CASTRELO DE MIÑO:

 

Prólogo de Xesús Alonso Montero.

Resumen para mín básico dun prólogo fundamental

Xesús Alonso Montero é actualmente

o Presidente da Real Academia Galega

 

Dice Xesús Alonso Montero entre outras moitas cousas:

..."Hai cincuenta años, en 1966, Galicia protagonizou un feito insólito: os labradores de Castrelo de Miño (Ourense), os non franquistas e os franquistas (moitos), protagonizaron accións arriscadas que o reximen de Franco considerou preocupantes, moi preocupantes. Iniciábase a construción do encoro de Castrelo de miño, o que implicba a expropiación, polo prezo que fose, de moitos viñedos, algúns os máis feraces e prestixiosos de Galicia"...

 

..."E Galicia, a "mansa" Galicia,en pleno franquismo, protestou. Foi unha protesta, no inicio, levada a cabo polos campesiños, moi pequena, moi tímida, pero a partir do 15 de maio de 1966, a protesta campesiña beneficiose das palabras do gremio intelectual: dos seus artigos, dos seus manifestos, dos seus poemas e das súas prédicas.

No principio foi a Palabra:a palabra oral, a oratoria. En efecto, o 15 de maio de 1966, nun xantar literario en Ourense, dez voces da "intelligentzia" galega, pronunciáronse  contra o despotismo e a voracidade de FENOSA, o que implicaba tomar partido polos campesiños ameazados, un grupo deles presente no xantar, no histórico xantar que algúns cronistas compararon co banquete de Conxo de 1856. Abriu a sesión oratoria o verbo elocuente e indiscutible de D. Ramón Otero Pedrayo, seguido, na fervorosa sobremesa, por estes nove nomes (que consignamos por orden alfabética): Xesús Alonso Montero, Emilio Álvarez Blázquez, Eduardo Blanco-Amoe, Jose Mª Castroviejo, Manuel María, Xosé L. Mendez Ferrín, Albino Núñez, Luis Soto e Antonio Tovar. Tamén se pronunciaron dous estudantes da Universidade de Compostela, que se estreaban como oradores semisubversivos: Arturo Reguera (Económicas) e Josefa Román Costa (Medicina)"...

 

..."Cómpre ter en conta, moi en conta, que estas elocucións, semisubversivas as máis prudentes ou as menos esquerdistas (Castroviejo), producíronse na legalidade franquista no marco literario dunha homenaxe ó poeta Celso Emilio Ferreiro, que días despois, embarcaría en Vigo, rumbo a Venezuela, onde residiu, nun peculiar exilio, sete anos (1966-1973). Nas alocucións non escaseaban as críticas ó capitalismo industrial dos quilovatios e, dun xeito impreciso e sutil, ó Réxime de Franco, que protexía a FENOSA aínda que ninguén explicitase que o presidente desta empresa hidroeléctrica, Pedro Barrié de la Maza, apoiara económicamente a Franco na Guerra Civil e fora un dos máis eficaces artífices para que o Caudillo se fixese dono do Pazo de Meirás. Loxicamente, nas alocucións, abundaban as gabanzas a Celso Emilio Ferreiro, o poeta homenaxeado"...

 

..."A prensa galega, entre o 16 e o 20 publicou crónicas e artigos na liña da reportaxe aparecida no Progreso de Lugo...".

A xente do común non tardou en saber que o embalse de Castrelo de Miño era un serio conflito para o Réxime de Franco. Como parte da prensa extragalega se fixo eco da homenaxe e do conflito, axiña os lectores atentos de Madrid, Barcelona e outras cidades percibiron que, nun lugar de Galicia, os campesiños (cos inteletuais) estaban a plantear a Franco a primeira grande protesta agraria de España, dous anos despois de que o omnipresente ministro de Información, Manuel Fraga Iribarne, empapelara o país enteiro co eslogan "25 años de paz", a paz que Celso Emilio, nun poema asinado co pseudónimo de Xan Casalderrei Patán, definiu: Paz de Cuartel, paz de preso/ paz de pobo asoballado,/ paz de pau e tente teso./ Paz do conde de Fenosa,/ gran cabaleiro da industria/ que asolaga a nosa terra."...

 

..."No presente traballo, Arturo Reguera, referíndose ó 15 M, afirma:

   Organizado por unha comisión formada por Luís Soto e Méndez Ferrín, pola UPG, e Alonso Montero e "Antonio" (nome de guerra de Anselmo Hoyos), enviado de París polo PCE, celebrouse en Ourense...

Debo facer unha precisión ó termo "enviado". O partido non enviou a "Antonio", para este mester concreto, pois "Antonio" xa estaba en Galicia, coordinado tarefas, había meses..."

 

..."Conviña que Otero Pedrayo abrise, na sobremesa, a quenda dos oradores e que, ademais de proferir as gabanzas esperables sobre a poesía de Celso Emilio, fixese algunha incursión na problemática dos campesiños de Castrelo de Miño, problemática á que, en espírito, non era allea a musa do autor de Longa noite de pedra...O caso foi que don Ramón profiriu unha alocución vibrante na que mesmo recordou ós presos políticos, no seu día, no Convento de Celanova. O momento sublime, desde o noso punto de vista, foi cando, ó denunciar a situación de Castrelo de Miño, nos ofreceu unha das grandes metáforas: "O feudalismo hidroeléctrico"...

 

..."Cincuenta anos despois daquel Xantar histórico, Arturo Reguera publica un estudo documentado e riguroso sobre o "affaire" de Castrelo de Miño, o "affaire" que atopou na xuntanza do 15 M a caixa de resonancia que as reivindicacións campesiñas necesitaban para cobraren, ante a opinión pública, presenza e forza. Reguera viviu, desde dentro, aquel acontecer intelectual e, aínda sendo moi novo, foi parte dese acontecer. No seu relato tamén nos dá noticia de feitos posteriores a maio de 1966, algúns moi posteriores. El, estudante en Compostela, estivo na loita política e propagandística contra FENOSA, que no seu caos -e no de moitos outros- era unha loita contra o Réxime franquista (nesta dobre loita estaban, mesmo, algúns dos autores de pintadas que hoxe poden parecer pintorescas:¡Franco, si; Fenosa, non!.

   Como conta o autor deste estudo, meses despois do acto literario, pateu varias aldeas do Ribeiro, falou con distintas persoas e recadou datos e opinións en casas e tabernas, tanto da mare esquerda do Miño, a máis activa, como da marxe dereita, a da veiga de Ventosela. Nalgunha destas xeiras acompáñao Perfecto Conde Muruais, que fora, como Arturo Reguera, alumno meu no Instituto Masculino de Lugo. Como os dous tiñan cualidades e inquedancias literarias, animeinos a que, sen deixaren a militancia antiFENOSA, escribisen un libro de viaxes "ó xeito -di o noso autor- de Campos de Níjar, de Juan Goytisolo, ou dos de Armando López Salinas". El conta que non chegaron a escribilo, pero un ano despois, Armando López Salinas e Javier Alfaya publicaron un volumen que eles subscribirian: Viaje al País Gallego (Madrid, Península, 1967). Sorprende que os autores, comunistas, non repararan na problemática do Embalse aínda que visitaron, sen presa, Ribadavia..."...

 

..."Para que se vexa, sen saírmos deste libro Viaje al País gallego, cómo eran as cautelas da época, reproduzco a dedicatoria do volume:

A José Antonio y Alfonso Muñoz, compañeros en estas correrías. Para Santiago y Enrique, que tanto aman esta tierra gallega.

   Na segunda secuencia omiten o apelido dos destinatarios para que a Censura (do Ministro Fraga Iribarne) non os identificase. Tratábase dos dirixentes comunistas, no exilio, Santiago Álvarez e Enrique Líster. Un deles, Santiago, movía os fíos, desde París, para que a acción contra FENOSA fose o máis eficaz posible. En varias ocasións, pronunciouse, dende a Pirenaica (Radio España Independiente), co fervor campesiño que o caracterizaba. Quizais deba contar aquí que unha das alocucións foi obxecto, pola miña parte, dunha matización que lle fixen  chegar a París a través de nosos cauces clandestinos. Santiago, naquela alocución, puxera o acento de que moitos campesiños de Castrelo son estaban dispostos a venderen as súas terras, fose cal for o prezo que FENOSA pagase. A verdade era moi outra. A inmensa maioría quería vender, vender caro, para o que utilizaban a téctica, cos avogados, de que a cuestión non era o diñeiro. FENOSA e os seus avogados e asesores sabían o que todos sabíamos que calabamos: que as trerras, o final, venderíanse pero aa precios moi superiores ós das primeiras negociacións. Esta é unha cuestión que tamén se aborda, coa debida información, no prsente estudo.

Debo aclarar que eu, que non era economista nin sociólogo, estaba moi dentro daquel acontecer, non só pola miña condición de antifranquista, de militante comunista, senón porque a min éranme familiares aquel río, o Miño, no que me bañara de pequeno, e aquelas viñas, as da Veiga de Ventosela, en tres das cales, da nosa propiedade, traballara de mozote á beira do meu pai. Tamén me eran  moi familiares as xente dunha e outra banda do río, unha boa parte das cales só pensaba en vender, en vender ben, para establecérense en Vigo cunha taberna, cunha tenda ou con outra calquera pequeno negocio. Como así foi, en boa parte, Santiago Álvarez, desde a distancia -no espazo e no tempo- cría -quería crer- que naquela acción había un número elevado de propietaris con posicións radicais."...

 

..."Coñezo ó autor deste conciezudo traballo desde o curso 1960-1961, no que foi alumno meu, en Literatura Española, no instituto Masculino de Lugo (hoxe denominado "Lucus Augustis"). Non era dificil decatarse de que era, como estudante, un escolar que, máis ou menos aplicado, sempre tiña un criterio ponderado das cousas. Funme  afirmando nesta apreciación cando estudou Enxenería en Barcelona, Económicas en Santiago e cando tuven ocasión de compartir tarefas na Gran Enciclopedia Gallega e noutras activades intelectuais. En non poucas ocasións da miña vida, sempre que algunha cuestión moi delicada me preocupou (política, profesional, literaria), solicitei opnión de Arturo, a súa pausada e ponderada opinión, dúas características do presente traballo.

Supoño que Arturo, xa protagonista, xa testemuña do acontecemento en Castrelo de Miño, interesáballe historiar ese acontecer, tan importante na historia de Galicia (e de España), pois ninguén mellor situado para contalo e interpretalo. Por outra parte, a Arturo, xa protagonista, xa testemuña de tantos episodios, doíaílle como cidadán, que, durante anos e anos, se construise e implantase un relato dos feitos en boa parte inventado. En realidade, é inicuo que algúns dos relatores lle negase, nese acontecer, ó Partido Comunista, o pan e, ás veces, o sal, sempre en beneficio dunha sigla, a UPG, coa que, por certo, o noso cronista rompeu axiña. O cronista precisa: "É acertada a calificación de suposto despegue ("take-off") da UPG en Castrelo como un "factoide", ou sexa, "un elemento de información falso, repetido tantas veces que termina considerándose verdadeiro". Ese despegue só se produciría uns anos máis tarde. Espero ter contribuido para a clarificación da nosa historia".

Despois deste documentado -e vivencial- estudo, haberá que achegarse á figura do avogado ourensán Amadeo Varela, tan importante en varias fases do acontecer, con outra óptica. Arturo Reguera, incluso o ponderado Arturo Reguera, apela a unha curiosa figura retórica para caracterízalo: "Arquímedes Varela". E engade: "...usará a UPG como punto de apoio da súa panca para mover, cara ós seus intereses, ese anaco do mundo chamado Castrelo"."...

Volver.