O ENCORO DO RÍO UMIA en CALDAS DE REIS: ¡que desastre!

Este foi o video que sacou a Xunta de Fraga para indicar a excelencia da obra feita e inaugurada no 2001.

Esta foi unha das centos de fotografías denuncia da construcción irracional deste encoro.

Hoxe, en setembro do 2008,  son as augas podridas, mañá será outra cousa.

Ver o que lle pasa as súas augas en setembro do 2008

Volver a "Ourense natural".

     

 

 

 

 

AS AUGAS DO ENCORO EUTROFIZADAS.

Aspecto que presentaba o encoro o día 06/09/2008

Aspecto das augas do encoro do Umia.

Outra vista.

 

 Máis fotografías neste link --> Ver este link

 

Ver ademais algúns datos da denuncia feita polos veciños da zona, que realmente están preocupados:

Este é o archivo que me fan chegar:

     Adxuntamos datos da recente adxudicacion do estudio sobre a problemática das cianobacterias  no encoro do Umia,  asi como enlaces a páxina de contratacion de Augas de Galicia na que estan os datos sobre adxudicacion do estudio e do CINAM na que aparece datos  sobre o encoro, 

      Nos resultados dos análisis da cianobacteria  aparecen datos para o encoro e para a captacion. No caso da captacion de Segade o cadro cos datos existentes na paxina do SIAM sinalan unha situacion de alerta 1 o dia 4 de agosto pasado con unha concentracion  de 1.750  cel/ml  en cambio para resultados moito mais elevados o 22 de setembro de 4.000 cel/ml  non define situacion de alerta algunha

     O problema existe  e temos dereito a que alguén nos explique en que condicions de seguridade ou de risco estamos para utilizar a auga do abastecimento de Caldas, proba de que temos un problema importante e sin resolver e que o dia 11 de setembro se adxudica a unha empresa o contrato  para facer estudio sobre a problemantica da cianobacteria e que o dia 23 de setembro  segun se pode ver na paxina web do SIAM  a concentracion de cianobacteria na presa do encoro era de 94.353  cel/ml .

    Outro risco como as medicions de microcistina soios se fan semanalmente ( como se pode comprobar nas tomas periodicas que aparecen na paxina web do CIAM) no caso de que cheguemos a unha situacion de concentracion  alta entre tomas non nos enterariamos...

    O encoro maravilloso que habian defendido alguns de forma reiterada é un problema e unha ameaza real para a miña saude,  non podemos esquecer que un indicador da calidade de vida tamen e a seguridade alimentaria e a tranquilidade e en Caldas non podemos estar tranquilos a hora de beber auga procedente do Umia nin a hora de ducharnos ou lavarnos.

    Sinalo que as únicas alternativas para o futuro de Caldas pasan pola demolicion do encoro  malamente se pode atraer un turismo ou pretender captar implantacion de servicios ou empresas si ou ben os anegamos ou non podemos ofrecerlles  algo tan elemental como auga de calidade.

    Os que falan dos  usos deportivos e lúdicos dun encoro e estan dispostos a fundir cartos publicos en tales usos  convidámolos a cheirar a microcistina que podrida se amorea xunto o muro de contencion da presa    

 

   A auga a paradoxa por excelencia de Caldas:   a auga termal, o seu maximo atractivo secular  por un lado,  e a auga como a sua grande ameza por outro como  resultado da falta de respeto polos rios e o seus cauces ( as riadas)  e a contaminacion da auga potable ( encoro+ microcistina)   

 

     Os interesados poden ver os datos neste link:

 

-------------------------------------------------------

O encoro do Umia foi unha auténtica aberración ecolóxica do goberno de Fraga (inaugurado por Cuiñas, morto recentemente,  no ano 2001). Nunca se debeu facer e agora estamos a pagar o desastre... e o que pode vir...

Este era o link da desfeita que precisamente mantuven eu naqueles anos.

 

Volver a "Ourense natural".