MINICENTRAL DO REXO 2000.

PELIGROSA

A MINICENTRAL DO REXO EN ALLARIZ , A TOPE O 16 DE XANEIRO DO 2000.

UN AUTÉNTICO PELIGRO A ZONA DO REXO. VER O ÚLTIMO TRAMO, SIN PROTECCIÓN E A XENTE PASEANDO TAN TRANQUILA.............. INCRÍBLE....

VER FOTOGRAFÍAS.

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS QUE DEMOSTRAN QUE A ZONA É UN AUTÉNTICO PELIGRO.

 

Nesta zona hai como catro metros de profundidade e as turbinas ( duas ) a tope e producindo. O terreno cedendo e a xente vendo a maravilla do rexo. Ver o final o famoso "ECOESPACIO, ÚNICO NO ESTADO ESPAÑOL "

Si alguén cae , simplemente resbala, non ten salvación. O canal ten como 5 metros de profundidade o final, dúas turbinas están esperando...incríble.

¿ Quen é o responsable?.

¿COMO SE PODE POR EN FUNCIONAMENTO UNHA MINICENTRAL CON ESTE PELIGRO ?.

NON CADRA.

 

Outra imaxen, ve-lo canal da minicentral que nese momento chupaba medio río Arnoia ( as fotos son do dia 16-01-2000) , o terreno por onde vai a canle cedía en cada sitio, é unha auténtica desfeita xa que as paredes son sábrego.

Observar o arbol caído dende o outro lado do canal, dende logo os que quedan non tardarán moito en facer o mesmo. A parte izquierda o ECOESPACIO. Dende logo de loucos e irresponsables.

Todo elo o lado do ECOESPACIO. En fin...demencial.

Ver outra imaxen do canal , como para arrimarse a valla, incríble.

A posta en funcionamento desta minicentral demostra as claras unha irresponsabilidade incríble.

En primeiro lugar do Concello de Allariz. Irresponsabilidade que non entendo.

Logo de Medio Ambiente. ¿ Como se pode permitir que funcione unha minicentral nestas condicións ? ......

 

O lado todo bonito. O ECOESPACIO.

Salida das duas turbinas que estaban a funcionar a tope o día 16-01-2000.

Hai que decir que esta minicentral é das que menos afectan o río das que hai instaladas na provincia.

Mentras a Presa do Rexo con este aspecto. Parecía o verán. Moi pouca auga en pleno desove das troitas.

Realmente ¿ subirán a desovar? . Dende logo teño as miñas dúbidas.

A minicentral do Rexo ten ¿ Escada de peixes? . Eu dende logo nona vín.

Allariz un lugar fora de serie non se pode permitir estas desfeitas do seus entornos naturais.

Teño que deixar constancia, de tódolos xeitos, que esta minicentral é das mellores que levo visto na provincia, polo menos a que menos afecta o río.

 

Foto da antigua turbina da minicentral do Rexo. O ecoespacio ó fondo. Algo non cadra no Rexo ...en Allariz.

Que pena ...

Na miña opinión o primeiro é cerrar a zona e facer a toma da minicentral doutro xeito. 

O edificio da central de máquinas é o único rematado. Dentro as dúas turbinas traballando. Eso é o importante.........os cartos..........

 

NOTA MOI IMPORTANTE : O DÍA 22 DE XANEIRO D0 2000 XA NON ESTABA A FUNCIONAR A MINICENTRAL E NO CANAL VENSE QUE SE ESTÁ A TRABALLAR, PARECE QUE A MIÑA DENUNCIA SERVIU PARA ALGO. LEDICIAS POLA MIÑA PARTE.

Ese día saquei esta fotografía. As turbinas xa non funcionaban. Na foto as rexas das duas turbinas.

O  CONCELLO TENO DIFICIL CON ESTE CANAL, NA MIÑA OPINIÓN DEBE GASTAR OS CARTOS E TAPAR O CANAL DEBIDAMENTE.

ESTAREMOS ATENTOS A DESFEITA.

De momento en abril do 200, APUNTALARON UN POUCO MELLOR O CANAL PERO SIGUE ABERTO.

Xa caeu un cervo a este canal e non foi capaz de sair sin axuda. O día que caía unha persoa sin dúbida será mortal..