NOTA DE PRENSA BNG
A
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE SEGUE APOSTANDO POLO NEGOCIO
HIDROELECTIRCO NO ENCORO DO UMIA FRENTE O DEREITO A SAUDE A A
AUGA POTABLE DA POBOACION
En setembro e outubro de 2010
a Conselleria de Medio Ambiente levou a cabo o traballo de
recollida de pes e tocons das arbres que quedaron anegadas polo
encoro e tamen construiu unha pista perimetral pola beira do
encoro na zona de Paraditas oxe invadida pola tarra que cae
sobre o baso do encoro..
No DOG do 23 de novembro de
2010 anunciouse un CONTRATO DE SERVIZOS DE MANTEMENTO E
CONSERVACION DO DOMINIO PUBLICO HIDRAULICO con un orzamento de
356.314 euros. O prazo para a presentacion de ofertas polas
empresas interesadas rematou o 14 de xaneiro de 2011
A contratación dos traballos
sera adxudicada pola EMPRESA PUBLICA DE OBRAS E SERVIDIOS
HIDRAULICOS dependente da Consellería de Medio Ambiente.
O BNG de Caldas interesouse
ante a Empresa de Obras e Servicio Hidraulicos pola
documentación tecnica, planos ou informes tecnicos que definiran
o ambito dos traballos de mantenimento e conservación que se
pretenden realizar, remitironnos a AUGAS DE GALICIA e dos
responsables de Augas de Galicia tompouco conseguimos
documentación algunha que permitira coñecer as zonas de
actuación nas marxes do encoro.
O contrato co que se pretende
seguir fundindo fondos públicos nun encoro
inviable desglosa o seu orzamento nas seguintes partidas:
- 205.180 euros para
desbroce cando o
borde do encoro ten tramos sin vexetación ; tramos nos que a
vexetación existente serve para reter a terra e evitar a sua
erosión e arrastre o vaso do encoro. E no tramo no que se abriu
a pista perimetral en Paradivas no 2010 non quedou vexetacion
que desbrozar.
- 35.560 euros para a
retirada de tocons e pes
cando xa foron retirados no ano 2010 e amoreados no lugar de
Vilabar en Troans
-Tamen preve o presuposto unha
partida para reposición de mesas e bancos na area recreativa
de A Pontenova cando dito espacio foi arrasado sendo ademais
inundable co encoro cheo,
Con este contrato o Partido
Popular dende a Conselleria de Medio ambiente vai a “fundir”
mais fondos publicos en tentar labarlle a cara a un encoro para
manter un apoveitamento hidroelectrico por enriba da unica
alternativa con sentido comun que seria deixar o rio libre para
resolver os problemas de contaminación da auga potable que
provoca o encoro.
Frente a este
derroche a falta de mantenimento das depuradoras ou
decantadoras situadas na beira do encoro provoca vertidos
frecuentes o vaso do encoro, e tampouco se destinaron fondos
para o reforzo do suministro de auga potable ós veciños de
Caldas para evitar os cortes provocados pola averia na
captación de Segade provocado pola derradeira riada.
Caldas
a 3 de febreiro de 2011
|