A personificación da festa

Un artigo sensacional que aparece no periódico O sil o
05/02/2013; nun monográfico especial entroido 2013.
Escribe
Ángeles
Rodríguez.

Ver o
texto
Volver.
A personificación da festa.

A Lardeira e o Lardeiro
de Viana do Bolo presiden cada Entroido os actos
da festa dende o alto dun mastro na Praza Maior.(Fot.
de Carlos G. Hervella)
Os lardeiros, mecos ou entrudios.
que aparecen de forma individual ou en parella, son a
representación do Carnaval. Presiden a festa e a súa
desaparición ou queima, cada Martes de Entroido, a fin do
reinado efémero do tempo da troula, o desenfreno e a risa.
(Ángeles Rodríguez. O Sil. Febreiro 2013)
Lardeiros, mecos, momos, compadres
ou entrudios. Diferentes termos, para designar o momento: a
personificación do Entroido. É un boneco, normalmente feito de palla
e con esquelete de paus, que recrea unha figura humana,
vestida de xeito estrafalario, na que acostumbran a acentuarse os
seus atributos, xa sexan masculinos ou femininos. Tanto ten o nome,
todos están envoltos dun mesmo e forte simbolismo ligado o efémero
reino do Carnaval. Anuncian a chegada da festa, sa que se elaboran e
colocan nos días previos en puntos altos de lugares estratécos do
pobo. A súa imaxen representa a suspensión da orden establecida e o
acceso a un tempo diferente e moi intenso, marcado pola inversión de
valores e a troula. Isto ata o Martes de Entroido, cando a súa
desaparición ou queima conlevará a fin da festa, o regreso á vida
cotiá e ao traballo. " As representacións do Entroido ou do Carnaval
teñen un caracter dual: por un lado
vituèranse e colgánselle todos os males da comunidade como a unha
víctima e, polo outro, laméntase a súa morte como representantes dos
días de alegría e desenfreno", asegura Federico Cocho ba súa
monografía sobre O carnaval de Galicia.
Na parte oriental da provincia de Ourense estos bonecos reciben o
nome de lardeiros. Son, ademais, parte dun ritual simbólico de loita
entre homes e mulleres no tempo de Carnaval. Nel xúnguese a
oposición e o complemento entre os sexos, pero tamén incide no
carácter participativo da festa e na comunicación activa entre mozos
e mozas. O ritual escomenza nos dous xoves anteriores ao Entroido e
ten diferentes peculiaridades segundo as zonas. antiguamente o
"Xoves de compadres" os mozos, despois de recurrir a diversas tretas
para roubar prendas femininas dos tendais e mesmo dos armarios,
visten con elas un moneco de palla, a Lardeira. Logo, pendurábana do
lugar máis alto do pobo (un árbore, un poste ou un balcón) para
evitar que as mulleres a baixaran. Se non lograban coller a Lardeira,
permanecían alí durante todo o Entroido, ata que os mesmos homes a
baixasen para paseala co foíón polas rúas do pobo. O xoves seguintes
cambiaban as tornas. Eran as mulleres as que preparaban e colgaban o
Lardeiro. Pero con relativa facilidade era recuperado polos mozos. E
iso que mesmo o defendían lanzando fariña aos que se esforzabanpor
collelo.

Percorrido do Entrudio e da
Entrudia en Pentes (A Gudiña) polo pobo na tardiña do Martes
de Entroido. (Fot. de Carlos G. Hervella)
Hoxe Lardeira e Lardeiro seguen estando presentes
na celebración do Entroido, pero foise perdendo o xogo e a loita que
rodeaba a súa feitura. "En realidade o Xoves de compadres e o
Xoves de comadres viñan ser senllos escalóns máis no clímax
festivo popular. Algo así como un prequentamento xuvenil en vésperas
dos tres días grandes do Carnaval", citando de novo a Federico
Cocho.
Unha variante deste ritual pervive aínda en Castiñeira (Vilariño de
Conso) na tarde do Luns de Entroido, aínda a tradición era propia do
Xoves de Comadres. É o que se chama "correr a lardeira". Para facer
estos monecos pártese dunha estructura básica de dos paus en forma
de cruz, sobre os que se irán colocando tiras de papel dobrado e
recortado, formando círculos de diversas cores, ata un total de
tres. Do travesaño, pendúrase tamén longas tiras rizadas de gran
forma cromática. A súa parte inferior sirve de asideiro para ser
levada a xeito de estandarte. Xa na misma elaboración das lardeiras
os mozos compiten coas mozas por facer a mellor e a máis vistosa e
coidan cada detalle do boneco. Ao rematar, comeza a correrse a
lardeira, un ritual de desafío que escenifica a loita de sexos.
Primeiro son as mozas as que corren detrás dos rapaces, tentando
rasgar as súas lardeiras, pero logo mudarán os papeis e serán os
mozos os perseguidores.
Outra das singularidades que rodean aos lardeiros é que aparecen
asociados á escenificación de versos e, en moitos casos, non se
queiman, simplmente quítanse. Así sucedía, por exemplo, en Manzaneda
e en Vilariño de Conso. Nalgúns pobos deste último concello
inventábase para cada prenda que se lle poñía ao lardeiro un verso,
que logo era recitado cando pasaba o folíon xunto o moneco. Cada
verso facía alusións directas, algunhas en ton humorístico, aos seus
propietarios, tanto no Xoves de Compadres como no de comadres.
|
 |
 |
Unha moza trata de alcanzar a
Lardeira do mozo para romperlla, en Castiñeira (Vilariño
de Conso).
|
O Lardeiro e a súa compañeira
feminina presiden os actos do Entroido dende lugares ben
visibles en boa parte do Oriente Ourensán.
|
No
municipio de Manzaneda os maiores lembran que o lardeiro marcaba
o arranque da festa. "Había que tratar de deixalo noutro pobo.
Iamos de noite e poñiámolo onde non o poideran ver e, ao día
seguinte, cando acordaban, atopábano. E sobre ese mismo lardeiro
xa empezaban os versos e a festa, comenta Aquilino Pérez Prieto
de Bidueira, encargado de discurrilos en numerosas ocasións.
Outras veces, o mesmo moneco era levado nunha fuliada
a unha aldea veciña e, ao ano seguinte, o feito recordábase cos
versos burlescos. Aínda hoxe en Manzaneda poden verse na propia
vila bonecos cuxa historia au parodia se reflicte nun cartaz con
versos.
No barrio ourensán de Seixalbo os mecos forman tamén unha
parella, pero con nombre propio: Paquita e Nicanor. Enmárcanse
no contecto simbólico do inicio e peche da festa, pero cun
marcado carácter diferenciador xa que tamén veñen a representar
a fertilidade. Cada ano custodiaos unha parella recén formada e
o domingo previo o Entroido sácanos en procesión por Seixalbo
para logo deixalos na praza Maior. Na tarde do Martes de
Entroido terá lugar o ritual de queima dos seus corpos, xa que
as cabezas, talladas en madeira, entréganse a unha nova parella.
|
 |
 |
Lardeiros de
Manzaneda, cos seus versos.
|
O Meco,
sendo pasto das chamas o Mércores de Cinza no Barco.
|
En Xinzo de Limia un boneco asume o papel de pregoeiro do Entroido.
Este personaxe aparece o segundo sábado do ciclo festivo (o
previo ao Domingo Oleiro) nun ritual denominado "colgamento do
meco", do que se encarga a Asociación Cultural A Pantalla.
Rondando as oito da tarde celébrase unha peculiar procesión na
que o Meco é paseado nun antigo carro pola rúas do casco antigo,
escoltado por homes vestidos con corozas e con fachóns acesos,
mentres os veciños, con roupas antigas, se mofan del. Da
comitiva forma tamén parte figuras como "o touro do entroido" e
"os gordos". Chegados á praza Maior, o Meco é colgado
publicamente e alí permanecerá ata o final do ciclo
carnavalesco.
Tamén no Entroido de Varín entra en escea un personaxe similar
recén estreada a festa, o Xoves de Compadres. A praza García
Barbón acolle o xuízo e queima do Maragato, despois de realizar
un percorrido pola localidade na que os compadres irán
acompañados do Carro do Meco e de agrupacións musicais.
Meco é tamén o nome do personaxe central do Entroido das
Teixugueiras (Cartelle). Máis que un boneco, é unha rústica
talla en madeira. Representa a un recaudador de impostos
medieval que, segundo conta a tradición, "anos despois da vida
dos tres reis" abusou dos habitantes deste pobo e promoveu
a discordia entre eles. Fartos da situación, os veciños
decidiron darlle unha lección. Aproveitando unha das súas
visitas, montáronno nun carro e leváronno polo pobo. Esta misma
viaxe continua recreándose agora no Entroido cun ritual que se
inicia coa feitura do meco (normalmente o Luns de Entroido) que
tras ser esculpido preséntaselle o pobo pola tarde. Logo no
mediodía do Martes de Entroido, o Meco sae no carro do que tiran
os veciños cunha corda, acompañaqdo pola música e polos
peliqueiros, que actuan a modo de alguacís. Cunha das súas mans,
suxetan un longo vimbio que empregar para disuadir aos que
queren apartar o Meco do seu traxecto. A partir de aí comeza un
longo percorrido no que os mozos irán empurrando e envorcando o
carro, por sorpresa, contra os presentes. A festa remata coa
lectura do testamento do Meco.
Do mesmo xeito que nas Teixugueiras, os rituais ao redor destes
bonecos acadan o seu punto álxido en diversos puntos da
provincia ante a chegada do Mércores de Cinza, nos derradeiros
suspiros da festa. É o caso de Viana do Bolo onde o Martes de
Carnaval recibe o nome de "Día dÍntrudio". Nicolás
Tenorio ofrece no seu libro La aldea gallega un retrato
desta xornada festiva, na que unha comitiva rondaba o pobo.
Estaba formada polo folión, xunto cos zamarreiros e as "vellas"
(homes vestidos de muller cun cesto de cinza no brazo). E no
centro ía "un boneco feito de pallas de tamaño dun home, vestido
e montado nun burro; este monigote é o intrudio,
representación do día que se festexa". Malia que algúns destes
elementos desapareceron, a esencia desta tradición segue
manténdose. E así coa queima dos lardeiros, que presiden os
actos dende o alto dun mastro na praza, marca o fin do Entroido
nesta vila.
Unha comitiva atravesa asemade cada Martes de Entroido os
rueiros do Covelo (Melón) en dirección ao Coto da Raña. De
cabalo vai o Rei do Entroido, rodeado polos soldados e un grupo
de danzantes que tentan roubarlle á coroa ao monarca. No cortexo
vai tamén un carro de bois no que van dous bonecos: o Santo
Antroido e a Santa Antroida.
En procesión acostumaba saír tamén unha parella de monecos en
Pentes (A Gudiña). A tradición consistía en facer unha
figura masculina e outra feminina, o Entrudio e a Entrudia, e o
Martes de Entroido colocánbanse en cadanseu burro para ir casa
por casa a pedir o aguinaldo. Co que se xuntaba, organizábase
unha cea e na medianoite os bonecos remataban no lume. Este era
tamén o destino do Entrudio de Oimbra. Vixiante e atado á
barandilla da igrexa, o Meco observa cada ano a celebración na
praza. Tras a cea e o baile, pasadas as nove da noite, chega o
momento. Nenos e maiores, collen cadanseu fachuco ao que se lle
vai prendendo lume e que se axita para que aprezan as chamas.
Abre a comitiva o Meco, levado por un home, que o alza e o baixa
ao ritmo da música. De seguido, os músicos e o resto dos veciños
que, durante a ronda, danzan cos seus fachucos en torno o
Entrudio. Ao regresar á praza, o Meco é pasto das chamas. Anos
atrás, tamén se lía un testamento en verso. Esta misma noite do
Martes de Entroido nunha localidade veciña, San Cibrao,
escenifícase unha procesión semellante. Noutros lugares os mecos
quéimanse o Mércores de Cinza, no chamado enterro da sardiña,
como sucede no Barco.
Así o habitual é que esta autoridade festiva remate convertida
en cinzas. En definitiva, un morrer para renacer. Para o
investigador Gaignebet, esta festa debe ser analizada como
"un período de Caos creador e xerador de vida bo seo
dunha complexa concepción do tempo pri,itivo que progresa o
longo do ano en períodos aproximados de corenta días", tal e
como lembra Joan Prat i Carós no seu traballo El Carnaval
y sus rituales: algunas lecturas antropológicas. O Meco
destrúese, pero non o seu símbolo, que permanece vivo e tomará
corpo nun novo boneco co que anunciará o vindeiro Entroido.
Un artigo marabilloso que aporta un
estudio serio do noso carvaval ou entroido.
As fotografías son de
Carlos Hervella. O texto é completo de Ángeles Rodríguez.
Volver ó Carnaval.
|