A NOVA CAPTACIÓN E DEPÓSITO DE AUGAS DE CALDAS

NON VAI A RESOLVER CON CRITERIO O PROBLEMA.

Encoro do Umia outra vez con toxinas. A presa. De aquí bebe o Salnés.                     Cola do encoro do Umia.

UN GASTO DE CARTOS INCRIBLE PARA UN PROXECTO QUE NON VAI O FONDO DO AXUNTO.

VER AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS ATA HOXE DIA 19/07/2011 AO PROXECTO.

Os puntos básicos destas alegacións.

  Alegacións o proxecto de captación de augas, presentado por ADEGA.

   Alegacións o proxecto de captación de augas, presentado por ASOCIACION XGA.

  Alegacións o proxecto de captación de augas, QUE PODE PRESENTAR UN PARTICULAR

 Ollo soio hai 10 días para presentar esta alegación de adhesión a algunas das presentadas.

  Alegacións o proxecto de captación de augas, presentado por  UN GRUPO

Saír.                                                   Salir.      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PUNTOS BÁSICOS DAS ALEGACIÓNS. EXEMPLO DA PRESENTADA POR ADEGA.

D.    con DNI XXXXXXXXXXXX e con domicilio, a efectos de notificación, na

 

 

EXPON

Que actuando, dende o meu cargo de Secretario Xeral,  en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA),  en relación ao “PROXECTO DE EXECUCIÓN DA OBRA HIDRÁULICA DE NOVA CAPTACIÓN E DEPÓSITO NA ESTACIÓN DE TRATAMENTO DE AUGA POTABLE DE CALDAS DE REIS. CALDAS DE REIS (PONTEVEDRA)”  sometido a información pública a través de Resolución da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado  17 de Xullo, veño a presentar, por medio do presente escrito, as seguintes

ALEGACIÓNS:

I.- EN RELACIÓN Á NATUREZA DESTE PROXECTO DE CAPTACIÓN:

Unha: as obras, segundo o proxecto, van a consistir na execución dunha nova captación de auga potabilizable para abastecemento do núcleo urbano de Caldas de Reis mediante a construción de dous pozos filtrantes enterrados a  5 m de profundidade que se completan co seu correspondente pozo de bombeo, a mellora da condución ata a actual ETAP e a construción dun novo depósito de auga potable de 2.200 m3 de capacidade, coa finalidade de asegurar un caudal punta  diario de 33,75 L/s (121,51 m3/hora) e un caudal punta horario de 75,78 L/s  (272,82 m3/hora).

                O custo de todas estas obras está estimado no proxecto nun total de 691.447,35 Euros.

 

 Dúas: os pozos de captación sitúanse, -protexidos por unha escolleira  que se adentra uns 4 m no actual cauce-, na mesma beira do río, augas abaixo do encoro de A Baxe e sobre unha chaira aluvial que o estudo xeolóxico  que acompaña a este proxecto de captación considera “constituída na súa meirande parte polos materiais aluviais procedentes da denudación do mesmo substrato granítico pola acción da auga” (Estudo xeolóxico e xeotécnico. Páx. 3). En base a esta caracterización xeoló-xica da chaira aluvial na zona de captación, é de supoñer, -tal e como se fai no estudo xeolóxico, que  “o nivel freático ha de estar como mínimo á cota do río, é dicir, a 2,5 m aproximados de profun-didade dende a cota do terreo natural.” (Estudo xeolóxico e xeotécnico. Páx. 4).

II.- EN RELACIÓN A XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO DE CAPTACIÓN:

Tres.- O núcleo urbano de Caldas conta actualmente cunha ETAP con capacidade de tratamento  de aproximadamente 26,4 litros/segundo de auga potábel . Esta auga “recíbese dun manancial que asegura a case totalidade da demanda durante o inverno e para completar esta achega dispón dunha captación no río Umia, augas abaixo do encoro da Baxe, no lugar de Segade. A auga captada nesta zona presenta problemas na súa calidade, motivados pola proliferación estival de cianobac-terias no encoro. Durante estes episodios, os filtros da ETAP atáscanse con frecuencia, sendo pre-ciso realizar varios lavados diarios, durante os cales se utiliza auga xa tratada e se deixa de achegar auga ao depósito, de modo, que o seu nivel diminúe rapidamente, producíndose  problemas de subministración. Esta situación, ao final do ano hidrolóxico, pode xerar situacións de desabastece-mento, como aconteceu en setembro de 2010, cando foi preciso completar o abastecemento me-diante subministración  de auga aos depósitos de Caldas con camións cisterna”  (Referencia para os medios do Consello da Xunta do 09/06/2011).

                               Xustifícase, pois, este proxecto dende o obxectivo de resolver o problema de des-abastecemento que, verán tras verán, dende o ano 2006, ten que sufrir a poboación do núcleo urbano de Caldas de Reis debido á contaminación da auga do río pola proliferación de cianobacte-rias do xénero Microcystis no encoro de A Baxe, contra a que, -como é recoñecido polo propio Consello da Xunta-, de pouco teña servido toda a inversión pública realizada no saneamento do encoro e na ampliación da ETAP de Caldas de Reis cunha liña de tratamento con Ozono e carbón activo.

 

III.- SOBRE  A NECESIDADE DE AVALIAR OUTRAS ALTERNATIVAS EN RELACIÓN Á PROLIFERACIÓN DE CIANOBACTERIAS NO ENCORO:

Catro.- Xa que a construción desta nova captación de auga se xustifica pola proliferación estival de cianobacterias no encoro de A BAXE non pode o proxecto deixar de estudar previamente a orixe e solucións desta proliferación bacteriana. Así mesmo é obrigado avaliar de que forma esta proliferación de cianobacterias está a contaminar á auga do encoro e do río e de que forma ela vai afectar, non só ao funcionamento da ETAP, senón tamén á salubridade da auga potábel. Cando se trata de investir cerca de 700.000 Euros de fundos públicos, esta avaliación é absolutamente nece-saria tanto para, en base a ela, ver se existen outras alternativas máis efectivas ou de menor custo, como para saber se a alternativa que se propón pode garantir a salubridade da auga que se quere conseguir.  Tal avaliación faise, dende logo, moralmente imprescindíbel cando se nos está a predi-car coa austeridade no gasto público.

                A respecto da proliferación de cianobacterias no encoro de A BAXE durante o período esti-val o primeiro que hai que destacar é que ten a súa orixe precisamente na existencia dunha lámina de auga encorada con moi pouca renovación sometida a unhas condicións de luminosidade e tem-peratura extraordinariamente favorables. A apertura do encoro para deixar que o río circule libremente elimina con total seguridade esta contaminación quedando, polo tanto, sen xustifi-cación  a obra que se propón no proxecto. Polo tanto, esta ten que ser unha alternativa que non pode deixar de ser avaliada en todos os seus aspectos, tanto no que respecta á salubridade da auga potábel, como no que respecta aos custos económicos e tamén á calidade da auga, á saúde e á salubridade do propio río.

IV.- EN RELACIÓN AO IMPERATIVO LEGAL DE AVALIAR A APERTURA DO ENCORO:

Cinco.- En marzo do 2001 empezaba a funcionar, augas arriba da captación actual de Caldas e máis da que agora se propón, o chamado encoro de A BAXE que, recollendo as recomendacións do borrador do Plan Hidrolóxico de Galiza-Costa do ano 1.993 (que non sería definitivamente apro-bado ata o ano 2003), tiña como finalidade primeira a de  “mellorar a garantía de abastecemento da demanda urbana e industrial” (Proxecto de Directrices PHGC). A esta primeira finalidade aínda hai que engadir, segundo argumenta Augas de Galicia na Declaración de Impacto Ambiental, a me-llora da rega, a regulación do río  e o desenvolvemento de zonas de ocio no encoro e nas beiras do río. De forma literal así se recolle no anexo IV da Declaración Ambiental (DOG nº 122 do 21 de Xuño do 1.996:

A mellora que se espera obter coa execución do encoro de Caldas é basicamente a dispoñi-bilidade de 6 hm3  de auga adicionais durante os meses de xullo-agosto nos que a aportación media do río é de só 11,3 hm3 nos dous meses, e moi irregular duns anos a outros, con míni-mos de 4,8 e 3,5 hm3.  

“Non pode realmente falarse de «regulación» neste caso pois a aportación media anual do río é de 290 hm3 e a mínima de 95 hm3. Trátase de corrixir unha carencia concentrada mediante un almacenamento previo.

“Da seguridade desta dispoñibilidade derivan importantes beneficios en tódolos sectores primarios, secundarios e terciarios como:

· Mellora de rego: permite regar eficientemente a un custo razoablemente económico por hectárea, tanto polo que respecta ó investimento de capital como ó custo da operación.

· Regulación do río: a construcción do encoro supoñerá o incremento do caudal circulante en época de estiaxe mellorando substancialmente a garantía dos dereitos concesionais existentes augas abaixo. Tendo en conta o reducido volume do encoro, o cheo do mesmo non afectará de forma perceptible ós usos existentes augas abaixo toda vez que o mesmo se realizará en épocas de augas altas.

· Esparexemento:

-Permitirá o desenvolvemento de zonas de esparexemento e residenciais de ribeira.

-A utilización para baño nos lugares de profundidade axeitada habilitados como praias fluviais e zonas recreativas.

-Admitirá diversións acuáticas como a pesca deportiva, e algúns deportes náuticos (pira-güismo, etc.).

                Estes usos aparecen tamén recollidos no borrador do novo Plan Hidrolóxico Galiza-Costa cando, no apartado de masas de auga moi modificadas, ao referirse ao encoro de Caldas, ven a dicir que  “este encoro de 0,8 km2 ten unha capacidade de 6,15 hm3 e úsase para abastecemento, rega, obtención de enerxía e laminación de avenidas” , ou cando, ao referirse ao treito de 4 km augas abaixo do encoro volve a dicir que se trata dunha masa de auga de, aproximadamente, 4 km que  “se encontra alterada pola regulación augas abaixo (arriba??) do encoro de Caldas, usado para abastecemento, rego, laminación de avenidas e obtención de enerxía…[….]”

 

Seis.- En base a estes usos do encoro  recollidos no borrador do Plan Hidrolóxico de Galiza-Costa do ano 1993 formúlase, por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a de-claración de utilidade pública das obras do encoro de Caldas no río Umia (Decreto 375/1996, publi-cado no DOG nº 207 do 22/10/1996).

                Habida conta deste primeiro uso do encoro, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do encoro obriga, -tal como se requiría no  informe da Dirección Xeral de Saúde Pública-, a levar a cabo “un control da calidade das augas con especial atención aos parámetros indicadores da súa pota-bilidade, xa que a auga do encoro se destinará a usos consuntivos de abastecemento á poboa-cións situadas augas abaixo” (DIA. Condicionado 5).

                Tamén obriga a Declaración de Impacto Ambiental obriga a manter no río un caudal ecoló-xico mínimo orientado a garantir as “condicións ambientais da Fervenza de Segade, así como o caudal circulante para o mantemento da ictiofauna e asegurar os usos consuntivos que se ori-xinan augas abaixo” (DIA. Condicionado 1)

                E para asegurar o cumprimento destas e demais condicións esíxese na Declaración de Im-pacto Ambiental (de obrigado cumprimento) a redacción dun Plan de Vixilancia Ambiental “para o seguimento e control dos impactos e da eficacia das medidas correctoras establecidas no estudo de impacto ambiental e nas condicións desta declaración.” (DIA. Condicionado 10). Este Plan de Vixilancia ambiental obriga á empresa CORTIZO HIDROELÉCTRICAS, S.A que leva a explotación do encoro a  presentar “un informe especial cando se presenten circunstancias ous sucesos excepcio-nais que impliquen deterioracións ambientais ou situacións de risco, tanto na fase de construción como de funcionamento.” (DIA. Condicionado 10). E sigue dicindo a DIA no mesmo condicionado que do exame desta documentación por parte da Comisión Galega de Medio Ambiente (hoxe Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental) poderán derivarse modificacións das actua-cións previstas en función dunha mellor consecución dos obxectivos da presente declaración de impacto”.

               

Sete.- Habida conta de que o encoro de A BAXE foi construído coa finalidade de asegurar o abaste-cemento do núcleo de Caldas e Comarca do Salnés e de que esa sigue sendo a vocación que lle adxudica o borrador do novo Plan Hidrolóxico; habida conta de que a proliferación estival de cianobacterias no encoro se debe, sen lugar a dúbida algunha, á existencia de auga encorada en conxunción cunhas moi favorables condicións de luz e temperatura na lámina de auga; habida conta do que dispón o condicionado da Declaración de Impacto Ambiental obrigando á empresa explotadora do encoro a manter a calidade da auga en condicións de potabilidade “xa que a auga do encoro se destinará a usos consuntivos de abastecemento a poboacións situadas augas abaixo” (DIA. Condicionado 5); habida conta de que non hai dificultade en recuperar a calidade da auga do río sen máis que abrir o encoro deixando que o río volva a circular libremente; habida conta de todo o anterior, a mesma presentación desta nova captación para o núcleo de Caldas implica un claro incumprimento por parte de Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos do condicionado da Declaración de Impacto Ambiental por non obrigar á empresa explotadora do encoro (CORTIZO HIDROELÉCTRICAS, S.A.) a manter a auga do encoro e do río en condicións de potabilidade.

 

IV.- EN RELACIÓN Á FALTA DE GARANTÍAS DE POTABILIDADE PARA A AUGA DA NOVA CAPTACIÓN

Oito.- Como se nos di no proxecto sometido a información pública, os dous pozos da nova capta-ción van a situarse na mesma beira do río, protexidos por unha escollera de que se adentra na canle do río e rodeados de grava para asegurar a permeabilidade.  A estrutura do solo é subsolo na zona de captación é, -segundo o proxecto-, a propia dunha zona aluvial (de inundación  e deposi-ción) formada por un primeiro nivel I de terra vexetal (ata 1,8 m de profundidade) constituído de limos e areas de estrutura solta e con abundante materia orgánica e, por debaixo deste, un según-do nivel formado por areas de gran groso entre as que aparecen cantos rodados de tamaño variable. ´

                Trátase, pois, dun solo extraordinariamente permeable que comunica directamente coa auga do río. No que respecta á calidade da auga nos pozos de captación proxectados non cabe esperar nada diferente ao que sexa a calidade da auga no mesmo río, sen máis efecto, por tanto, que a de facilitar o proceso de filtración na ETAP, pero completamente inútil para reter calquera contaminante químico disolto na auga.

                O aspecto máis perigoso destas cianobacterias do xénero Microcystis reside na microcis-tina que liberan  no medio ao morreren (ou seren destruídas no proceso de filtración e tratamen-to), sendo esta microcistina un composto  químico de estrutura proteica de graves efectos hepáti-cos, canceríxenos e neurotóxicos (amplamente documentados e recoñecidos pola propia Organi-zación Mundial da Saúde) que se fan máis preocupantes ao presentaren efectos bioacumulativos ao longo do tempo e ao longo da cadea trófica. Tais microcistinas son, por outra parte, totalmente solubles en auga incorporándose con toda facilidade á corrente fluvial de onde van a resultar difí-ciles de eliminar incluso coas máis esixentes tecnoloxías de tratamento de auga potable. E aínda queda por destacar a presenza dentro da molécula da microcistina de aneis bencénicos de extraor-dinaria estabilidade fronte á degradación físico-química e que, por si mesmos, resultan tamén altamente canceríxenos.

                Dende estas consideracións, é evidente que son moi poucas as garantías de salubridade para a auga potable procedente destes novos pozos de captación e non debera ser tramitado este proxecto sen ter antes avaliado todos os aspectos fisico-químicos e fisiolóxicos desta contamina-ción producida polas cianobacterias do xénero Microcystis  que, cada verán, proliferan no encoro de A Baxe.

 

IX.- SOBRE A OBRIGA LEGAL DE RECUPERAR O BO ESTADO ECOLÓXICO DO RIO UMIA:

Nove.- Xa deixamos explicado máis arriba como o condicionado da Declaración de Impacto Ambiental do encoro obriga a manter a calidade da auga do encoro en condicións de potabilidade da dos usos consuntivos previstos para a mesma, correspondendo á administración de Augas de Galicia a responsabilidade de vixiar o bo estado da auga e, polo tanto, a responsabilidade tamén de esixir da empresa explotadora do encoro o cumprimento de cada unha das condicións que se recollen na DIA do encoro e no preceptivo Plan de Vixilancia Ambiental e que, por descontado, tamén se recollen na Declaración de Efectos Ambientais do aproveitamento hidroeléctrico e na correspondente concesión de augas. A este respecto, contemplase na DIA que “se, unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún tipo de impacto severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Comisión Galega de Medio Ambiente, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determinar as causas que xeran os mencionados impactos, e estas se corrixan”. (DIA. Condición adicional 11.3). O mesmo se recolle na Declaración de Efectos Ambientais do aproveitamento hidroeléctrico: “se unha vez emitida esta Declaración se manifestase algún outro tipo de impacto severo ou crítico sobre o medio ambiente, o Órgano Substantivo por propia iniciativa ou pola solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determinar as causas que xeran os mencionados impactos, e ata que se corrixan as mesmas.” (DEA. Condicións adicionais).

                A esta obrigación de manter a calidade da auga que deriva directamente da Declaración de Impacto Ambiental , hai que engadir as que se derivan da aplicación da Directiva 2000/60/CE (Directiva Marco da Auga) en relación aos obxectivos de alcanzar, a máis tardar antes do 2015, un bo estado de todas as masas de auga superficial. E, en relación ás augas utilizadas para a captación de auga potable, aínda engade esta Directiva Marco da Auga:

“1. Os Estados membros especificarán dentro de cada demarcación hidrográfica:

-  todas as masas de auga utilizadas para a captación de auga destinada ao consumo humano que proporcionen un promedio de máis de 10 m3 diarios ou que abastzan a máis de 50 persoas.

-  todas as masas de auga destinadas a tal uso no futuro”

para a continuación engadir que:

“3. Os Estados membros velarán pola necesaria protección destas masas de auga especi-ficadas co obxecto de evitar o deterioro da súa calidade, contribuíndo así a reducir o nivel de tratamento de purificación necesario para a produción de auga potable. Os Estados membros poderán establecer perímetros de protección para estas masas de auga”

                En resume,-xa sen necesidade de recorrer a máis normativa como a Lei e o Regulamento de Augas ou ao Regulamento de Planificación Hidrolóxica, ten Augas de Galicia a obriga de recuperar o bo estado de todas as masas de auga superficiais, especialmente das destinadas a auga potable. Non pode, polo tanto, cando menos, deixar de avaliarse esta alternativa de recuperar o bo estado das augas do río Umia á hora de propoñer unha nova captación que só se xustifica en base a que “a  auga captada nesta zona presenta problemas na súa calidade, motivados pola proliferación estival de cianobacterias no encoro.”

 

                Dende os argumentos expostos nas ALEGACIÓNS anteriores, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza,

 

SOLICITO

Que, en lugar deste gasto de case que 700.000 euros destinados a unha nova captación de auga para o núcleo de Caldas de Reis que, ademais, dificilmente vai poder garantir a salubridade da auga potable, e en lugar de todo o gasto relacionado co tratamento da auga do encoro con cortizas de eucalipto cuxa eficacia e efectos ambientais nin sequera foron avaliados,  se proceda á EXTINCIÓN DA CONCESIÓN HIDROELÉCTRICA da empresa CORTIZO HIDROELÉCTRICAS, S.A. POR INCUMPRIMENTO CONTINUADO DA CORRESPONDENTE DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL E DO CONDICIONADO DA CONCESIÓN, para, a continuación, proceder a APERTURA DA PRESA CO QUE, DEIXANDO QUE O RÍO VOLVA A CIRCULAR LIBREMENTE, PODER RECUPERAR A CALIDADE DA AUGA E BO ESTADO ECOLÓXICO E FÍSICO-QUÍMICO DO RÍO.

                        En Lugo, a ... de Xullo do 2011 

 

                                    Asdo:  XXXXX

                                   Secretario Xeral de ADEGA

 

AO PRESIDENTE DO ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA .

 

Subir