|
|
Renace o entroido
|
A mín agrádame o entroido porque é unha tradición que innova e crea cousas distintas cada ano que pasa, xa que ten fantasía, relaxa, fai sorrir, aumenta a tolerancia, satírizase, múdase de personalidade e reina un talante máis festivo na urbe. Ademáis, os cidadáns, permíteselles quitar a carauta que levamos posta case todo o ano. |
Sen dúbida, Ourense
caeu na conta de que se trata da festa popular máis importante de toda
Galicia, e que a cidade termal se converteu na capital autonómica do
entroido.
Comenzou esta festa da tolemia o día de San Sebastián coa cea "Bacanal romana" , na que brotou unha epidemia de adictos e entusiastas por esta festa anual de ledicia. Díxome un paxariño que o Concello vai pregoar a festa como facían nos meus tempos os nosos avós ( guindando mecos nos distintos barrios da cidade) e que obriga a un respecto absoluto ó disfrace, autorizando a burla e a sátira con tódolos cidadáns do lugar. Casiano
|