ECORUTAS DA XUNTA EN CALDAS DE REIS - ENCORO DO UMIA. ¡¡ QUE VERGOÑA!!.


 

 

Este e o folleto coa ruta da auga. 

 

PRG 59.

SENDEIRO DE PEQUENO RECORRIDO.

 

A RUTA DA AUGA.

 

¡¡ UNHA VERGONZA: A MISMA XUNTA ESTA DESTRUINDO CO ENCORO DO UMIA ESTA RUTA!!.

HAI COUSAS QUE NON SE ENTENDEN NA GALICIA DO 2000.

 

 

Os datos que aparecen a continuación son incríbles, non cabe na miña cabeza cunha ruta como anterior sexa destruida pola misma Xunta.

Folleto da ruta.

 

 

Este é o mapa de situación da ruta.

Non hai dúbidas a ruta é en Caldas de Reis.

Este é o mapa da ruta a seguir.

 

Está é unha vista da zona dos muiños da que se fala na ecoruta. Hoxe é unha desfeita esta zona. O muiño que se ve na fotografía é de Pablo , un amigo que detiveron fai uns días por defender o que e seu.

 

Ollo si facedes esta visita hoxe, podedes levar un susto de morte. A zona está desfeita pola construcción do encoro do río Umia.

¡¡¡ É incrible que se destrua unha zona sensacional e catalogada así pola propia xunta !!!.

¡¡ Que fermoso folleto!! .

Gustaríame saber si a Xunta ensina este folleto en FITUR, en Madrid,  o lema Galicia .....¡¡ vivela !! , efectivamente 

O que ven a continuación xa é historia:

 

A Fervenza de Segade está destruida. Alí había seis muíños, dos cales tres xa están semisoterrados polos barrenos e as pedras e os escombros. As carballeiras da zona destruidas.

Una desgracia para Caldas de Reis, pero tamén unha desgracia para tódolos galegos que non debéramos permitir estas desfeitas.

¿ Inda estamos a tempo ? .

Esperemos.

  Sair da ecoruta.                                Salir de la ecoruta.

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

Efectos da presa no río Umia sobre as inundacións en Caldas de Reis.

No anteproxecto da presa no río Umia, asinado polo actual Dirctor de Obras Públicas da Xunta de Galicia, o inxenieiro Agustín Hernandez Fernández. de Rojas, dice explicitamente, que a presa no río Umia non controbuirá a paliar as habituais inundacións en Caldas de Reis porque estas débense a torremntes estacionais, como o Bermaña e o Follente, que verten as augas máis abaixo da presa ( TOMO I , antecedentes). Esta afirmación ( que o río Umia non figure como causa das inundacións senón uns pequenos regatos) pudiera parecer disparatada ao lego na materia, pero, logo dunha análise rigurosa, resulta dunha lóxica indiscutíbel, que , ademáis, serve para poñer en evidencia que o encoro no Umia non so non servirá para atenuar as inundacións, senón que agravaría seriamente o problema.

(Bosque de galería do Umia).

VEXETACIÓN RETENTIVA.

O Umia, como a maioría dos ríos do norte  que aínda manteñen un estado aceitabel, presenta nas súas marxes un saudabel bosque de ribeira, que algúns lugares exténdese por toda a ladeira. Esta vexetación ripícola, á que en xeral non se dá importancia polo seu caracter "improductivo" , fai que as ladeiras do río actuen como unha verdadeira esponxa que amortece, esluíndose no tempo, os efectos das choivas torrenciais. Todo aquel ao que nalgunha ocasión lle caeu un chaparrón paseando polo monte e se refuxiou algunha vez por baixo dun carballo entenderá perfectamente o mecanismo; sen o acougo da árbore, a pesar da intensidade da chuiva, recébese apenas un goteo, como baixo un tellado con pingueiras. En contrapartida, este pingar prolongarase durante horas despois xa de que a chuiva cese. Isto non é así debido á forma das follas do carballo ( e igual no caso dos alisos e abeleiras, etc). que se extenden nun plano aproximadamente horizontal e ademáis apresentan múltiplesirregularidades na sua superficie ( bultos e depresións) que actuan como microreservórios de auga. As pingas, para chegar ao chan, teñen que pasar por decenas ou centos destos reservorios, e en cada un deles experimentan un retardo aprecibel con respeito á caída libre. Este fenómeno de acumulación, retardo e liberación progresiva repítese logo no sotobosque ( vexetación arbustiva), tan mesto nun bosque de ribeira, a continuación na capa grosa de materia orgánica que cobre o chan ( as especies son no seu maior parte caducifolias) e posteriormente no chan e sochan, de estructura esponxosa mercede á cantidade de vida que nel se desenrola tanto vexetal como animal.

Río Umia.

   Todo esto tradúcese en que, por exemplo, se unha nube libera unha precipitación de 60 l/ m2 nunha hora sobre a cunca do río acabará chegando toda esa auga pero non no corto lapso dunha hora, senón o longo de varias horas ou mesmo días ( para comprobarlo abonda con achegarse ao bosque de ribeira un ou dos días despois dunha precipitación importante e observar a escorrentía), de maneira que se evitaunha elevación do nivel de auga no cauce. Sen embargo, se toda esa precipitación alcanzara o río nunha hora, ao longo dese tempo o nivel subiría, provocando desbordamentos ao superarse a capacidade de desague do cauce. Pois a canle do río, ao igual que nun lavabo por exemplo, ten unha capacidade máxima de desague. Superada esta, o nivel sube.

EUCALIPTOS.

Que ocurre porén nos torrentes mencionados antes?. Estos regatos descorren por ladeiras desprovistas de vexetación ri`´icola, que foi constituida polo eucaliptal. As follas do eucalipto dispóñense nun plano vertical e son perfectamente lisas: teñen tanta capacidade de retención de auga como un coitelo posto de canto. Baixo o eucaliptal non se desenrola o sotobosque debido as especiais características destas árbores. A falla de sotobosque e de amortiguación do marteleo de pingas de chuiva sobre o chan espido provocan unha erosión importante, que fai que a capa orgánica desaàreza en gran medida, ficando no seu lugar areas, gravas, e xabres con nula ou escasa capacidade de retención e liberación progresiva da precipitación, de forma que actuan como verdadeiros canalóns para todas as ladeiras da súa influencia. Iso implica un aporte repentino de caudal ao cauce baixo do Umia, ás portas do casco urbano, cos consabidos efectos xa contrastados no propio informe da Xunta de Galicia.

É por esta razón que nos paises desenrolados a idea de que a canalización dos ríos ( a sustitución  do, en xeral, pouco bosque de ribeira que queda nos estreitos marxes, por valados de pedra e formigón) sirven para evitar as inundacións abandonouse hai anos, e mesmo xa non son poucos os ríos canalizados hai décadas nos que se destruiron os diques para substituilos outravolta por amplas marxens repovoadas con bosque en galeria. A tendencia actual nas zonas susceptibleis de inundación suxire exitar muros, construcións e urbanización "dura" do entorno dos cauces e a potenciación de amplas extensións de vexetación de ribeira.

(Outra imaxen do río Umia)

CHUVIAS TORRENCIAIS.

 Por esta misma causa a construción dun encoro no Umia augas arriba de Caldas de Reis conleva un grave risco de empeiramento por chuivas torrenciais. Un encoro supón a sustitución da superficie actual, na que máis dun 95% é vexetación, da cal cando menos a metade ten caracter de "esponxa", por unha superficie equivalente na que todo vai ser auga e chan espido. A superficie sobre a que se vai distribuir a precipitación disminue ( a superficie inclinada de ladeiras pasa a ser superficie de tránsitoinmediato ( sempre choverá sobre molado). Así, toda a acción de retardo e liberación progresiva fica a cargo da capacidade do encoro. Se o encoro está baixo de nivel no momento da precipitación, esta será retida polo muro da presa e logo liberada progresivamente ao cauce. Pero se nalgunha ocasión a precipitación se produceco encoro chegado é súa máxima capacidade, ou a persistencia é tal que esta alcanzase, a partir de ese momento a capacidade de amortigüación é absolutamente nula. Unha vez superada a capacidade do encoro, toda superficie do mesmo estará actuando como unha xigantesca fervenza, e nela toda a auga que descarga a nube incorporarase de forma inmediata ao cauce.

(Todo este bosque pode quedar entre as auguas do encoro)

O risco de que isto aconteza vese agravado pola falla de amortiguación mas propias ladeiras do encoro, pois estas estarán espidas ate máis alá da cota de capacidade máxima, co que os cambios de nivel no propio encoro serán relativamente moito máis bruscos que no cauce do río no seu anterior estado, rodeado de vexetación.

Esta situación de grave risco, xa de si importante en inverno, acada a súa máxima probailidade no final de primavera e principio do verán ( finais de xuño e principios de xullo). Por unha banda, o uso do encoro como reservorio de auga potabel para o estio implica que se atope cheo o final da estación chuviosa; por outra banda, de todos é sabido que nesas datas prodúcese habitualmente chuivas torrenciais de orixen tormentosa. Unha destas sombras de aguga ( de caracter imprevisibel ao non estar asociada a frontes borrascosas de evolución progresiva) co encoro na sua capacidade máxima ou perto dela, teria un efecto moitas veces superior ao tantas veces experimentados dramaticamente polo veciños de Caldas debido ao torrentes do seu entorno.

 

XULIO MARTÍN HERRERO.

é inxeñeiro, especialista en Inxeñería de Medio Ambiente na Universidade de Vigo.