Osmunda Regalis. Dentabrú. Helecho real.

Nesta ficha temos o Fento Real ou Dentabrú, tamén chamado Fenta, por exemplo en Camba (Ourense) e recentemente na carballeira do río Ulla en Gres, preto de Ponte Ledesma, por certo un lugar maravilloso. Por suposto que se ven moito nas beiras dos ríos galegos. Na fotografía o dentabrú no río Arnoia, por debaixo de Outomuro, en Grixó (Ourense). Mes de xunio.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO FENTO REAL.

Fento real no río Arnoia. Zona de Grixó. Ourense.

Fento real.

Estos dibuxos son de Otto Wilhelm Thomé. Sensacionais.

Fento real. Usmunda regalis. Dentabrú, dentabrún, dente de agrón, dentiquil, etc.

As frondes ( unha forma de chamar as follas, xa que non son follas propiamente ditas) chegan a 1,5 m. e non semellan de fento.

Por debaixo de estas frondes ( no invés) atopamos uns pequenos bultiños, como se foran grans, estos son os soros, formados por un número grande de esporos que van caer cando abran os soros, ó madurecer.

Pois ben, os soros do fento real, aparte dos foliolos, no cumio das frondes, semellando ponlas frolecidas de cor castaña clara é o máis característico.

Bota os esporos no verán.

....

No dibuxo de E. Millán sacado do traballo Os Fentos de Galicia de Ildefonso Barrera Martinez, 1980, vese o fento real cós seus soros na parte alta, no cumio da planta semellando ponlas de cor castaño.

Esta colocación ten a súa lóxica debido a que o fento real soe estar moi a beira dos ríos, así protexe claramente as súas esporas das cheas, sempre que estan non sexan como as do 2000.

Para datos máis concretos ver o traballo referenciado onde se estudian a fondo 52 Pteridófitos de Galicia.

....

Nesta fotografía sacada do libro "Flora da Estufa Fría de Lisboa" vese perfectamente o detalle do fento real, a característica básica é a colocación dos seus soros no cumio da planta, algo que explican perfectamente Victor M. López e  Miguel A. Fernández no libro "A Natureza dos Ríos e Ribeiras de Galicia", o decir que é un fento especializado en vivir no bordo dos ríos, e que aprendeu a salvaguardar as súas esporas das cheas de auga elevando os soros no máis alto das frindes.

....

 

Atópase o carón de tódolos ríos de Galicia e tamén por suposto regatos, o único que quere é unha certa humedade.

Distinguilo dos fentos macho e femia non é dificil xa que é moi distinto. Ver dibuxo destos fentos noutra ficha.

O fento real é o fento por excelencia dos ríos galegos.

Algún dato: cada una das poliñas que saen do tronco principal ten sobre 22  frondes ( follas).

...

Outra fotografía do Osmunda regalis.

O fento real está mesmo no bordo do río, como se pode ver nesta fotografía sensacional de Anne-Lena Anderberg, sin duda unha especialista neste tipo de fotografías de flora na natureza.

O nome de A fenta non aparece no libro de "Nomenclatura vernácula da flora vascular galega", ese nome está reservado para o Blechnum spicant, eu sin embargo escoitei ese nome en Gres, no río Ulla, e así queda dito. Tamén cita este nome Elías Dominguez, nun libro precioso que se titula "Camba, un pobo, unha xente, unha historia", na páxina 32, fala da fenta ( osmunda regalis) e dí que nace na beira dos ríos, entre outras cousas...

As fotografías anteriores están sacadas polo autor da www no río Arnoia, onde o dentabrú é moi abondoso.

Fento real no río Arenteiro, no paseo dos Fumes. Por certo un lugar maravilloso da Provincia de Ourense.

Ver os tres tipos de fentos:

Fento real as frondes ( follas) son totalmente distintas. Fento femia, é doado distinguilo do fento real, xa do fento macho é outra historia. Fento macho, é doado distinguilo do fento real, xa do fento femia é outra historia.

 

Nota Importante: os datos anteriores están sacados do libro  Flora de Galicia  de Xose Ramón  García, prácticamente o pé da letra. Tamén do libro Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y Balear, de Mariano Garcia Rollán.