Comentario previo

 (Secundino Lorenzo autor da web):

     O libro ten exactamente 51 páxinas, máis 14 o prólogo de Xesús Alonso,  pero a decir verdade moi intensas e documentadas. Recomendo a súa lectura,  , para non perderse e para ampliar. Podedes atopalo en Meubook s.l., http://www.meubook.com , está "publicado o 30 de xuño de 2016,  L aniversario da revolta dos veciños de Castrelo de Miño que culminou coa queima do barracón de obras".... Texto que aparece na derradeira páxina do libro.

     Pola miña banda considero básica a súa lectura xa que aparte de facer un estudio do que era e supoña o Val de Castrelo de Miño e Ventosela para O Ribeiro, estudia tamén a Morfoloxía  do Val e explica os paradoxos xeopolíticos da zona, básicos repito para entender o que pasou. Por suposto deixa moi claras a estratexia de Fenosa, que foi común en tódolos os encoros que fixo no río Miño, sobre todo en Belesar e Castrelo xa que Os Peares, Velle e Frieira non houbo practicamente contestación.

Unha das fotografías de Arturo Reguera.

Pintada nos muros alusiva a Franco.

Tamén deixa claro e estudia de forma axeitada a violenta e curiosa reacción dos labregos da zona, en principio completamente espontánea, aínda que houbo algunha organización clandestina que se atribuíu o mérito.

   Non esquece o desastre humano e tamén o desastre ecolóxico que representa este encoro, que na miña opinión nunca se debeu facer o igual que Velle e Frieira. Un auténtico roubo os galegos da "Riqueza do Pai Miño", en tódolos aspectos.

    Todo o libro ten unha amplísima información perfectamente documentada, cunha bibliografía marabillosa que permite, o que queira, profundizar no conflicto e estudiar os oríxes, o desenvolvemento e as consecuencias daquel movemento, en contra do Encoro de Castrelo de Miño,  onde tuvo moito que ver o PCE e a UPG, por este orden.

   Repito as miñas gracias a Arturo Reguera por sacar do desván e desempolvar estas notas que tomou de primeira man. Por certo as fotografías son poucas pero precisas.

   Gústame moito a frase coa que comenza  o libro:

Estes tempos de barragens sâo uma verdadeira era nova do mundo. Qualquer día, na escola, o mestre aponta o mapa e diz:

     -Antes do período albufeirozôico, aquí era o Barroso.

                       Miguel Torga, Diario VIII

---0---

Textos básicos , para mín, do libro de Ricardo Reguera, e que nos permiten ter unha idea clara e realista do conflicto de Castrelo de Miño. Suprimo moitos datos, que o lector interesado debera conocer:

  ..."FENOSA, que conseguira anos atrás a concesión da "Explotación Integral del Río Miño", comeza a súa explotación hidroeléctrica co embalse dos Peares, inaugurado en 1955, ó que seguen o de Belesar en 1963 e o de Velle en 1966. Os planos da empresa continuaban coa construción augas abaixo dos de Castrelo de Miño, Frieira e Sela, este último no tramo internacional, pactado por Franco e Salazar en 1963, e que posiblemente pola complexidade debida o seu caracter internacional, o proxecto non se pon en marcha ata 1992, con FENOSA -xa Unión Fenosa naquel momento- asociada con Electricidade de Portugal. O cambio político nos dous países propicia que ese embalse, de impacto medioambiental tan forte como o de Castrelo, fose rexeitado definitivamente no ano 2000, sendo por tanto o único que non se chega a construír.

     A Ditadura permitía -e propiciaba- que a expropiación dos  terreos necesarios se fixesen en condicións de auténtica espoliación, con gran publicidade de algún caso como a reconstrución de Portomarín, ocultando o paradoxo de que as vivendas novas non libraban da emigración a aqueles labradores que se quedaran sen as mellores terras, as do fondo do val.

Pero en Castrelo de Miño as autoridades franquistas víronse sorprendidas por unha inusitada -e violenta- resposta. Para comprender a singularidade de Castrelo cómpre, antes de seguir adiante, ter en conta peculiares condicións naturais e históricas:

        ---O Val de Castrelo de Miño era unha das zonas máis ricas de Galicia en termos de agricultura, pois as riadas invernais fertilizaban cos seus sedimentos as xa en por si ricas terras de aluvión do fondo do val (xa o embalse de  Peares, e logo o de Velle, coa alteración que produciron na mecánica fluvial, restrinxiran este efecto. Estas inundacións periódicos eran comparadas, en moitos dos documentos e artigos xornalísticos xerados ó longo do conflicto, ás crecidas do Nilo. A isto engadíase o feito de estar situado nun microclima óptimo para a produción do viño, o producto agrícola máis rendible de Galicia dende séculos. Como mostra da fertilidade daquelas terras, basta saber que polo medio das cepas facíanse cultivos intercalares de outros productos estacionais, como millo, patacas e legumes.

      ---A morfoloxía do val, no que o río debuxaba un enorme meandro que deixaba pola parte interior da curva -á súa esquerda esta zona de aluvión á que xa aludimos, mentras a beira dereita subía en rápido declive e facía que os seus habitantes non disfrutasen das  regalías agrícolas, e por tanto, económicas, dos seus veciños de en frente. Esto levaba o paradoxo xeo´político de que os da beira esquerda (Castrelo de Miño) fosen maioritariamente de dereitas e os da beira dereita (Ventosela) maioritariamente de esquerdas. Na represión inmediata ó golpe de 1936, os franquistas de Castrelo pasearon ós republicanos da outra beira, organizados na Sociedade de Agrarios de Ventosela, que realmente estaba ubicada na veciña aldea de Valdepereira (Lanero, 2007:18). A ponte de ferro de Castrelo aínda conserva, disimiladas pola ferraxe, as marcas dos tiros dos fusilamentos que soportou, e o río foi a última morada de aquelas xentes vilmente asasinadas.

 Isto explica a violenta e curiosa reacción dos labradores de Castrelo, en principio  completamente expontánea, -aínda que houbo algunha organización clandestina que se atribuíu o mérito -que, véndose espoliados polos "seus", reacionan opoñéndose a calquera actividade, impiden a entrada dos topógrafos nas terras, tíranlles os aparellos ó río, e incluso parece que nalgún caso, chegaron a poñerlle un fouciño ó pescozo a algún. Cada vez que chegaban técnicos ou maquinaria, botaban un foguete para convocar ós veciños ás carreiras e atrancárllelo paso.

Unha das pintadas nos muros de Castrelo con alusións a Franco.

. ...Pero os mesmos que se opoñían tan valentemente ó espolio, ó mesmo tempo reivindicaban o seu franquismo en pintadas nas que subxacía a idea Franco sí, FENOSA non (1), como lembra o xornalista ourensán Arturo Lezcano (Lezcano, 1983:11).

           1) Un informe policial sobre Castrelo, referíndose ó clima de crispación na zona di "...lo que motiva que estas gentes que son consideradas como de orden y afectos al regimen", llegado el momento, todas se hallen en un estado de rebeldía tal que hace suponer que en cualquier momento puden ocurrir sucesos desageradables al enfrentarse aquella gente de orden, en su mayoría, con la fuerza pública que se presenta para hacer cumplir lo mandado". As cursivas son miñas, ou sexa de Ricardo Reguera. (Documentación consultada no arquivo de Fundación 10 Marzo).

...FENOSA contraatacou cunha campaña mediática, apioada sobre todo por la Voz de Galicia, na que, ademais de falar do progreso e da enorme riqueza en quilovatios que para Galicia representaría a presa, inventou argumentos tan peregrinos, falsos e demagóxicos como o de que o seu sistema de encoros ía permitir que o Miño fose navegable ata Ourense. Nin en Castrelo nin en Frieira se preveu que no futuro se instalase ningún sistema de esclusas. Nesta compaña tivo un papel moi destacado Luis Caparrós, que compatibilizaba o seu traballlo en La Voz de Galicia co de xefe do Departamento de Ralacións Públicas de FENOSA.

   As organizacións de esquerda, naquel tempo o Partido Comunista e a recén nada UPG, ven na revolta de Castrelo unha oportunidade para desenvolver a súa actividade, e tratan polos medios posibles de establecer contactos e incidir no conflito. Algunhas das actuacións foron tan inxenuas como a que se levou a cabo desde o grupo galego do "Club de Amigos de la Unesco" de Madrid, controlado pola UPG, e ó que eu pertencía ata a miña volta a Galicia en marzo de 1966. Alí, nos primeiros meses diste ano elaborouse un panfleto que se pretendeu facer chegar os afectados por correo, a partir das direccións copiadas da guía de teléfomos. Obviamente, este envío masivo á zona de conflito foi interceptado pola policía que p Réxime tiña permanentemente destada en Correos (2), e se algunha carta chegou ó destino, foron moi poucas, como puido comprobar un compañeiro do grupo que viaxara aá zona (3).

(2) Nun informe policial de 20 de xullo de 1966 dise:"...por los servicios polociales de Orense fue captada propaganda titutlada Hoja informativa de la UPG nº 2 (sic) escrita en lengua vernácula y citando a los campesinos de Castrelo de Miño contra el monopolio FENOSA". É evidente que un envio masivo de correspondencia non pasaba desapercibido para a policía. Trátase do mismo informe da nota anterior.

(3) Non estou seguro de que sexa o panfleto chamado Embalse non, xusticia sí, pero penso que é moi probable. Sobre isto volverei máis adiante.

A todo isto , como é lóxico, os afectados desde o primeiro momento acudiron á vía legal para levar a cabo as súas reclamacións, e varios avogados, uns de Ribadavia, outros de Ourense, defendían nos tribunais ós labradores de Castrelo. Un deles, o ourensán Amadeo Varela, representaba ó grupo máis numeroso e de máis peso e, a través do seu vello amigo Luís Soto, integrarase na UPG, organización na que entón eu militaba. De feito asiste uns tres ou catro meses despois, o 25 de xullo de 1966, ó xantar-cumio que nos conta Luís Soto:

               ...convócase nova xuntanza, que se celebra o 25 de xullo do ano 1966 no mesmo lugar de A Rocha, na cidade de Santiago de Compostela. Cecais esta xuntanza non tivo a necesaria preparación e á mesma asistiron: Xosé Luís Méndez Ferrín, Luís Soto, Mª Xosé Queizán, Bautista Álvarez, Raimundo Patiño, Foz, Encarnación Otero, Amadeo Varela, Xosé A. Arjona, un estudante de Lugo e unha rapaza de Madrid (Soto, 1983:266)

  "Foz é o nome que é habitualmente coñecido Luís GonÇales Blasco, e o estudante de Lugo era eu.

Pero retomémo-lo fío. O PCE e a UPG ían tratando de influír no conflicto, e había un entendemento nas súas accións, propiciado polo feito de que a relación persoal de Alonso Montero con Celso Emilio Ferreiro era moi boa, a pesar do paso de este do PCE a UPG. Con Ferín, nesa época, tamén o era. O feito é que se decide facer un documento de protesta, para o que se trataría de mobilizar ó máximo co fin de acadar o maior número de firmas posible. Acordárase que o redactase Luís Soto, pola UPG e Alonso Montero, polo PCE."...

 

..."Naqueles tempos preparaba a marcha a Venezuela o poeta Celso Emilio Ferreiro. O xantar de homenaxe e despedida fora unha mostra máis da colaboración entre PCE e UPG (Soto, 1983, 282). Organizado por unha comisión formada por Luís Soto e Mendez Ferrín(5), pola UPG, e Alonso Montero e Antonio (nome de guerra de Anselmo Hoyos, enviado de París) polo PCE, celebrouse en Ourense o 15 de maio de 1966"...

Celso Emilio falando na súa homenaxe, no xantar que se celebrou en Ourense no Hotel Roma da rúa do Progreso, hoxe desaparecido. Sentada a nai de Luis Soto, e de pé, Sanchez Aguierre e Luis Soto. Fotografía Fundación Otero Pedrayo.

Mesa da presidencia de esquerda a dereita Julio V. Gimeno, María Bolivar, Moraima (muller de Celso Emilio), Amadeo Varela, Celso Emilio, Consuelo Carid, Otero Pedrayo, Alonso Montero, Albino Núñez, Sara Fdez. Inai de Luís Soto), de pé, Virxilio Fernández, "Chuchi", Gallego Aguiar, Gonzalo Pardo e José Pérez Díaz "Lucho". Fotografía Fundación Otero Pedrayo.

O xantar celebrouse no desaparecido Hotel Roma, na rúa do Progreso en Ourense.

 

 ..."Para  asistir ó xantar, desde Santiago fora un autobús, organizado por Foz, no que foi bastante xente, maioritariamente estudantes, aínda que tamén había outra xente, como o Padre Gándara. Habia de todo, pero entre os estudantes ademais de algún "non adscrito", a maioría era de órbita do PCE, militantes ou non, como Marisa Melón, Federico Ordax, Josefa Román Costa, etc. Da UPG viña Foz. Non era doado pagar as 160 pesetas que costaba o xantar, máis o autopbús. Desde Lugo, onde estaba eu aqueles días, foramos Alonso Montero, eu e algún amigo máis no autobús de La Directa.

Ó chegarmos a Ourense fomos ó despacho de Amadeo Varela, e atopámonos con que o documento estaba redactado e impreso. Aquilo era un incumprimento do acordado, mais por non romper a unidade, Alonso Montero tolerouno. O documento era excesivamente longo e xurídico e coa perspectiva que dá o coñocementos dos feitos posteriores, está claro que Amadeo Varela queria un allegro ma non troppo, é decir, un documento no que se cargase moito máis as tintas nos aspectos xurídicos e, en todo caso, nos humanitarios, que nos políticos, por velados que estes fosen. Non eran de fiar, por tanto as contribucións que Alonso Montero poidera facer, e para evitalas, nada mellor que a política de feitos consumados.

(5) Anos máis tarde Ferrín contará o xantar de homenaxe a Celso Emilio como actividade exclusiva da UPG: "Relacionado cos sucesos de Castrelo de Miño cómpre anotar un feito clave, Nese ano 1966 promovémolo acto político máis importante da posquerra, que foi a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro cando se despide para ir a América" (Salgado, 1989:138).

   O xantar, presidido por Otero Pedrayo, converteuse nun acto contra FENOSA. Otero ía coa intención de falar de poesía, sendo unha homenaxe a un poeta, pero foi convencido por Alonso Montero e Ferrín, da conveniencia de aproveita-la ocasión para falar de Castrelo, e nun encendido discurso falou do "feudalismo eléctrico de FENOSA, protexido polo estado, que é máis tiránico que o propio feudalismo da Idade Media". Faron ademais, Antonio Tovar Bobillo, Xosé Luín Mendez Ferrín, Manuel María, Álvarez Blázquez, José Mª Castroviejo, Xesús Alonso Montero, Amadeo Varela e Luís Soto.  Consonte co espíritu paritario da organización, acordouse que falaran dous estudantes, e Alonso Montero escolleu a Josefa Román Costa polo PCE, que pronuncou un vibrante discurso moi aplaudido, e Ferrín a m´n pola UPG. Non sei o que dixen pero algo aplaudiron. Só sei que nunca falara en público, e estaba nervioso como unha vara verde. Pechou o acto, lóxicamente Celso Emilio Ferreiro. Según o informe policial correspondente(6), asistiron 219 comensais, o que é unha cifra realmente notable para a época, e como recolle a rónica publicada no xornal El Progreso de Lugo, "entre los asistentes se encontraba un núcleo de labriegos del valle de Castrelo de Miño, que fueron objeto de un especial homenaje en todas y cada una de las intervenciones"...

(6) O informe di "El acto más destacado, hasta el momento, que efectuaron los galleguistas ha sido el homenaje celebrado en Orense el 15 de mayo pasado en honor del poeta galleguista Celso Emilio Ferreiro Míguez, al que, con motivo de su marcha a Venezuela asistieron 219 comensales de distintos puntos de esta región". Documentación consultado no arquivo da Fundación 10 de Marzo.

Como a masiva recollida de firmas que se proxectaba levaría o seu tempo, para ir creando ambiente fíxose un adianto, redactado por Alonso Montero, titulado Carta urgente a todos los gallegos (7), firmado por un estudante de cada facultade, Alonso Montero, Mendez Ferrín e os catedráticos de Universidade que se puideron conseguir, que foron Alonso del Real e Vidal Abascal. Tivo unha difusión relativamente boa na prensa, na que saíu a medidados de xuño de 1966."...

Pulsar para ver en grande.

 

"Carta urgente a todos los gallegos"

 

A obra da presa, á dereita a "tajea" aínda sin pechar, a esquerda o estribo norte.

Fotografía A. Reguera.

 

(7) O documento está publicado (Gurriarán, 2008:178)

      ..."Entre tanto FENOSA, lentamente polos atrancos mencionados, vai gañando batallas xurídicas, pois o Boletín Oficial del Estado publica el 14 de xuño de 1966 a resolución pola que o Concello de Ministros lle concede a expropiación de urxencia ata a cota 74. A lexislación establecía que nas expropiacións de urxencia a ocupación dos terrenos era inmediata, quedando para despois a valoración e o pago. Esto permitiría a FENOSA completar a "tajea", unha pequena presa auxiliar imprescindible para deixar en seco o lugar onde ía ser construída a presa definitiva. A batalla da "tajea", chamada no BOE "ataguía", estaba perdida, xa se pode pechar e a primeira etapa da inundación do val pode comezar. FENOSA respira tranquila, pois a construción da presa está libre de atrancos, e ten por diante un amplo marxen de tempo para rematar o proceso expropiatorio (a presa non se finalizar´´a ata 1969). Precisamente esta circunstancia provoca o momento máis álxido do enfrentamento en Castrelo, pois o día 30 de xuño os veciños, convocados polo toque a rebato das campás da igrexa de Barral, comprobaron que no salón do Concello de Castrelo había un numeroso grupo de topógrafos militares de uniforme, que viñan facer as medicións da cota 74 (Alberte 1990, 564-565). Os feitos, que levaron á queima  dun barracón da obra,, foron descritos asi polo diario ABC:

    Se han conocido las causas de un incendio que destruyó el pasado día 30 un barracón en las obras del embalse de Castrelo de Miño. El incendio fue provocado.

    La tarde del día 30, en reunión convocada por el alcalde en el pueblo de Barral, fueron informados los veinte asistentes a ella de que el equipo de topógrafos iba a medir los terrenos expropiados para construir el embalse, y se aconsejó a aquéllos que colaboraran en esta labor. Pero a la llegada de los técnicos varios vecinos dieron tal muestra de inquietud por la sospecha de que sus terrenos iban ser inmediatamente inundados, que la medición no pudo efectuarse. Grupos de mujeres fueron a las obras del salto; la Guardia Civil adoptó una actitud de prudencia, e inopinadamente algunos grupos destrozaron el barracón, incendiándolo, y con él cuanto había en su inmterior. (ABC, 1966:58)

 

A leitura diste texto suscítame as seguintes reflexións:

 

___O barracón foi queimado polas mulleres. Como tantas outras veces, Fuenteovejuna viste saia.

___A espontaneidade non pode ser máis evidente (9), a pesar do cal hai que fala de "pobo organizado" (Carballa, 1988:57)

___A actitude "prudente" (10) da Garda Civil, sin dúbida veu condicionada polo seu escaso número, probablemente os do posto de Ribadavia (11). Rapidamente as autoridades envían un numeroso destacamento, que se aloxa a pé de obra en dous grandes barracóns prefabricados instalados ás presas.(12)

 

(9) José Ramón Alberte Castiñeiras fai un minucioso relato que non deixa lugar a dúbidas sobre o espontaneismo destes sucesos (Alberte, 1990: 563-566), o que non quita que haxa xente interesada en contar as cousas pro domo sua. Ferrín, á pregunta "por esas datas. ¿Tiñades xa  asumida a loita armada?", contesta :(...) O que si fixeron (en Castrelo) foron actos de violencia, pero foi algo que levaron adiante os campesiños axudados por nós: queimáronse as máquinas e botáronse ó río, incendiáronse as instalacións de FENOSA..."(Salgado 1989:140). A cursiva é miña.

 

(10) En canto á "actitude de prudencia" que narra ABC, Alberte  descríbea así:"El teniente ordenó a los  que allí estaban reunidos que se dispersaran. Como tal cosa no ocurrió, hizo ademán de sacar su pistola reglamentaria, ante cuya actitud un grupo de personas que le rodeaba intentó hacerle desistir de tan peligroso propósito arrebatándosela y arrojándola a donde no supusiese peligro.. En ese momento la reacción del teniente (...) fue la de gritar a sus subordinados: ¡disparar! ¡disparar!. Fuese la humanidad de los demás miembros de la Benemérita que no obedeciesen la orden, las palabras de Amancio Alberte Nieves pidiendo calma y serenidad a todos o, en definitiva la mano de Dios, el caso es que nose obedeció esa orden" (Alberte, 1990:564).

(11)"Al poco (...) apareció una patrulla de la Benemérita armada con fusiles y metralletas al mando de un te niente" (Alberte, 1990:564).

 

(12) "La reoresión no se hizo esperar. Lo primero que hicieron fue montar en Castrelo un importante puesto de la Guardia Civil al mando de un teniente y comenzar a detener a gente entre los afectados por el embalse, para así implantar el terror y para que nadie se moviera"(Arias, 2007:247).

Caseta de obra con propaganda do Sindicato Vertical.

Fotografía Arturo Reguera.

Nestos enfrentamentos coa Garda Civil díxose que foran detidas sete persoas, pero procesadas polo Tribunal de Orden Público foron catro, v¡baixo a grave acusación de sedición (Águila, 2009).

 

Omite o ABC  que cando os veciños chegaron ás obras rebentaron varios barrenos, o que contribuíu a exaltar os ánimos. Na relación de feitos da sentencia de Orden  Público a explosión foi casual "y como se produjese la explosión de varios barrenos..." (Águila, 2009), pero para Alberte non foi así: "cuando el primer grupo se dirigía hacia la obra se hicieron estallar por parte de los técnicos barrenos uqe provocaron numerosos desprendimientos de rocas y todo ello con un claro deseo intimidatorio" (Alberte, 1990:564)."...

 

..."Para a recollida de firmas fíxose o maior despregue de que se foi capaz. Realmente a acollida foi moa boa, e o único problema foi o longo que era o documento, o que levaba a que a xente tardara moito en lelo. Eu estaba en Lugo, e tocoume recoller as firmas de Celestino Fernández de la Vega, Ricardo Carballo Calero, Anxel Fole, , Ramón Varela , Presidente do Círculo das Artes, Pedro González López, Decano do Colexio de Avogados o Dr. Yáñez Rebolo e, en Monforte, Manuel María e o notario Moure Mariño, entre outros. En total recolléronse máis de 1.500 firmas (13).

 

(13) O documento está publicado na revista do Partido Comunista Nova  Galicia (VV.AA, octubro de 1966)

Pulsar para ver en grande.

 

 

     Fenosa parecía que acusaba el golpe. Respondeu cunha carta circular firmada por Caparrós, e enviada a varios firmantes do escrito, que comenzaba:" No puedo negarle lo que nos ha sorprendido encontrar su nombre entre los firmantes de un escrito..." e terminaba "Finalmente (...) debo reiterarle que le dirijo el mismo por considerarlo un indispensable servicio de información consecuente al temor de que haya podido Vd. ser confundido por la interesada campaña que culmino con el escrito  en el que incluye su propia adhesión, que confio haber rectificado con esta escueta relación de hechos y esa larga serie de argumentaciones". Na carta, logo de loubar todo o que FENOSA tiña feito por Galicia e lamentar que o progreso, ás veces, levase aparellados danos e intereses particulares, falaba de que a Unión Soviética apoiaba a presa de Assuán, mentras radio Moscú criticaba a construcción da "modesta" presa de Castrelo, "derivación política que por algunos se está intentando dar al problema". Tamén afirmaba que "FENOSA está pagando la hectárea con precios que supera el millón de pesetas, según la calidad del terreno afectado. La cotización de esas tierras era, con antelación a la existencia del problema de 500 a 600.000 pts. la hestárea"(14) (VV.AA, 1966:122-124).

 

(14) "...precios que superan el millón..." quere dicir que superan as cen pts. metro cadrado, cando nese momento (1966) FENOSA ofrecían sesenta. En canto ás cotizacións anteriores  de cincuenta a sesenta  pts. que di Caparrós, a realidade era que se tiñan chegado a pagar, anos antes, duascentas pts. (VV.AA, 1966:72).

 

      En  setembro a prensa publica a noticia, difundida desde Ourense pola axencia oficial Cifra, de que as obras do embalse serían suspendidas por tres anos. Pero obviamente era unha manobra, pois FENOSA nunca o confirmou oficialmente, e o único que houbo foi unha certa baixa no ritmo dos traballos. Probablemente querían enfriar o tema con vistas a pechar a "tajea".

A unidade de acción entre a UPG e o PCE permitía que fose cómoda para mín unha situación na que era militante da UPG, pero mantiña unha estreita colaboración con Alonso Montero, con quen tiña unha excelente relación persoal desde os tempos de profesor meu no Instituto de Lugo. Realmente a miña situación permitíame ver como traballaban uns e outros, e parecíame moito máis serio O PCE..."

 

..."O paso de Foz ó PCE, a fins de verán, facilitoume seguir o mismo camiño e fixo que aquel embrión da UPG da Universidde durase o mesmo que o lume dunhas pallas"...

 

...Neste contexto, Xesús Alonso Montero suxeriunos a Perfecto Conde Murais e a min, que fosemos a Castrelo recoller material con intención de facer un libro de viaxes ó xeito de Campos de Níjar de Juan Goytesolo, ou dos de Armando López Salinas. O obxectivo era ambicioso, de feito no que a min se refire, desmesurado, e se ben non deu en nada concreto, para min, e cóstame que para Perfecto tamén, foi unha interesantísima experiencia. Non conservo as notas que tomei, polo que o que vou contar  débese ó pouso que quedou na miña memoria, refrescado coa lectura dos papeis que de aquela se publicaron.

Un home traballando unha viña en Castrelo 1966,

tres anos antes de desaparecer asolagada. Foto  A. Reguera.

A data da nosa viaxe sitúase avanzado o outono de 1966, e comezou en Lugo. collendo o primeiro coche da La Directa, que nos deixou en Ourense a media mañá, a tempo de bebernos un café e ir a visitar a Amadeo Varela, o avogado do grupo máis numeroso de labradores afectados polo embalse, e home vinculado como xa teño dito, á UPB"...

 

..."Xa se perdera a batalla da cota 74, pero o xeneral Varela transmitía confianza as súas tropas co seu discurso optimista e cheo a reverter de moral de vitoria.

     A outra visita que fixemos en Ourense foi a don Albino Númez, home do PCE e moi próximo (Santidrián, 2002:467) e pai de Carlos Númez, que xa comenzaba a ser un activo militante do mismo partido, e que tería unha destacadaq actividade no conflicto de Castrelo (Arias, 2007:351). Don Albino, home de gran cordialidade, animounos con sinceras e quentes palabras. Era o autor dun Romance de Castrelo de Miño, que circulaba clandestinamente."...

Dous "tricornios" patrullando nas obras de Castrelo.

A necesidade de sacar a foto clandestinamente comprometeu a súa verticalidade.

Fotografía A. Reguera.

 

 

..."Logo de xantarmos, apañamos o coche de liña a Ribadavia, a tempo para visitarmos, xa anoitecendo, ó médico e historiador Rubén García Álvarez, home que me produciu unh gran impresión. O seu ollar, o seu falar, o seu xesto, destilaban bonhomía. Entre outras moitas cousas, contounos, desde a súa experiencia profesional, a diferencia económica que había entre os castreleños e os do resto da alfoz de Ribadavia. En tempos en que a Seguridade Social Agraria apenas daba cobertura, cando lle viña un enfermo de Castrelo podía recetar o que o seu benfacer médico lle aconsellaba, mentres que en calquera outro caso tiña que ter  en conta a factura farmacéutica, e substituir os medicamentos máis caros por outros, aínda que foxen menos eficaces."...

 

..."Xa en Ventosela, e logo de tomarnos un café e unha copa de excelente licor-café nunha taberna, chegamos a pé a Castrelo, pasando a ponte de ferro que fora, trinta anos antes, testemuña muda dos asasinatos dos da beira derita a mans dos da beira esquerda. Desde esta ponte, mirando cara ó norte, impresionaba o despliega da Garda Civíl na ladeira de Ventosela, e os dos grandes barracóns naquel momento cuspían tricornios que baixabn o mote á procura dos seus  destinos de vixilancia. Cara o leste víase a obra da presa, cun pequeno dique chamado por todos a "tajea", destinado a desviar as augas"...

 

 

..."A partir deste momento, e dos dous ou tres días que pasamos en Castrelo, non son capaz de facer un realto detallado, pois foi falar todo o tempo con aquela xente, que coas variantes propias da condición humana, contaban a mesma historia de desesperación e de sensación de espolio e atropelo. As paredes de muros e valados estaban cheas de pintadas que, a diferencia do que estábamos afeitos, ninguén borraba. Era curiosa a frecuencia con que se apelaba ó "antifenosismo" desde o franquismo, pois moitas invocaban a Franco antes de atacar a FENOSA., como xa teño mencionado máis arriba. Eu levaba unha cámara ruín,  que me emprestara un fotógrafo de Lugo"...

 

 

..."Estivemos durmindo na casa dun mestre do que non podo lembrar o nome (15), que nos acolleu con gran cordialidade. Falamos con todo o mundo, comenzando polo alcalde, un franquista ético e estético, que nos deu a entender claramente que se decataba de que estabamos ó servicio do seu inimigo, pero que nas circunstancias que lle tocaba vivir, tiña que aceitar calquera axuda, viñese de onde viñese"...

 

(15) A lectura das memorias de José Arias faime pensar que seguramente era o mestre Eloy Sobrino (Arias, 2007:243).

 

..."a UPG non tiña organización na zona, pois dependía do PCE para a distribución da propaganda, mentras que o PCE xa tiña xente,como José Arias ou Santos Costa, que en 1969 participaron na fundación das Comisións Campesiñas, que liderarían a campaña NON PAGAR contra a cuota empresarial da Seguridade Social Agraria, que os labradores pagaban a cambio dunha mínima asistencia sanitaria (Arias, 2007: 172).

Panfleto da discordia. 1966 por un partido comunista de Galicia

que non nacería ata 1969

A implantación da UPG in situ era nula, por moito que diga Ferrín (17), pois como recoñece o propio Bautista Álvarez, a propaganda mandábana por correo (Carballa 1988: 59-60), sistema que tiña a efectividade que xa comentei máis arriba. Da actividade do PCE dinos Lanero:

   Entre los militantes comunistas más activos estuvieron Santos Costa, Xesús Alonso Montero, Emilio Villar o el propio José Arias, quien se encargó junto con Santos Costa y Villar del masivo lanzamiento nocturno de octavillas reivindicativas en el área geográfica de las poblaciones afectadas. Arias y sus compañeros realizaban estas arriesgadas excursiones nocturnas en bicicleta (18), motocicleta o incluso a pie. Junto a la difusión de panfletos en los que el PCE y las Comisiones Campesinas se opinian a la construcción de la presa, al tiempo que aprovechaban para presentar reivindicaciones de otro tipo, las organizaciones comunistas recurrieron a las reuniones informativas con grupos de vecinos afectados, al envio de artículos a la prensa solidarizandose con los labradores de O Ribeiro e incluso a la convocatoria de alguna manifestación pública de protesta (Lanero 2007: 54).

(17) Ferín afirma " unha vez que viron (o PCE) como estabamos funcionando, eles quixeron meterse, quixeron tomar parte activa, nós non tiñamos ningún contacto non nada que ver con eles" (Salgado 1989:138). E tamén "(Castrelo) foi a proba de fogo (da UPG) e, evidentemente, conseguimos organizar ós campesiños frente a FENOSA, combinando a loita xurídica no plano legal, con avogados nosos, con toda unha serie de accións violentes" (Salgado 1989:138). Sobre a organización dos campesiños e as accións violentas, véxase ut supra, e sobre os "avogados nosos" o plural é incorrecto, era un só, Amadeo Varela, e deu un resultado que se verá máis adiante.

(18) "Recorría quince ou vinte kilómetros en bicicleta pola noite, esparciendo octavillas y con los coches alumbrándome por detrás. ¡Hubo suerte!. Tanto la policía como la Guardia Civíl andaba locos..."(Arias 2007:245).

   Arias rende homenaxe ós seus compañeiros dicindo:

   Digo desinteresadamente, por ejemplo, el Dr. Peña Rey. El joven perito agrícola Carlos Barros (...) fue brutalemnte masacrado en las dependencias del Gobierno Civil por la llamada Policía Político Social, por querer organizar a los agricultores en un sindicato paa las defensas de sus justas reivindicaciones. Carlos Nuñez (...) debo de aclarar que casi todos estos hombres lucharon exponiendo su vida no tenian fincas ni interesas de ningún tipo en el citado embalse de Castrelo. Entre otros luchadores se encontraba también Emilio Villar (Arias 2007:251).

Nun informe policial sobre Castrelo dise (19):

..."El hecho de que hagan aparecer esta propaganda como editada por el Partido Comunista de España no se juzga verosimil..."

(19) Documentación consultada no Arquivo da Fundación 10 de Marzo.

 

..."O despiste non podía ser maior. A evidencia da firma comunista non lle chegaba á policía para saber que organización estaba detrás dos panfletos."...

  Frente a isto,Bautista Álvarez insiste en que un determinadopanfleto da UPG chamado Embalse non, xustiza si (20), de dubidosa difusión por correo, como xa me referín antes, "serviu para quentar e fulminar unha situación explosiva" (García 2005:29). Vendo o xeito de interpretar o sucedido que teñen Ferrín e Bautista, a un venlle a cabeza aquilo que canta Chico Buarque;"Há que pôr o châo nos pés".

(20) os primeiros parágrafos deste texto están publicados en Galicia Hoy (VV.AA. 2008:112).

  José Arias, ademais da loita clandestina, fixo á luz pública actividades tan espectaculares e arriscadas como organizar un autobús cheo de xente de Barbantes -a súa terra- que cunha gran pancarta no frontal decía "Barbantes se solidariza con Castrelo", foi levar a solidaridade dos seus paisanos ós de Castrelo, onde se organizou espontaneamente unha gran festa, sen que a Garda Civil, collida por sorpresa, chegara a intervir (Arias 2007:248).

 

..." De repente, unha noticia deixounos a todos -ou polo menos a todos os inxenuos coma min- completamente sorprendidos. Cando parecía que FENOSA recuaba, os castreleños de Amadeo Varela aceptan unha nova oferta e venden as súas terras, ó mesmo tempo que os dos outros avogados. Caso pechado. A presa definitivamente chegaría, sen máis atrancos, ó seu fin. Que pasara?. Pois que o señor Varela escondía un as na manga: tiña asinado un pacto cos seus clientes polo cal, en chegando a unha certa cantidade por metro cadrado, aceptaríase a venta, cunha "razonable" comisión para o señor letrado. Na "operación" andaban, por suposto, os outros avogados, algún xa tiña pactado de antes a venta, coa cláusula de que, no caso de incrementar FENOSA o prezo, os seus clientes serían compensados pola diferencia, Arquímedes Varela usara a UPG como punto de apoio da súa panca para mover, cara ós seus intereses, ese anaco do mundo chamado Castrelo.

(22) O precio de 400 pts. fora calculado por unha comisión de peritos enviados polo Goberno (Arias 2007:246), e era usado como referncia na oposición a FENOSA, xa perdida a batalla da cota 74 e reducida a loita ó terreo económico. Un equipo de economistas do Estado tiñan valorado as terras a 500 pts. metro cadrado (VV.AA 1955:72).

  Os que crámos que o obxectivo  "non vender" era asumido honestamente polos castreleños, ou polo menoschegar a unha valoración xusta das terras, estimaba en catrocentas pesetas metro cadrado (22), aínda sabendo, que parar a FENOSA era moi dificil, e o probable sería un final imposto pola forza, sentímonos traizoados por aquela coalición dos franquistas castreleños e o seu lider "pseuupeguista". Cómpre facer notar que no escrito que  el mesmo redactara dicíase textualmente "La cantidad que FENOSA pudiera abonar por esta tierras de inapreciable calidad, no podrá nunca compensar el valor real y objetivo de las mismas", sen embargo, parece que se a cantidade chegaba a unha certa cifra, compensaba. A diferencia foi desde as quince pesetas (23) por metro cadrado que ofrecía FENOSA inicialmente, que foi subindo progresivamente a trinta e cinco en 1964 e logo a sesenta en 1966, ás cento sesenta e cinco (24) que pagou finalmente (Arias, 2007:205 e 243 a 249).

(23) Anos antes en Castrelo tíñanse vendido a 200 pts. metro cadrado (VV.AA 1966:72)

(24) Este precio final foi un pouco mellorado polo que nos conta José Arias "El cuarto y último episodio de lucha derivado del embalse ya fue más debil y corto, pero tampoco resultó mal porque se consiguió algún precio mayor y además se logró cobrar por toda clase de obras e instalaciones así también compensaciones  por los árboles, cepas, postes, alambradas y todo aquello que figurara en las  actas notariales elaboradas por peritos y abogados" (Arias, 2007:251).

  Tamén tivo un destacado papel en todo o proceso Eulogio Gómez Franqueira, casualmente curmán da nai de Alonso Montero, que fora máis de vinte anos mestre rural en Castrelo, onde era concelleiro dende 1954, e presidente da "Hermandade de Labradores", Procurador en Cortes polo "tercio de familias" nas "eleccións" dese mismo ano de 1966, e que tiña fundado anos antes, precisamente en Castrelo, a primeira cooperativa, xérmolo do que sería o grupo COREN. Franqueira, ademais dos seus caciqueos na Cooperativa Vitininícola do Ribeiro (Arias, 2007:186), "mediou" a favor de FENOSA conto puido, presionando ós labradores para aceptaren o precio de FENOSA. Xa visto como imparable o embalse e posta xa a loita en termos económicos, José Arias achácalle ó caciquismo de Franqueira e os seus a responsabilidade por non terse aproximado o precio final ás catrocentas pesetas (Arias, 2007:249 e 260). O mesmo Arias enfrentouse a Franqueira con frecuencia dento da "Comisión de Castrelo de MIño" que negociaba con FENOSA (Arias, 2007:186), e da que os dous formaban parte. Pero só Franqueira e os seus?. Eu penso que tanta responsabilidade tivo Amadeo Varela (25).

  E con este último capítulo remata a historia do conflicto de Castrelo de MIño.

  En 1969 a presa pecha as comportas e comeza a embalsar auga e a asolagar o val ata a cota 88. José Arias cóntao así

...fue triste ver las caras pálidas, llorar a las mujeres y conmoverse a los hombres, al ver que las aguas del embalse crecían hora a hora, día a día, milímetros a milímetro (Arias, 2007:250).

(25) FENOSA evidentemente prefería a solución pactada, pero tiña na recamara o cartucho da expropiación forzosa. Por que FENOSA non acudía a esta vía, como fixo con terreos afectados pola cota 74?. Porque se ben neste último caso poido obter fácilmente a declaración de urxencia, que permitía a ocupación inmediata dos terreos, para o resto -a gran maioría das terras- non era tan doado, sobre todo tendo en conta na notoriedade que o caso tiña, polo  o proceso podía dilatarse. Pero no caso de ter que pagar un precio que foxe moito máis alá das contas previstas, quizá FENOSA optase polas expropiacións cousa á que Amadeo Varela tíñalle máis medo que o lume, pois matáballe a galinha dos ovos de ouro, e debeu considerar que tensar máis a corda podía rompela. Ó fin e ó cabo, como decía Leiras Pulpeiro

                                .... pan que se solta,

pan perdido pra sempre, e non ten volta!

  Castrelo queda sen as mellores terras, convertidas nun grande piago, e moita xente vaise, a Vigo a mairía. É certo que non faltou que saíu beneficiado pola expropiación. Os que tiñan boas propiedades no val de Castrelo chegaron a cobrar dous millóns de pesetas, que na época era diñeiro, e habilmente invertido na floreciente especulación inmobiliaria da altura en Vigo, rendeulles o que o viño non rrendía, por eso hai que falou de "santo embalse" (Soutelo 1988:365), para o resto as cousas non foron tan doadas, ademais de que foi un duro golpe para a comarca do Ribeiro, como tamén desta o mesmo autor:

    Quizás una de las más negativas fue la expulsión de la población local, obligada a buscar nuevas oportunidades de vida en los espacios laborales y sociales de las ciudades más cercanas. Aunque carecemos de estudios cuantitativos que avalen esta información, resulta evidente que la pérdida de estas vegas supuso un duro golpe para la vitivinicultura del Ribeiro -enfrentada a la escaez crónica de producción autóctona que invitaba a la adulteración y venta fraudulenta del "matute" castellano -cuando comenzaban a desarrollarse con éxito las primeras experiencias de cooperativismo de comercialización, ahora obtaculizados por la emigración masiva y el consiguiente envejecimiento de los viticultores que tal como ha demostrado L. Dominguez (1995:211-212, 1996) suponen una seía amenaza para el futuro de la comarca más emblemática de la Galicia rural (Soutelo, 1998:366).

   En 1970 conclúese a presa de Frieira, augas abaixo.Para os que nacemos á beira do Miño e o sentimos como o noso río, queda o consolo de que non se chegara a construir a de Sela, coa que o desastre ecolóxico sería aínda maior.

Portada  alusiva a emigración en Ventosela.

 Fotografía de A. Reguera.

  Chama a atención, con ollos de hoxe, ver que os argumentos que menos -ou que nada- se esgrimiron foron os ecolóxicos. A desfeita do río é tan evidente que non precisa de máis aclaracións.Hoxe o Miño -sen falar do seu fillo, o Sil -está empozado desde antes de Portomarín a Frieira. Esta última presa é o baluarte contra as anguías, salmóns, lampreas, etc., que xa non poden subi-lo río. En Castrelo engádese o feito de ter sido o asento dun ecosistema moi peculiar. ero as argumentacións en contra do encoro eran de tipo social, aquelas xentes sin terra quedaban sin outra saída que a emigración, ou de tipo económico, producía máis o val coa agricultura que co monocultivo dos quilovatios.

 

 

..."É acertada a calificación do suposto despegue (´take-off´) da UPG en Castrelo como ´factoide ¨, ou sexa, "un elemento de información falso, repetido tantas veces que termina considerándose verdadero´. Ese despeque só se produciría uns anos máis tarde. Espero ter contribuído para a clarificación da nosa historia.

   A loita de Castrelo tivo boa fortuna literaria. Xa nos primeiros tempos do conflicto, Sebastián Martinez-Risco publicara en Vieiros o conto "A morte dun pobo" (27). Celso Emilio Ferreiro  publica en 1966, co pseudónimo de Xan Casalderrei Petán o poema 25 anos de paz, que contén unha referencia explícita a Castrelo (VV.AA, 2008: 114-115). Fernández Ferreiro publica en 1978 a xa citada novela Morrer en Castrelo de Miño (28), e coa novela A Vila asulagada (29) Daniel Cortezón gañou o premio "Blanco Amor" de 1981. En poesía, ademais do tamén citado Romance de Castrelo de Miño  de Albino Núñez, outros poetas como Bernardino Graña e Lois Dieguez escribiron poemas alusivos. O cantautor Miro Casabella e autor dun Romance de cego de Castrelo de Miño, con música adaptada dun romance de cego popular escoitado na sua terra de Valadouro e letra propia, que non gravou en disco, ainda que o cantou en numerosos recitais desde a estrea en 1968, segunda a información que me proporcionou el mismo. Hai un video que se pode ver no Youtube ou nun enlace da páxina web do concello de Castrelo de Miño, no que Miro canta o Romance acompañándose á zanfona. Suso Vaamonde gravou este Romance duas veces, nos discos Loitando (1973) e As palabras dos galegos (1998) sen facer constar o nome do autor. Tamén o conflicto de Castrelo tivo o seu lugar na exposición 1968 do "Gaudeamos Igitur" ao "Venceremos Nós", dedicada as movilizacións estudantíes de 1968 na Universidade de Santiago, como se pode ver no excelente catálogo (Gurriarán, 2008) e nos outros dous libros, secuelas da exposición, Inmunda escoria (Gurriarán 2010) e o xa citado 1968 en Compostela 16 Testemuños (Reguera, 2010:309´337) tamén coordinado por Ricardo Gurriarán no que se publicou por primeira vez este traballo, que agora reviso e amplio.

(27) Sebastián Martínez-Risco "A morte dun pobo". Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega en Mexico Número 3 México D.F. Outono 1965.

(28) Xosé Fernández Ferreiro, Morrer en Castrelo de Miño. Ediciós do Castro. Sada 1978. A Terceira Edicción. Ediccións Xerais de Galicia. Vigo 1983., enriquécese cun Prólogo de Arturo Lezcano, citado neste texto, e unha Nota do Autor, na que consta " a conspiración do silencio" que sufrira a novela, provocada pola presión de FENOSA.

(29) Daniel Cortezón. A Vila asolagada. Ediciós do Castro. 1981

 

   Precisamente nos prolegómenos desa folga do 68 detido eu na Comisaria de Santiago, estando no gabinete onde facían a ficha policial, impresións dos dez dedos e das palmas, fotografías de frente, perfil e medio perfil, e mentras un "social" me enzoufaba os dedos de tinta, apareceu o Comisario Armada, home que compatibilizaba a súa responsabilidade de xefe de torturadores coa de propietario de eidos en Castrelo, e díxome :"Ó final, de que valeu todo o que fixestes en Castrelo, FENOSA fixo o que tiña que facer, que era pagar ben as terras, e morreu o conto".

  Aquel miserable tiña a súa razón, e a min, aínda que tiña moi claro o importante que fora botarlle o pulso á Dictadura, revolvéronseme as tripas ó saber que contribuira a facelo rico.

Volver.