Poucas veces o noso
país estuvo tan preto dun acontecemento tan colosal tan conmovedor: O Val
de Castrelo de Miño, a terra máis fértil, máis fecunda de Galicia, vaise
anegar para sempre. Feito de tal envergadura moral e física ¿pode
producirse sin un estudo aberto e profundo, sin unha discusión a fondo de
toda a súa vibrante problemática?. ¿Sabe Galicia o que dixo o Enxeneiro,
o economista, o sicólogo? E sobre todo: ¿Cáles son as razóns, xa que
non os sentementos, das oito mil persoas que van romper coa terra que eles e
os seus mairos crearon?. Con estas liñas propoñémonos chegar as
conciencias de quenes están alleos ó problema e tamén de aqueles que ó
subestiman. Non son -quede claro- as nosas palabras de defense dunha
paisaxe, evidentemente privilixiado; son a defensa de varios miles de seres
xa para sempre condeaos ó éxodo, á emigración, unha emigración que ata
o de agora a feracidade das súas terras impedira. Tampouco pretendemos, nin
siquera no nome destes homes e mulleres, decir non, a secas á empresa que
devora o bocado máis productivo e fermoso do noso país. Previamente
sabemos que se nos obxetará con dous argumentos mil veces esgrimidos: o da
necesidade, e o do ben común.
Pois ben: é aquí, xustamente
aquí, onde está o comenzo da cuestión.
¿É totalmente necesario
destrui-la beleza natural tan soberbia, os opulentos viñedos do val, nas
vésperas da obtención da enerxía eléctrica por outros procedementos?. E
en canto o ben común ¿Identificamos sempre o ben común con FENOSA? . Por
todo elo estimamos que unha información pública sobre un gran feito, que
dun modo ou outro afectanos a todos, é inaludible e inaplazable.
Asinan: Carlos Alonso del Real,
Enrique Vidal Abascal, Jesús Alonso Montero, X.L. Mendez Ferrín, Carlos
Otero Pardo, Luis Cochón Touriño, Federico Ordax Avecilla y Santiago
Lamas Crego.
*(Escrito publicado o 13 de xuño de
1991, na Región, como 25 anos atrás).
Volver .