| Xosé Fernández Ferreiro
(Nogueira de Ramuín, Ourense , 1931), é autor
dunha extensa obra novelística, con títulos como A saga dun
afiador (1980), A Fraga dos paxaros salvaxes (1985), Agosto do 36,
Premio Xerais 1991, ou A Cidade das chuvias (1994),
entre outros moitos.
Morrer en Castrelo do Miño, novela curta,
reedicción (incorporando unha nota do autor e un apéndice
documental), tivo a súa primeira edicción en 1978, doce anos
despois dos sucesos nos que se basa.
No ano 1966, o fermoso e productivo val de
Castrelo foi asolagado por Fenosa para constrir un encoro, có
único fin de acumular anerxía eléctrica para a súa
exportación, provocando o éxodo de 8000 persoas. A loita dos
veciños para salvar o val recibiu apoio en todo o país e
converteuse nun fito histórico da resistencia contra o caciquismo
e a expoliación dos recursos naturais. Por iso, como di o autor,
esta novela foi víctima no seu día dunha "conspiración do
silencio".
Nota do autor da www:
Inda hoxe, en abril do 2002, non me
estrana nada do anterior, hoxe a "Conspiración do
silencio", sigue a darse, dase xa que nos pobos non hai
xente e a que hai son catro vellos, así se está a esnafrar os
mellores ríos da nosa terra, así o encoro do Umia, e tantas e
tantas minicentrais que son armas mortais para esnafrar os
mellores ríos galegos. |