ONDE ESTÁ O ENCORO DE CASTRELO DE MIÑO. 

 

O encoro está no río Miño, ó carón de Ribadavia. A presa está xusto en Castrelo de Miño, entre as feligresias de Sta María de Castrelo de Miño e S. Paio de Ventosela ( en Ribadavia).

   

Encoro de Castrelo de Miño, foto Pazo Labrador.

   O encoro colle aparte das parroquias xa citadas, San Pedro de Senín en Ribadavia, Virgen de las Nieves de Barral, S. Esteban de Ponte Castrelo, San Salvador de Vide, Sta. Maria de Prado, Santiago de Trasariz, Sta. Maria de Razamonde, Sta Eulalia de Laias en Cenlle. Chega tamén o Axuntamento de Toén, Punxín e incluso Ourense. En total 20 km. de cola. Casí nada.

En total o encoro colleu ata a cota 88. Esta cota está situada un pouco por baixo de Outariz,  1,5 km. por baixo, xusto onte está o muíño que se ve na fotografía.

A cota 88 está sobre este muíño. Fotografía de Secundino Lorenzo

sacada o 13/11/2016. Pódese ver en grande

Na fotografía a Presa de Castrelo na última chea do ano 2001.

Na cima da montaña a Iglesia de Sta. María de Castrelo de Miño.

(Fotografía de Secundino Lorenzo).