Carnaval de Venecia. Cartel e
fotografías.
Eu creo
que no mundo hai tres carnavais verdadeiramente orixinais e os
demais son copias. A saber: Venecia, máscaras hieráticas, pálidas,
vestidos vaporosos, movementos lentos, disfraces elitistas,
debedores da tradición estilística, estética e escenográfica da
cidade...Moita máis xente mirando que disfrazada...
Carnaval de Brasil. Cartel e fotografías.
Despois está Río de Xaneiro, moito desfase, chunda, chunda,
sensualidade desbordada, urxencia de movemento acelerado,
popularismo, organización, turismo... sambódromo...un circuito para
mirar!...

Entroido de Ourense, moitos lugares
onde ir.
E, como terceiro carnaval do mundo, por suposto Ourense.
Aquí, lograríase a
fusión dos elementos máis permanentes dos entroidos rurais próximos
-Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Vilariño de Conso, Maceda, Viana, Bande, sobre todo da
gastronomía, cocido, rei carnal, as orellas de postre- coa
popularización máxima do carnaval da imaxinación desbordada. Ourense
cidade, punto de encontro das vilas entroidescas, é, certamente, a
capital do carnaval.
Algúns dos
carteis de entroido da nosa provincia no 2007. Variedade a tope...Falta
o de Manzaneda que xunto có de Vilariño de Conso e Viana son tamén únicos.
Sen esaxerar, estamos ante un dos festexos máis populares do mundo. ¿Alguén
sabe dalgún lugar onde se disfrace máis xente por habitante
cuadrado? ¿Alguén sabe dalgún lugar onde se dea unha festa do volume
da destes días pasados nun clima tal de cordialidade básica e
harmonía perfecta? ¿Pelexas, agresións, encordios? Nada de nada. E
non será porque non se bebese... Pero é que somos xente que se quere
se sabe divertir ¿Orgullo de ourensán? Sí. Os nenos que xogaban nas
escolas aos xoves de comadres e compadres, agora toman o relevo na
rúa... Disfraces imaxinativos, preparados con tempo, nos últimos
días, nas últimas horas, ou no último momento antes de botarse a
rúa. Este ano, nesa boa idea municipal de pór escenarios na Praza do
Correxedor e por outras rúas próximas, onde se podían subir as
mascaritas a facer o indio, había de todo: disfraces de bolardos,
preservativos, lacasitos, cochos, camillas, ambulancias, raiñas,
elefantes, tipos duchándose, xoaniñas, dominós, indios...¿De todo?
Non. Faltaban os políticos. Había poucos, case ningún. Nin Aznar,
nin Zapatero nin Quintana...Nada de nada ¿Por que? Creo que porque
cando un se disfraza quere divertirse facendo sanamente o ridículo
máis que os personaxes dos que vai disfrazado....E iso, este ano,
estaba difícil, ben difícil. Por iso, seguramente, no entroido, non
os quixemos ver nin en broma. Velaí unha mostra máis da saúde e
vitalidade do Entroido. Crispados estarán eles. Nós, de resaca. E
Chega.
Nota: as fotografías, os carteis,
e os seus comentarios, son un
engadido do webmaster (Secundino Lorenzo) ó sensacional texto, que é de Afonso
Vázquez-Monxardín .
Volver ó Carnaval.