Algunhas cousas do libro de 

 XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO.

      

Antes de leelo, que o farei sin dúbida, simplemente poño o resumo da contraportada e algún outro trociño:

"    O que segue puido suceder en Castrelo de Miño, en Maus de Salas, en Veigas de Camba, en Frieira, en As Conchas, en Portomarín, en San Estevo de Ribas do Sil, nos Peares, en Velle, en Montefurado, en quereño, no Eume, en Portodemouros.......Ou sexa, , en calquera de eses lugares galegos onde se construíron grandes saltos de auga -pobreza para os máis, riqueza para os menos- que converteron as súas terras, as súas casas e os seus propios habitantes niso tan complexo, tanabstracto e tráxico -e tamén tan absurdo- que chaman

 

 

             QUILOVATIO/HORA

   Decidimos titular esta noveliña Morrer en Castrelo do Miño porque en Castrelo do Miño puido suceder, como dicimos, a historia que nela se conta. Pero, sobre todo, que Castrelo do Miño significou dentro da loita mantida desde hai moitos anos polo pobo galego -sempre ofendido e asoballado- contra a invasión bárbara que supuxeron -e aínda supoñen- os encoros. E porque en Castrelo de Miño, pese á ira e á oposición das súas xentes, e de todos cantos estiveron ó seu lado, morreron moitas cousas. Claro que tamén naceu o "non", rotundo e unánime, contra o medo e o silencio impostos polos caciques e os torturadores franquistas.

                                     Xosé Fdez.Ferreiro.

Comenzo do libro:

Déroncho couces.....

cuspíronche  na faciana,

burláronse do teu senso,

profanáronche o corpo......

Miro Casabella

(Da Canción Ti, Galiza, baseada nun texto de Xavier Costa Clavell)

 

 

Contraportada:

... "Do salto víñase falando desde había bastante tempo. Desde que fixeran o de Pazos, no mesmo río. uns vinte kilómetros augas abaixo. Pero, sobre todo, desde aquel día no que, de improviso, aparecera no lugar un land-rover verde do que baixaran uns homes descoñecidos, vestidos con cazadoras de coiro e grosas botas de goma, póndose a mirar, para un lado e opara o outro, a través duns aparellos que parecían máquinas fotográficas postas sobre un trípode. Facían anotacións nun caderno e piñan cruces bermellas nas pardes e nas laxes.

  -Son os do salto- correuse de seguida por tódolas aldeas, por todo o val de Folgoso, por tódalas terras de Castrelo-. Son os de Fenosa"...

 

O MEU COMENTARIO:

"Marcial...o seu río..a súa barca...as hortas..,  e Rosa. Tamén os seus grolos de caíño..."

Un libro que recomendo, o libro está cheo de cousas boas e bonitas. A historia de Marcial chega o corazón e pola miña banda é totalmente comprensible. O río, a barca e as súas hortas supoñen moito para el, eran todo o seu mundo.

O libro ten lances preciosos e léese dun tirón, de forma doada y con moito gusto. 

Maravilloso o lance da visita de Marcial  o mar, e a súa comparación co río. "Realmente o río é coma unha persoa, que mo digan a mín. O mar é demasiado grande. Tolea un.". Tenro, moi tenro o capítulo dedicado a Rosa,  a súa moza. É dramático,  o capítulo dedicado a súa vida e o corte que supón ó asolagamente da súa vida, por medio dun encoro sin razón.

"O río nunca se irá de aquí. El non emigrará, como emigra a xente. O río é como a terra, coma as viñas, coma a fraga, coma o val: sempre estará aí.. Sempre serán igual. Eu si que me irei. Eu e mais tí. Peor o río non."..................

"Non hai direito o que nos fan. ¿Onde suceden tales cousas?. Pois mira, nun país de caciques e sen xustiza como o noso. Ou coma o deles, porque noso non é. Iso está claro..."

En fín un libro que é pura poesía en prosa.  Gracias  Xosé Fernández.

salir.jpg (922 bytes) Volver .