(Pulsando nas imáxenes vense máis
grandes. Todas son de Secundino Lorenzo)
¡¡BASTA XA!!
Basta xa de tanta barbarie coa nosa natureza : encoro
do Umia ( sin razón....), centos de minicentrais que desfán os mellores ríos que temos,
24 grandes encoros previstos nun plan hidrolóxico que máis ben semella
un plan de Fenosa, Iberdrola e Endesa para cubrir de mortos a nosa
incrible Galicia.
Basta xa de meter parques eólicos nas nosas mellores
serras e os nosos mellores montes. Non quedan ben, esnafran a nosa terra,
son horribles, esquilman a nosa fauna, moitos non teñen sentido, as empresas privadas ben o ouro galego, a Xunta
a deixar facer...a Consellería de Medio ambiente non existe..o
caos...eso é o Medio Ambiente Galego hoxe, en marzo do 2001.
Basta xa de non mirar pola nosa natureza.
Basta
xa da especulación pura e simple, basta xa de encher os bolsillos sin
máis, por que sí, todo é legal ata a maior aberración, todo rodeado dunha palabrería engañosa: desarrollo
sostenible, enerxía limpa, renovable, productora de postos de traballo,
toda unha parafernalia engañosa e falsa... Uns panfletos de impactos
ambientais infames e impresentables, eu diría de Xuzgado de
Garda...(hai un en Ourense, parque eólico na Ribeira Sacra, que
dí o estudio de impacto, que os aeroxeneradores non se ven dende a
colexiata de Xunqueira...os galegos somos parvos, tontos e moito
máis...A xente pasa...Moitas empresas, cheas de
ex-Conselleiros, políticos, etc. están a facer o agosto......a cambio da
nosa natureza....¡ non hai direito!!!. ¡¡¡ Non podemos permitir
cunha mafia, xa que son mafiosos auténticos...desfagan a nosa
natureza...!!. Temos que denunciar. Basta xa !. Temos a
mellor terra posible, temos os mellores ríos, algúns xa irrecuperables, temos os mellores
montes ( algúns cheos de aspas ruidosas, feas, impresentables,
innecesarias,. pidamos os nosos gobernantes que nona deixen estropear por
catro cadelas.
¡ Por unha Galicia viva !
Basta.
Xa está ben. Este é o meu tributo fotográfico a unha
Galicia da que estou enamorado e que uns cantos "políticos
incompetentes que soio miran o seu bolsillo " están deixando
estragar. Progreso sí pero destrozo non. O progreso e totalmente
compatible coa natureza, pero non como se está a facer en Galicia,
estamos gobernados por xente sin demasiados escrúpulos, e así vamos mal,
moi mal...
Ourense marzo do 2001. ( O autor da www.).
Secundino .Lorenzo .F.
Saír o Umia.
|