ESTUDIO SOBRE A INCIDENCIA DAS MINICENTRAIS NAS POBLACIÓNS DE TROITA COMÚN
O estudio está avalado por Benigno Elvira da Universidade Complutense de Madrid e firmado por Ana Almodóvar ( investigadora do IMIA e que se dedica a proxectos relacionados coa conservación de peixes fluviais e recuperacións de ríos) e Graciela G. Nicola ( bióloga que traballa no IMIA en aspectos ecolóxicos aplicados á xestión da troita común). Apareceu publicado na revista Trofeo Pesca de Xulio de 1998.
INCIDENCIA NAS POBLACIÓNS DE TROITA COMÚN NAS MINICENTRAIS DE RÍOS RÁPIDOS.
Nota importante : o estudio está realizado a partir de 1993 no río Hoz Seca en Guadalajara. Durante dous anos tomáronse todo tipo de medidas das poblacións de troita ( densidade, biomasa, producción e crecemento).
- Unha das medidas realizóuse por debaixo da minicentral.
- A outra tomóuse por riba nun lugar non afectado pola minicentral, en canto a alteracións de caudal. Lugar que se toma como referencia nos sucesivos análisis de muestreo.
CONCLUSIÓNS DO ESTUDIO:
Biomasa (nº de Kg de troita por Ha) e a producción ( nacemento de troitas en Kg/Ha/año) antes e despois de construida a minicentral.
O gráfico está claro, despois do funcionamento da minicentral.
Observar augas abaixo: a biomasa de troitas( en kg/Ha) baixou un 50% mentras que a producción pasou a un 43%.
Os datos de arriba son constantes dado que o lugar estaba fora da influencia da minicentral.
- Resumindo os resultados son: alarmantes disminucións entre o 50% e o 43% en canto a número de troitas e nacimentos por debaixo da minicentral.
Outro dato atopado vese no seguinte gráfico:
Número medio de troitas capturadas por clases de edad augas arriba e augas abaixo antes e despois da posta en funcionamento da minicentral.
Observóuse que por debaixo da minicentral un descenso notable no número de alevíns. No gráfico 0+ y 1+ refírese os anos do alevin. Ademáis as capturas disminuiron notablemente despois da posta en marcha. As de máis de 1 ano de 55 a 34, os alevíns de 0+ de 20 a 9 e os de 1+ de 33 a 9.
Alarmante.
Conclusión : disminución alarmante de alevíns por debaixo da minicentral.
O artículo expón ó mismo tempo o grave deterioro que producen as minicentrales e a xustificación dos datos anteriores, basados en estos deterioros. Resumindo:
As variaciones periódicas de caudal. Que esnafran o río por debaixo da minicentral.A exposición regular dunha elevada superficie do cauce e cambios bruscos na súa velocidade, provoca unha disminución de troitas comúns que é alarmante.
O cambio por riba da minicentral ó pasar dun medio de augas rápidas a augas lentas.Elo leva cambios sustanciais en determinados parámetros do habitat fluvial, que conduce a un declive de poblacións nativas de especies reófilas, como a troita común.
A barreira que supón para o desove a propia presa ou azud. O descenso de produción de troitas é alarmante.
As minicentrais son a causa principal do descenso de población de troitas en España.
Deterioro grave do habitat nas orillas con conseguintes perxuizos..
CONCLUE o ESTUDIO :que as minicentrais deberan prohibirse en ríos de alta montaña ou ríos rápidos ( tódolos de Ourense o son) e as xa construidas aplicarlles as medidas correctoras adecuadas.
NOTA DO AUTOR DA WWW:
O estudio anterior realizóuse nunha minicentral que cumplía unhas normas mínimas en canto a caudal ecolóxico, etc. En Ourense non hai ningunha que cumpla as normas. Polo que deduzco que este estudio quédase moi corto nesta Provincia.