Un pequeno repaso os ríos ourensáns:
RÍO MIÑO: valores de análisis feito pola Universidade, responsable
Luis Alfonso Rguez, deu valores de plomo, arsénico, cobre e
mercurio moi por encima do legal permitido. Todo esto en Ourense,
precisamente de onde tomamos a auga que bebemos.
Hoxe teño noticia de que está moito peor.
Por
debaixo da actual de depuradora, vai ó río toda a merda, con
perdón, de Ourense. Ourense no 2017 sigue sen depurar. O malo é
que poucos kms. abaixo do río Miño collen auga para beber nunha
amplia zona do Ribeiro. Bueno...con cloro e outras cousas fanxe
marabillas...
Mal, moi mal está
hoxe o río Miño en Ourense. A partires do Pozo de Maimón, por
debaixo de Ourense, é unha alcantarilla.
Neste 2017 xa levamos denunciados vertidos de todo tipo, o
último hoxe 07/05/2017 nos Peares con peixes mortos.
Por suposto o río Miño en Ourense bota toda a merda os ríos Loña
e Barbaña. Dous emblemas de contaminación galopante...
RÍO SIL : defenestrado actualmente polas pizarreiras e por suposto pola nula depuración da zona. Fai anos impresentable,
incluidos ríos como o Bibei e afluentes e o río Mao. Pódese
salvar o río Navea, pero últimamente desfeito polos incendios...
Impresentable. Recoñecido así pola Confederación H.
O río Sil está dominado polas Hidroeléctricas e xa non é un río.
Fan o que lles da a gana. Son os donos. Neste caso río Sil seco
por debaixo de San Estebo. ¡Que máis da!
RIO LIMIA : impresentable intentan salvalo primeiro con 1 millón
de euros e logo co plan Life Regenera Limia e 2 millóns máis.
Seica no 2021 estará marabilloso. Alguén con autoridade, non
político por suposto, tería
que facer un seguimento destos cartos, o río Limia xa levou moitos
millóns e cada vez peor. Creo que moita xente, neste río, non
está a facer o que debera, os resultados cada vez son peores.
Este ano 2017 inda por riba estuvo seco en moitos tramos. Non
existe plan en Galicia para evitar estas cousas.
A política, tamén do estado, de deixar facer, que as cousas
morran e despois porlle remedio de palabra, botándolle as culpas
a calquera, incluida a sequía...
Impresentable. Recoñecido pola Confederación Hidrográfica
O encoro das Conchas e polo tanto o río Limia están
defenestrados. A pouco que veña un ano normal, o encoro quedará
eutrofizado. Millóns seica invirten neste tema, pero mentras non
depuren as augas e non controlen os purines non hai nada que
facer.
Levan nelo outros vinte anos e cada vez peor...
Pero...que leva os cartos?
Río TAMEGA :
impresentable dende fai máis de vinte anos,
últimamente cós vertidos do AVE para o arrastre.
Irrecuperable.
Este ano quedou seco en varios
tramos.
Irrecuperable.
Río Támega. !Todo menos un río!
RÍO
ARNOIA : prácticamente contaminado os vertidos do AVE están a pasarlle a misma factura que
ó río TAMEGA. Arsénico, e plomo dabondo.
Tamén puríns a tope nos dous últimos anos. A cantidade de auga
está a salvar este río, quero decir o caudal, pero ollo que cada
vez leva menos...
Moi afectado polo anterior. Un río que se está a perder
totalmente.
O río Arnoia está bastante contaminado: obras do Ave, pouca
depuración, puríns, minicentrais e máis cousas fan que este río
esté hoxe na UVI e con poucas posibilidades de saír ...
RÍO AVIA : E AFLUENTES VIÑAO E ARENTEIRO defenestrado pòr purins,
depuración nula xa dende fai moitos anos.
Moi afectado os tres ríos, quizais o mellor o río Viñao pero moi
mal últimamente. O río Arenteiro todos os anos ten problemas con
moitos peixes mortos... Do río Avia é mellor non falar.
O río Avia xa fai anos que baixa contaminado, as depuradoreas da
zona funcional mal ou non existen.
Mal estos ríos.
Incluso hai ríos que sempre dixen que eran
marabillosos, como o río Xares, por poñer un exemplo, e que o ano
2015-2016 sei que ten problemas de troitas...algo pasa na provincia
de Ourense.
Pequenos ríos-pocilga hai moitos, por exemplo: Barbaña, Loña,
Griñal, Maquiáns e os seus afluentes e outros moitos...
Río Barbaña o día 10 de maio de 2017. Sempre así...contaminado.
Augas Galicia presume do que se está a facer neste río...
Fai uns anos están a facer non sei qué...e Augas Galicia decía
que volvería a ter salmóns...
A Morte de peixes e troitas
e masiva en moitos ríos da provincia. Por exemplo a zona
de Carballeda de Avia, cun milleiro de ríos... e grandes
rutas, pois ben os ríos non teñen vida. Por onde camiñes
pregunta os paisanos...os ríos están a morrer (maio de
2017). O malo é que en Galicia os ríos están a morrer...
Inda por riba os incendios arrasaron toda a zona de Carballeda de Avia
e alrededores: onde nacen ríos como o Maquians e pequenos regatos que van o
río Avia. Unha desfeita total...
E os nosos gobernantes non fan nada...
Por certo no resto de Galicia pasa parecido
Négome a poñer fotografías este ano 2017 de
desfeitas dos nosos ríos...
¡Son todos
os días e faime dano!
Estamos rematando
cós ríos galegos e non vexo xente competente que poda
facer algo...
Non entendo dende fai anos
os grupos ecoloxistas, algúns... Conviven con esta forma de facer as cousas,
ou sexa, non facer nada... Claro que si se analiza enseguida aparecen
xustificacións...¡ Lamentable!
salir
a Ourense Natural
Saír a Ourense natural