarde

Muro do Encoro

 

¡ENCORO NON!

 

 

-------------------------------------------------

 

AUGA PARA CALDAS….?

 

          OU NEGOCIO PARA OS AMIGOS?

 

· Nun encoro construído con cartos de todas e todos nós coa escusa de asegurar o abastecemento de Caldas e de toda a comarca do Salnés;

 

· Ignorando o condicionado dunha Declaración de Impacto Ambiental e dunha concesión que obriga a manter a calidade da auga do río para que poda ser potabilizada con garantías de calidade;

 

· Cando é evidente que o problema das cianobacterias desaparece con só deixar que o río volva a circular libremente;

 

 

A CONSELLERÍA DO SR. HERNÁNDEZ, á conta do CANON  co que nos ven  de gravar o prezo da auga,

- PROPÓN TIRAR 700.000 EUROS NUNHA NOVA CAPTACIÓN QUE TAMPOUCO VAI PODER GARANTIR A CALIDADE DA AUGA POTABLE

-  E SIGUE TIRANDO CARTOS AO RÍO ENCHENDO O ENCORO DE CORTIZAS DE EUCALIPTO, SEN SIQUERA AVALIAR A SÚA EFICIENCIA E OS SEUS IMPACTOS.

 

      OUTRA VEZ O FRAUDE;

            OUTRA VEZ OS CARTOS DE TODOS

            PARA SALVAR O NEGOCIO DO SR. CORTIZO

 

--o--

VENRES, 29 DE XULLO, ÁS 18  HORAS

NO MURO DA PRESA

ACTO REIVINDICATIVO

--o--

 

CONVOCAN:

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)

Coordinadora antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña

Asociación Cultural  O FERVEDOIRO (CUNTIS)

Asociación Cultural  XESÚS GONZÁLEZ ABOI (CALDAS DE REIS)

 

contará coa presenza de:

Pedro Brufao Curiel:  Catedrático de dereito administrativo e presidente da Asociación AEMS-RÍOS CON VIDA

AUGA PARA BEBER E RIO PARA DISFRUTAR

SALVEMOS   O   UMIA

 

 

VOLVER      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTO REIVINDICATIVO. INFORME

 
 
29 de xullo de 2011. COMUNICADO DAS ORGANIZACIÓNS EN DEFENSA DO UMIA: Un verán máis a proliferación das cianobacterias do xénero Microcystis no encoro d'A Baxe e a contaminación da auga pola microcistina volve a constituír unha grave ameaza para a saúde do río e dos ecosistemas fluviais e, a resultas desta, unha absoluta e inaceptábel ameaza para a saúde pública da veciñanza de Caldas e demais poboacións da contorna (Vilagarcía, Portas, Ribadumia, etc.) que se abastecen de auga dende o río Umia. Compartimos, pois, co Concello e con toda a veciñanza de Caldas a preocupación pola calidade da auga potábel que cada verán subministra a ETAP. E tamén a urxente necesidade de encontrar unha solución definitiva á situación do río, que ademais de supoñer un grave risco para a saúde pública, supón un importante quebranto económico para as economías domésticas que pagan por unha auga de escasa salubridade e poucas garantías para o consumo; un quebranto económico tamén para o Concello que ten que asumir os sobrecustos da depuración con ozono e carbono activo e, finalmente, un desbaldimento de cartos públicos ao ter que asumir verán tras verán os custos de transportar a auga en camións dende Vilagarcía a Caldas, a maiores do gasto inútil que ano tras estase a facer no encoro.

CON ESTE ACTO, CONVOCADOS AQUÍ POLA ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALICIA (ADEGA);  POLA COORDINADORA ANTIENCORO DE CALDAS, CUNTIS E MORAÑA; POLA ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL O FERVEDOIRO DE CUNTIS;  POLA ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL GONZALEZ ABOI DE CALDAS, POLO COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS E POLA ONG AEMS-RIOS CON VIDA, REPRESENTADA AQUÍ POLO SEU PRESIDENTE PEDRO BRUFAU, QUEREMOS, UNHA VEZ MÁIS, CHAMAR A ATENCIÓN DA OPINIÓN  PÚBLICA SOBRE ESTA INTOLERABLE SITUACIÓN DO RÍO E DA AUGA POTABLE DE CALDAS E SOBRE A URXENTE NECESIDADE DE PORSE A TRABALLAR NA SÚA SOLUCIÓN DEFINITIVA.

No DOG do pasado 17 sometíase a información pública o proxecto para unha NOVA CAPTACIÓN DE AUGA PARA O NÚCLEO URBANO DE CALDAS completada coa construción dun novo depósito de distribución de 2.200 m3 na actual ETAP e tamén, por suposto, cunha nova condución de auga dende o punto de captación nas beiras do río ata a ETAP, todo elo inicialmente orzamentado en case que 700.000 euros.

Como xustificación desta nova captación, aprobada polo Consello da Xunta na súa reunión do pasado 9 de xuño, o proxecto literalmente manifesta que “a auga captada no encoro (non se capta no encoro, senón no río) presenta episodios de mala calidade debida á presenza de microcystis no mesmo. Durante ditos episodios os filtros da ETAP atáscanse con frecuencia, sendo preciso realizar varios lavados diarios, durante os cales utilízase auga xa tratada e ademais deixase de aportar auga ao depósito, de modo que o nivel no mesmo diminúe rapidamente producíndose problemas de subministro”. É dicir, o proxecto non fai máis que recoñecer o que todas e todos os veciños de Caldas xa coñecíamos a través das analíticas de auga publicadas polo concello:  A INCAPACIDADE DA ETAP DE CALDAS DE REIS PARA, A PESAR DO TRATAMENTO CON OZONO E  OS FILTROS DE CARBONO ACTIVO, GARANTIR UN SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE DE CALIDADE.

Amigas e amigos, se a proliferación de cianobacterias no encoro d'A Baxe é a xustificación desta nova captación, de ningunha maneira se pode aceptar que a Consellería do Sr. Hernández nos veña a propoñer  agora un sobregasto de cerca de 700.000 euros para unha nova captación de auga sen antes estudar cal é a orixe e cales son as causas de tal contaminación e sen antes estudar tamén se hai outras alternativas máis eficientes e/ou de menores custos. Os galegos e galegas que cos nosos impostos sostemos ao erario público temos dereito a esixir todas as garantías de eficiencia en calquera gasto e inversión que a Administración poda facer e, en correspondencia, a Administración Pública está obrigada a garantir e render contas sobre esa eficiencia do gasto e da inversión pública que teña acordado facer.

NINGÚN CIDADÁ DEBERA, POIS, ACEPTAR  QUE  AUGAS DE GALICIA VEÑA A PROPOÑERNOS GASTAR 700.000 EUROS DOS FUNDOS PÚBLICOS SEN ANTES ESTUDAR SE PODEN OU NON EXISTIR OUTRAS ALTERNATIVAS MAIS EFICIENTES E/OU DE MENORES CUSTOS.

Mais no caso deste proxecto de nova captación para o núcleo urbano de Caldas, hai, a maiores outros argumentos:

-AUGAS DE GALICIA sabe moi ben que o encoro de Caldas foi integramente construído con cartos públicos coa finalidade de asegurar o abastecemento de Caldas e de toda a comarca do Salnés e que, polo tanto, ten que resultar ilexítimo que unha concesión de aproveitamento hidroeléctrico poda comprometer,  nin sequera minimamente, dito abastecemento.

- AUGAS DE GALICIA sabe moi ben que, -polo disposto na Declaración de Impacto Ambiental do encoro, na Declaración de Efectos Ambientais do aproveitamento hidroeléctrico e na propia concesión-, a empresa explotadora do encoro está obrigada a manter a calidade da auga no río (precisamente para asegurar tal abastecemento á poboación e demais usos consuntivos do río augas abaixo da presa) e que non pode a Administración deixar de esixir de CORTIZO HIDROELECTRICAS o cumprimento de todo aquel condicionado ambiental.

ASI POIS, SE A XUSTIFICACIÓN DESTA NOVA CAPTACIÓN RESIDE NA PROLIFERACIÓN DE CIANOBACTERIAS NUN  ENCORO CONSTRUÍDO PARA ABASTECEMENTO PÚBLICO,  NON PODE AUGAS DE GALICIA DEIXAR DE ESTUDAR E AVALIAR ESTE CONTINUADO INCUMPRIMENTO DO CONDICIONADO AMBIENTAL

-AUGAS DE GALICIA  sabe moi ben que a orixe desta proliferación estival de cianobacterias nas augas do encoro non se debe máis que a existencia dunha lámina de auga estancada, con moi escasa renovación e nunhas condicións moi favorables de luz e temperatura;  e non pode descoñecer que a apertura da presa para permitir que o río volva a circular libremente elimina de raíz tal contaminación e todos os problemas de abastecemento e calidade da auga potable que dela se derivan.

NON PODE, POIS, AUGAS DE GALICIA DEIXAR DE ESTUDAR E DE AVALIAR, EN TODOS OS SEUS ASPECTOS AMBIENTAIS E  ECONÓMICOS, ESTA ALTERNATIVA DE  RECUPERAR A CONCESIÓN HIDROELÉCTRICA DO SR. CORTIZO PARA PERMITIR QUE O RÍO VOLVA A CIRCULAR LIBREMENTE.  E, DENDE LOGO, SE A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL NO 1996 RECOÑECÍA QUE A AUGA DO UMIA NO LUGAR DE A PRESA ERA BOA E MOI BOA, NON PODE DECIRSE HOXE QUE ESTA PROLIFERACIÓN DE CIANOBACTERIAS NO ENCORO  SE DEBE AGORA Á CONTAMINACIÓN DA ACTIVIDADE AGRO-GANDEIRA AUGAS ARRIBA DA PRESA, CANDO ESTA ACTIVIDADE DE  NINGUNHA MANEIRA TEN IDO A MÁIS NESTES 15 ANOS

Amigas e amigos, cando se teñen gastado máis 1600 millóns de pesetas de fundos públicos na construción dun encoro para abastecemento público e cando se nos propón gastar 700.000 Euros para unha nova captación sen antes avaliar a súa eficiencia, sen antes estudar se pode ou non haber outras alternativas máis eficientes e de menos custos; cando se nós propón seguir tirando cartos ao río enchendo o encoro de cortizas de eucalipto sen antes estar seguros da súa eficacia e dos seus impactos, é evidente que estamos continuando con aquel fraude de gastar os fundos públicos sen xustificación algunha xa condenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e polo Tribunal Supremo ao anular a Declaración de Utilidade Pública do encoro; o mesmo fraude de seguir mantendo, ano tras ano, e en contra do condicionado dunha Declaración de Impacto Ambiental de obrigado cumprimento, a prevalencia do negocio hidroeléctrico do Sr. Cortizo por riba da saúde pública dos veciños e veciñas de Caldas e por riba da saúde do río e dos seus ecosistemas fluviais.

 

Nós agardamos que a opinión pública sexa plenamente conscente de que non se poden permitir este tipo de prácticas administrativas no manexo dos fundos públicos e menos cando, coa excusa da crise, se nos argumenta que faltan cartos para servizos públicos tan básicos como o ensino, a sanidade ou a para a Lei de dependencia.

 

E o Sr. Hernández, como  xefe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; o mesmo que no seu día,  -dende o seu cargo en Infraestruturas Hidráulicas-,  asinou as obras do encoro;  o mesmo que hai dous días, no caso de Barreiros, ven de converter a ilegalidade en virtude, debera empezar a saber que a lexislación ten que ser igual para todos, e cando así non é TEN QUE HABER  DELITO.

 

Agardamos que a presión da opinión pública sexa quen de facer rectificar estas prácticas da administración. Nese camiño traballaremos todas e todos.

 

E  así mesmo  agardamos que a Administración de Xustiza sexa quen, desta vez,  de manter a súa independencia fronte ao poder político para non deixar pasar por tales prácticas

 

E ACABAMOS.

 

DE NOVO REITERANDO QUE COMPARTIMOS CON TODOS OS VECIÑOS E CO CONCELLO DE CALDAS A PREOCUPACIÓN POLA GRAVEDADE DOS PROBLEMAS DE CALIDADE DA AUGA POTABLE E DE ABASTECEMENTO QUE TODOS OS VERÁNS TEN QUE SOPORTAR A POBOACIÓN DE CALDAS; DE NOVO REITERAMOS QUE URXENTE UNHA SOLUCION DEFINITIVA.

 

MAIS NON PODE CONSENTIRSE QUE SE NOS PROPOÑA AGORA UNHA NOVA CAPTACIÓN CUN GASTO DE CERCA DE 700.000 EUROS SEN ANTES ESTUDAR E AVALIAR A EFICACIA DESA NOVA CAPTACIÓN E SEN ANTES ESTUDAR E VALIAR SE HAI OU NON HAI OUTRAS ALTERNATIVAS MAIS EFICIENTE E/OU DE MENORES CUSTOS, SEN ANTES ESTUDAR E AVALIAR A APERTURA DUNHA PRESA QUE FOI CONSTRUÍDA CON CARTOS PUBLICOS COA ESCUSA DE ASEGURAR O ABASTECEMENTO DE AUGA A TODA A COMARCA DO SALNÉS.

 
 

En Caldas, a 29 de xullo do 2011

 
 

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA)

 

Coordinadora antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña;

 

Colectivo Ecoloxista do Salnés;

 

ONG AEMS-Ríos con Vida

 

Asociación socio-cultural O FERVEDOIRO;

 

Asociación socio-cultural GONZÁLEZ ABOI

  VOLVER

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  VOLVER