Lendas que teñen que teñen algo ver con Vilasouto.

 

Porei dúas das máis famosas.

 

1.- A lenda das pintas bermellas das troitas:

As pintas vermellas das troitas.

As troitas galegas teñen pintas vermellas. Fotografía sacada no río Lor na Labrada.

Por certo gústame poñer esta frase, de Botteler,  cando falo das troitas:

"Deus puido, sen dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, non o fixo Deus xamais" Botteler.

 

Houbo nunha ocasión unha grande batalla entre homes da comarca e mouros. Os mouros vivían no Castro do Viso, no Incio. Por debaixo queda o río Mao. Tanto sangue se verteu, que foi dar o río, e deste ó Cabe, e do Cabe o Sil, e do Sil o Miño, e tódolos ríos avermellaron. As troitas teñen desde entón pintas vermellas e no Mao non hai máis peixes ca elas.

 

Nota: o texto anterior está sacado do libro "Cando os animais falaban"  de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Aparece contado como un conto. Por certo un libro sensacional publicado por Xerais no 2002. Tamén cunhas ilustracións de Andrés Meixede moi fermosas.

 

 

2.- O burro fariñeiro nas lendas galegas. Unha do Incio. A lenda recibe o nome de "A lenda do burro de San Mamede".

É polo tanto atribuido como unha lenda de Vilasouto por razóns lóxicas e por suposto á O Incio.

 

Entre as oito lendas máis coñecidas do municipio de O Incio, que figuran no libro "O Incio paisaje historia y patrimonio" de Luís López Pombo. Diputación provincial de Lugo 2003;  figura unha que é unha lenda popular que resulta moi curiosa. Farei unha copia íntegra da misma. (páxina 229 e seguinte.)

"...Nos cuenta la leyenda recibida de nuestros abuelos que el Santo Varón Mamed saltó a lomos de su pollino desde la famosa Pena de San Mamede, hasta la Pena de Coruxo, en el lado opuesto del monte, salvando la notable distancia que separan las montañas que forman el cauce de los ríos Antigua y Cabe.

   Acuciados por nuestra infantil curiosidad quisimos saber el motivo que tuvo el santo para "pegar esa espantada" en burro y por qué el venerado Mamed huía a "uña de burro" con tanta prisa.

     Los abuelos nos decían que escapaba de las insidiosas tentaciones de Satanás, pero no era de la misma opinión el abuelo Florencio que sabía muchas cosas de leyendas y milagros de los santos.

     Contaba el Abuelo que el santo era el guardián de todas las llaves de los cinturones de castidad depositadas a su custodia por aquellos condes y señores principales que marchaban a Tierra Santa a combatir a los infieles, mientras sus bellas damas esperaban el regreso de tan esforzados caballeros tan castas y tan puras..."

     "Queridiños nos decía el abuelo, lo que no puede el diablo, lo puede el dinero", y así llegó el Santo varón al delito de corrupción y de facilitar a sus amigos información privilegiada haciendo un pingüe negocio con el alquiler de llaves para cinturones de castidad en connivencia con un cerrajero que hacía magníficas copias. Regresaron los nobles al tener noticias de sus "testas coronadas" porque tenían más cuernos que un saco de caracoles, montaron en cólera, crucificaron al cerrajero y al "Santo Mamede" lo salvó su pollino con ese salto tan fenomenal de montaña a montaña.

     Como estas tierras de O Incio era de Encomienda y del Abad de Samos, quedaron excluídas de la horca y el cuchillo y en aquellos remotos tiempos no existía aún el derecho de extraditar a los pícaros.

     También fué lástima que san Mamed desconociera la técnica del "parapente", así le hubiera ahorrado a su pollino tan extraordinario esfuerzo"...

Ata aquí o texto escrito por Luis López Pombo no libro citado.

 

--------------------------------------------------------------------------------

 Nota engadida

 polo autor da www:

Está claro dos datos anteriores e do dibuxo do libro que non se trata dun "pollino", é claramente un burro fariñeiro, con todas as da lei, noutro caso sería imposible que saltase entre as dúas montañas; por outra banda, na zona non podía haber outros, xa que abondan os muíños; así eran famosos os muíños dos ríos Antigua e Cabe que algúns inda se conservan hoxe. Está claro que o santo non iba coller para fuxir un burro que non existira na zona, e que non fora de todas garantías...estaba a xogarse a vida...

Sin dúbida o burro fariñeiro salvou a San Mamede dunha morte segura. Outro burro, doutra raza, non sería capaz.

Na próxima edicción do libro citado,  gustaríame que Luís López Pombo, a quen felicito polo libro xa que ten unha cantidade de datos marabillosos sobre o Incio e a súa bisbarra,  fixera as correccións pertinentes. Gracias anticipadas.

Por certo San Mamede deu nome o pobo de San Mamede de Vilasouto; a esta parroquia perteñece un pueblo que se chama Calvos, moi querido polo que escribe e no que teño parte da miña familia.

 

Bibliografía destas lendas:

 

(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.

 

(2) "Cando os animais falaban"  de Xosé Miranda e Antonio Reigosa.

Por certo un libro sensacional publicado por Xerais no 2002. Tamén cunhas ilustracións de Andrés Meixede moi fermosas.

 

(3) Os ríos son lendas. Un ánaco da miña páxina web dobre Os Rios Galegos en onde publico estas dúas lendas e outras dazaceis.

A lenda do "Burro de San Mamede" teñoa recollida na ficha do Burro Fariñeiro da misma páxina web. Por certo nesa fiche tamén falo do Burro Quirós, un burro moi famoso de Calvos.

 

  Saír a Vilasouto.