CASTRELO DE MIÑO.

A HISTORIA DUN VAL AFOGADO.

Por  Xan Carballa.

      Hai menos de vinte anos as terras do Ribeiro tiñan un aspecto moi diferente. Baixo a inmensa extensión de auga embalsada, que pode semellar unha verdadeira lagoa a que descoñeza a súa imaxen anterior, está un dos vales de maior riqueza vitivinícola da Galicia. Era a época do desenvolvemento económico, a etapa da monopolización da enerxía electrica da man de FENOSA, empresa exemplar para o réxime, a fronte da cal Pedro Barrié de la Maza -a quen se lle concede o título de conde.....da súa propia empresa -ía artellando unha das estructuras de colonización e monocultivo industrial que lle tocaba ao pais. Os nosos ríos, as concas do Sil e do Miño, ían server a construcción dunha rede de enerxía que só se xustificaba para a exportación sen se integrar en ningún plan de desenrolo económico de Galicia. Belesar, Peares, Velle, Castrelo e Frieira no Miño; San Estebo, Montefurado ou San Martiño no Sil forman o mapa que enche as voltas dos maiores cursos de auga do país para producir unha enerxía que, nun estimativo 60%, vai sair alén do noso territorio, sen contribuir o noso desenrolo e coa paradoxa ainda vixente de xentes sen electricidade ao pé das plantas productoras de centos de milleiros de Kilowatios. Dous símbolos dos tempos da dictadura xúntanse en Castrelo de Miño: a presa, que embalsou as augas do río Miño e nos anos 60 provocou un dos meirandes conflictos sociais no agro galego en pleno franquismo, a a ponte de ferro na que nos tempos inmediatos ao 1936 os fascistas paseaban e asesiñaban. Un pedazo da historia recente de Galicia, que é patrimonio da nosa memoria colectiva, resúmese nos sucesos que rodearon a construcción daquel encoro dos que recollemos unha narración neste número de A NOSA HISTORIA como símbolo da resistencia dunha época.

Ponte de Castrelo, unha lembranza triste a que fai referencia Xan Carballa. Fotografía de JLois.

 

UN PROXECTO DO 1945.

   Dentro dun plan que contemplaba a construcción dos encoros de Velle e Frieira, as obras de Castrelo de Mño foran proxectadas con data 17 de Xullo do 1945 polo enxeñeiro de camiños Javier Moreno Lacasa. Na concesión do Ministério de Obras Públicas (10 de Novembro do 1960) falábase de "conceder á entidade FENOSA o proxecto hidroeléctrico do tramo do rio Miño comprendido entre as cotas 108,428 e 35,207 metros sobre o nivel do Mar en Alicante". Castrelo afectaba a terras de seis concellos: Ourense, Toén, Castrelo de Miño, Cenlle, Punxin e Ribadavia, e nos 18 quilómetros de cola que ía ter o embalse estaban feitos un cálculo de elevación da cota até un máximo de 84,062 metros, que finalmente foron algo superiores producíndose un desequilibrio entre as terras expropiadas finalmente e as previsións iniciais. 0 conflicto alcanzaria o seu apoxeo nos anos 66 e 67 cando a aprobación da urxéncia na execución das obras, que realizaba Dragados y Construcciónes. 0 B.O.E do 14 de Xuño do 1966 publicaba unha resolución para a "urxente ocupación de bens afectados polas obras auxiliares".

 

CASE UNHA DÉCADA DE OPOSICIÓN.

    Se se recollen as diferentes vicisitudes que levaron as obras do embalse, desde 1960 ata a sua posta en funcionamento a primeiros dos 70, poderanse observar numerosos periodos de oposición e diferentes   fases. Segundo xornalistas que cubriron o evento na altura, como X. Platero, "nos primeiros 60 houbo quen vendeu terras que ian estar afectadas nunha negociación que non ¡a ter relación coa que posteriormente realizaron o groso dos pequenos propietários. Entre eles estaba Franqueira e alguns outros que despois non entrarían  directamente no conflicto". Daquela xa os concellos afectados, na sua totalidade, tomaron acordos plenários , contra  a construcción do embalse ao igual que as Hermandades de Labradores e un amplo colectivo das forzas ;oficiais da bisbarra, documentación que non aparecía adxunta nos  diferentes expedentes, nunha labor burocrática  de manipulación que se pode constatar na abondosa documentación de prensa da época, que se ocupou dun  conflicto que pronto acadou releváncia e trascendéncia fora do própio país.,

 

A empresa utilizou un sistema que nun extenso informe da "Revista de Economía de Galicia" (REG) se desveaba con claridade: FENOSA conseguiu a concesión en competéncia con ”ELectra del Viesgo SA' e 'Hidroeléctrica Española SA' e nada máis conseguir ganar este partido comezou a construir o embalse pois que para construir un salto de água o último no tempo -se ben o primeiro en importáncia- é inundar as terras. ...  Ainda non ocuparan un céntímetro cadrado dos bens afectados polo expedente expropiatório cando xa levaban  invertido vários centos de millóns e ademáis -previsores que son os financeiros- tiñan pedidas a Inglaterra unha séríe de máquinas para o salto. FENOSA non tivo, pois, un só fallo. Gañou á sua "competéncia", iniciou deseguida as obras no meio do rio -¡so que se chama domínio público e que é público e notório que só poden dominar uns poucos- e cando estaba abocada a paralízalas porque precisaba ocupar bens do público apareceu providencialmente unha resolución da Administración declarando urxentes as obras auxiliares ( ... ) Como dicimos FENOSA non tivo un só fallo no que respeita ao formal cumprimento da Lei. Acaso haxa que perguntar se cumpliu a Orde Terceira de Concesión, ou se respeita a cola máxima do embalse sinalada... -en definitiva... minúcias sen importáncia. A verdade é que FENOSA deféndese, e ben, coas armas da legalidade que, desgraciadamente, non sempre son as da xustícia".

 

As consideracións xurídicas tamén se recollen no informe pormenorizado da REG que se pregunta "por que se inicia o expedente no 1945 e se fai a declaración de utilidade pública 15 anos despois, cando as circunstáncias teñen variado enormemente? ( ... ) Por que se fai a concesión sen un prévio estudo que despois se recoñece como necesário? Por qué non se resolven dacordo coa lei os recursos sobre ocupación de bens e porén se declara urxente a sua ocupación? Por qué non aparecen os pronunciamentos no seu día tomados por Concellos e "Hermandades de labradores" en contra da construcción do Embalse?".

 

ERA UN VAL TAN FERMOSINO

    As coplas do romance que contribuiu a lembrar o conflicto de Castrelo facian referéncia ao val asulagado como un dos máis ricos da Galiza. As referéncias topan sanción en todos os estudos realizados na época. Sendo Ourense unha das provincias do Estado cunha menor renda per capita (7.893 pesetas no 1966) e unha renda familiar anual de 37.800, Castrelo sobresaia poderosamente coas suas 25.550 e 122.400 respeitivamente, Unha producción anual de 14.606.900 litros de viño cun beneficio bruto de máis de 102 millóns de pesetas que se incrementaba até 200 millóns nas producións agrícolas estatais, servían de marco a toda a oposición ao embalse.

Segundo as cifras que se manexaban a produtividade por área era dunhas 2.608 pesetas e os viciños argumentaban, nos seus escritos de reclamación, que, capitalizadas segundo a porcentaxe do 4 por cento da Lei de Expropiación Forzosa a efeitos do xustiprécio, o valor total do val aproximábase aos 5.000 millóns de pesetas.

 Todos estes datos eran a artillaria dunha oposición que se procurou todos os camiños. En apoio dos labregos do Val de Castrelo destacouse a aposición política e nomeadamente a UPG,  -ainda que por uns camiños que, como se contará máis adiante, non son moi habituais-, e un amplo espectro da intelectualidade galega.

 

O POBO ORGANIZADO

Segundo viciños da bisbarra "ainda que podia estar claro que a empresa poderia sobre nós, non debíamos botarnos atrás", e non se botaron. Organizáronse a través dun sistema de aviso pirotécnico "as xentes que estaban ao pé das obras, cando vian chegar as máquinas, mandaban un foguete ao ar. E así faciase unha cadea de aldea en aldea e concentrábamonos nas obras ( ... ) Foi unha época moi dura, e houbo moitos enfrentamentos. A máis dun técnico puxéronlle os fouciños no pescozo e ainda se levaron as vacas e guindouse maquinária ao río".

 

A Guardia Civil interviu en várias ocasións cargando dunha volta contra unha manifestación de homes que finalizou con detidos e feridos. 0 posterior íncéndio dun barracón foi recollido pola prensa da época e así o contaba o ABC -que como outros moitos periódicos e revistas tívose que se ocupar amplamente, no tempo do siléncio, duns sucesos que trascendían a normalidade-. "A tarde do día 30, nunha reunión convocada polo alcalde na vila de BarraL foron informados os vinte asistentes que unha equipa de topógrafos ¡a medir os terreos expropriados para construir o embalse e aconsellouse a aqueles que colaboraran no labor. Mais á chegada dos técnicos vários viciños deron tal mostra de inquietude pola sospeita de que as suas terras ian ser asulagadas de contado, que a medición non puido efectuarse. Grupos de mulleres foron ás obras do Salto; a Guardia Civil adoitou unha postura de prudéncia e inopinadamente alguns grupos incendiron un barracon con canto había no seu interior. Numerosas persoas son interrogadas no xulgado. A causa do suceso está na inquietude causada polo baixo précio da expropriación dos terreos que FENOSA aproveitará uns baixos précios que se iniciaran cunha oferta que apenas era de 18 ptas/metro cuadrado e que chegou, finalmente e despois de numerosos incidentes e enfrentamentos, ás 160 pts/metro  en términos medios para todo o val.

OTERO PEDRAYO: "O FEUDALISMO ELÉCTRICO DE FENOSA......"

   Que no ano 1967, uns 1.575 "escritores, artistas, catedráticos, avogados, cientificos e profisionais" asinaran un escrito para "unir a sua voz para salvar o val náis fertil da Galiza e evitar a miséria de 8.000 persoas", en unha importante trascendéncia politica e a própia FENOSA chegou a preocuparse, enviándolle a moitos os asinantes un documento de resposta ao, mesmo(1)

 

(1) 0 escrito do Departamento de Relacións Públicas e FENOSA asinábao Luis Caparrós que se extendia unha argumentación que derevaba as responsabilida­es de FENOSA ao "estrito cumprimento da Lei", que estaba feita e aplicada á medida dos seus intereses or un governo ditactorial. Certo é que os Embalses, desgraciadamente, todos os milleiros de embalses que o mundo existen, non poden facerse sen daño a intereses particulares (...) é o tributo doloroso que esixe o progreso dos povos", para despois citar Assuan e a axuda do governo soviético na sua construcción, "o mesmo que a través de Radio Moscu se referiu criticamente á construcción da "modesta" presa de Castrelo, derivación politica que por alguns se está intentando dar ao problema e eu esta Empresa, escuetamente industrial e mercantil, rotundamente rexeita"

 

Caparrós despois de glosar "o timbre de orgullo e a razón de nobreza" que guiou sempre a FENOSA, finaliza, "comprenderá que resulte un tanto inconsecuente o feito de que unha rexión onde practicamente pode dicerse que o único e definitivamente positivo que se fixo para o seu desenrolo foi no sector de criación de fontes de enerxia, a el vaian ir parar precisamente os reproches e non a ises outros sectores estancados entre a morriña e a indoléncia".

 

Entre os que suscribian estaban os decanos dos coléxios de avogados de Ourense, Lugo e Santiago, pintores (Laxeiro, Xavier Pousa, Xosé Luis de Dios, Virxilio, Urbano, Lugris, Mercedes Ruibal, Anxel Sevi­llano, Lodeiro Reimundo Patiño, ...); escultores (Manolo Coia, Acislo Manzano); escritores (Blanco Amor, Ce­lestino Fdez de la Vega, Fernández de¡ Riego, Méndez Ferrin, X. Alonso Montero, Varela Jácome, Carballo Calero, Uxio Novoneyra, Ánxel Fole, Xavier Alfaya ... ); académicos (Ferro Couselo, Martinez Risco, Vales Villamarin, ... e un longo etcétera que sacudia todas as febras sociais do pais. Tempo despois de ser publicado o manifesto, unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na sua marcha a Venezuela, recollia no Hotel Roma de Ourense parte desa protesta nun acto que mudou intencionadamente en político o seu carácter. Así o narra Luis Soto no seu "Castelao, a UPG e outras memórias": "Naqueles momentos habia unha vibración de protesta moi poderosa nos lindeiros do noso país, ¡a ser asulagado o val de Castrelo cun novo embalse de FENOSA, e os labregos que vivían nas suas leiras ian receber catro cadelas que non atinguian para solucionar o máis pequecho problema económico. A protesta era continua en Ourense, Vigo, na Coruña, en Santiago, nas fábricas, nas aldeas. En Castrelo sucedianse, data a data, enfrentamentos dos labregos coas forzas policíacas. A impresa da Galiza, o mesmo a prensa estranxeira, estaba inflamada con editoriais e artigos contra deste embalse que alagaba unhas terras de alta calidade e botaba á fame a centos de veciños.

 

Nesta época marchábase Celso Emilio para Caracas. Hai que ter en conta que, ademais dos artigos en periódicos e revistas legais de toda España, diariamente saían á luz manifiestos clandestinos espallados por todos os lugares de Galiza. Os trabaliadores facían un esforzo moi intenso de axuda aos compañeiros de Castrelo de Miño. Neste labor destacábanse as únicas organizacións que facian traballo clandestino: a Unión do Povo Galego e o Partido Comunista

 

Entón foi un xeitoso acerto preparar un banquete de despedida a Celso Emilio no Hotel Roma de Ourense e por determinadas circunstáncias convertiuse no acto público legal de protesta máis forte nos corenta anos de ditadura.

 

Falaron nesa data as seguintes persoas, que pronunciaron arengas e fixeron intervencións de grande contido político, de fúlxida protesta, de lembranza dos mártires e de propósitos de avencellamento para o futuro do noso país: Don Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Antonio Tovar Bobillo, Xosé Luis Méndez Ferrin, Emilio Álvarez Blázquez, José Maria Castroviejo, Xesus Alonso Montero, Amadeo Varela e Luis Soto Fernández que dirixiu nese intre o acto. Naturalmente o derradeiro en facer uso da verba foí Celso Emilio que pronunciou un emocionante discurso.

 

Hai que ter en conta que o salón do Hotel Roma estaba cheo de labregos de Castrelo de Miño a pesares de que todos os que falaban  eran poetas, catedráticos, avogados, xornalistas e intelectuais, a maioria da concurréncia era de traballadores, obreiros e estudantes que chegaran de Santiago.

 

Os xornalistas de Ourense, con grande amabilidade, convidáronme -o banquete foi un domingo-  que redactase La Hoja del Lunes que como era de supor, saiu, co resume de todos os discursos e protestas de cartas chegadas ao banquete, de berros contra do que Don Ramón chamou no acto de feudalismo eléctrico da FENOSA protexida polo Estado que é máis tiránico que o propio feudalismo da Idade Media.

"EMBALSES NON, XUSTICIA SI!!"

        Este era o encabezamento do manifesto co que a UPG conseguiu que a sua dirección política incluíse no désenrolo do conflito. A história de cómo conseguiu penetrar nos afectados cónta a Bautista Álvarez, actual presidente deste partido, nacido en San Amaro, en terras do Ribeiro, e que na altura se encontraba en Madrid. "A min encomendáranme facer chegar o manifesto ás xentes de Castrelo. Daquela publicábase unha guía que incluia enderezos, municipio a municipio, de todo o estado. Só tiña o tomo que incluia á letra 0, co que puden facerme con enderezos de todo tipo de persoas da bisbarra: boticários, tendeiros, cregos, ... 0 caso é que se enviaron perto de 200 manifestos e nunha reunión que aos poucos dias houbo no antigo edificio do Sindicato Vertical en Ourense, fíxose referéncia a el, e o propio presidente, coido que das Hermandades, dixo que o recibira -como moitos dos presentes mostrándose dacordo con todo o plantexado agás, claro, a parte política contra o réxime. Naquel tempo tamén nos encargáramos de facer chegar a todas as axéncias de prensa. e xornais de Madrid e estranxeiros un longo dossier que contribuiu a extender a realidade de Castrelo". Para Bautista Álvarez non houbo tanto unha actividade política directa da UPG, como unha forma da dar directrices políticas que fixeron mella na conciéncia dos afectados "era un movimento de base totalmente popular, que axudaban, a dirixir os lideres sociais que alí  vivían pois as circunstáncias non permitían senán unha actividade política de carácter clandestino".

 

NA FASE FINAL

 

A experiéncia de FENOSA en conflitos viciñais polas suas obras fora e ía  ser determinante no futuro. En Campobecerros, en Portodemouros ou nas Encrobas, o monopólio eléctrico aplicou a experiéncia que tomara en Castrelo. Alí, ainda tivo que facer frente, cando xa a obra de enxeñaria da salto estaba case finalizada a un conflito final que volveu pór en pé aos viciños e que fixo recuar ao mismisimo obispo integrista de Ourense, Monseñor Temiño. Foi cando os furados na montaña que sostén por unha das beiras á presa facian perigar á própia igrexa. Xa antes Barrié de la Maza fixera votos de "temor aos poderes do outro mundo" cando en Laias, sabedor  da oposición porque as augas ian alagar unha pequena capela románíca, mandou construir un novo templo. Desta volta os viciños fixeron vir ao própio bispo até Castrelo onde, segundo se conta, rodeárono increpándoo duramente. Temiño prometeu mediar diante do Governadore ainda unha comisión tivo que ir ao Pazo Episcopal a esixir esa meiación que finalmente obrígou a FENOSA a adoitar unha complexa solución arquitectónica -unha sorte de emparrado de vigas de formigón- para evitar o derrumbe da Igrexa e o cemitério.

 

O embalse comezou finalmente a reter as águas do Miño. A enorme extensión dos viñedos mudou nunha paisaxe completamente distinta, nesa pantasmal lagoa que ainda deixa ver desde a estrada e o tren as ponlas das árbores rompendo, como un laio, a normal superficie prateada. Atrás quedaba o corte brutal na vida de 1655 familias que tiveron que deixar as terras, o seu meio de vida, para que o negócio dun progreso que Galiza non ia ver seguise mandando as nosas riquezas fóra.

 

 

XAN   CARBALLA

Montaxe de como era e como queda actualmente. Enrique Padrón.

 

XAN   CARBALLA

salir.jpg (922 bytes) Volver .